Esta tarde rematou o 11 Congreso Nacional do Partido Socialista de Galicia. Nesta segunda xornada do Congreso a lista da Comisión Executiva do PSdeG recibiu o respaldo do 93,43% dos votos dos delegados e delegadas. Algunhas das novidades desta lista foron a creación do cargo de Vicesecretario Xeral, que será para Ricardo Varela, e o nomeamento dunha muller como Secretaria de Organización, a deputada autonómica e Concelleira de Urbanismo na Coruña, Mar Barcón. Un Congreso no que se puxo de manifesto que o PSdeG-PSOE é o partido que está a cambiar Galicia, para que se converta nun país politicamente moderno, economicamente próspero e socialmente avanzado. E neste sentido Touriño dixo que o PSdeG é a forza capaz de transformar Galicia e de facelo a partir de ideas propias e dun proxecto propio, elaborado e desenvolvido en Galicia, nacido do diálogo coa sociedade galega e do compromiso cun ideario que se nutre continuamente dese diálogo.
Na foto podedes verme co meu compañeiro Suso e Adriana Viz, unha compañeira de Lalín que coñecín no Congreso e que tamén é unha blogguer. Nese momento estabamos na zona destinada aos bloggers. Na que vos podo dicir que houbo moita participación de compañeiros e compañeiras, que tamén quixeron comentar nos seus blogs o que acontecía neste Congreso.

