Amosando publicacións coa etiqueta recomendación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendación b>. Amosar todas as publicacións
11/05/15
Paixón por Lugo
Temos paixón por Lugo e contamos contigo para seguir construíndo o Lugo do futuro.
Únete á nosa paixón!
23/07/13
O meu aval
Onte dinlle o meu apoio ao compañeiro José Ramón Gómez Besteiro co meu aval para que sexa Candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, porque é un político dos que reivindica máis que nunca a Política con maiúsculas. Realiza unha posta firme polo diálogo, a participación e a transparencia, que nestes momentos son tan necesarios. Para el os problemas son oportunidades e o partido, o medio para transformar a sociedade.
A historia tamén avala o traballo de José Ramón, que comezou a militar no PSdeG-PSOE con 31 anos e formou parte do primeiro Goberno progresista na historia democrática da cidade luguesa tras décadas de gobernos populares. O 14 de xullo de 2007 chegou á Presidencia da Deputación de Lugo, presidida por vez primeira por un socialista. Nas eleccións municipais de 2011, Lugo foi o único caso en España en que o PSOE gañou tanto o Goberno da provincia como o da capital. Daquela, revalidou o apoio da cidadanía para liderar a única Deputación cun presidente socialista en Galicia.
O seu compromiso persoal e político obrigouno a dar un paso adiante para liderar un novo proxecto de partido, no que lle gustaría contar con todos e todas. Despois de percorrer preto de 6.000 quilómetros e coñecer en primeira persoa os compañeiros das agrupación locais, hoxe síntese con máis forza que nunca para seguir loitando por un futuro mellor.
José Ramón demostrou que cre neste partido e cre no que ten que ofrecer á sociedade galega: un proxecto político claramente definido baseado na igualdade, na xustiza social e na solidariedade. E aínda está máis seguro de que o PSdeG-PSOE é a única alternativa de goberno capaz de construír un modelo de progreso social e económico distinto ao actual desde o compromiso, a coherencia e a responsabilidade.
E fai agora 5 anos que xa dixen no meu blog que José Ramón era un político cun futuro prometedor, porque consideraba que estabamos ante unha figura emerxente dentro do PSdeG-PSOE e o tempo demostrou que non me equivocaba do que vos dicía. E hoxe volvo a repetir o que vos dixen daquela, porque é un home traballador e unha persoa honrada, ao que lle desexo o mellor na súa vida política e profesional.
Por todos estes motivos xa ten o meu aval e, se pensades o mesmo ca min, recoméndovos que tamén lle deades o voso aval, porque estou seguro de que non vos defraudará. Na web http://gomezbesteiro.com tedes máis información de como podedes facelo.
08/07/13
Plan de Emprego en Lugo
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presentaron a segunda edición do programa experimental de fomento do emprego que nesta ocasión conta cun aumento do 8% no presuposto e no tempo de contratación das persoas en situación de desemprego. Así, nesta segunda edición, contará cun presuposto de 325.000 euros e un tempo mínimo de contrato de 6 meses. O Concello de Lugo leva 13 anos desenvolvendo programas de emprego cos seus propios recursos económicos. Primeiro foi o Plan PILES, que se desenvolveu entro o ano 2000 e o 2011, e en 2012 levouse a cabo a primeira edición do Programa Experimental de Servizos Locais e Fomento de Emprego, en substitución do anterior plan.
Ante o aumento das persoas en situación de desemprego, en Lugo xa son 10.500, e a falta de axudas por parte da Xunta de Galicia, o Concello que non é alleo aos problemas vese na obriga de aumentar o presuposto deste plan aínda que non sexa da súa competencia. Neste sentido, debemos recordar que o Real Decreto do Goberno Central impide a contratación de persoal por parte das administracións locais e, polo tanto, desenvolver determinados programas de inserción laboral como o PILES. Tamén é destacable dende que o señor Feijóo é Presidente da Xunta de Galicia nunca lle concedeu ningún programa de emprego nin escola-taller ao Concello de Lugo, algo que nunca antes sucedera.
Isto demostra que para o equipo de goberno do Concello de Lugo o emprego é un compromiso, porque a pesar de que o Concello non ten competencias en materia de emprego pero non permanece pasivo ante a situación do incremento de desempregados e da supresión de medidas de fomento de emprego por parte da Xunta e do Goberno Central.
Este plan especial busca tres obxectivos fundamentais: a creación de novos postos de traballo e mantemento dos xa existentes; favorecer ás pequenas empresas locais, dándolles ocupación durante 6 meses e, ao mesmo tempo, levar a cabo diferentes actuacións de interese público en cinco áreas diferentes. Para as empresas participantes é requisito fundamental que dispoñan de local ou nave no termo municipal de Lugo.
O programa conta cun orzamento de 325.000 euros que se distribuirán en 5 proxectos de actuación diferentes que se adxudicarán a través de procedementos negociados. Así, un dos programas é para o servizo de infraestruturas, que terá como tarefas o arranxo de beirarrúas, vados e outras necesidades dos diferentes barrios da cidade. Outro dos programas é para o servizo de Medio Ambiente, no que se levarán a cabo desbroces urbanos, mantemento de xardíns e do inmobiliario urbano entre outros. Un terceiro para o servizo de Deportes para a realización de mantemento e reparación de instalacións deportivas. Un cuarto para a zona rural, que se encargaría entre outros actuacións dos desbroces e arranxos de espazos públicos como fontes ou escolas. E un último para o servizo de Educación no que se desenvolverán tarefas de reparación dos colexios. Todas estas necesidades de mantemento dos espazos públicos exceden á capacidade de recursos humanos existentes no Concello de Lugo polo que servirán non só para dar traballo a parados de longa duración senón tamén para contribuír á permanencia de empresas locais e levar a cabo actuacións de interese municipal.
O único requisito para presentarse é que cada empresa deberá contratar a un mínimo de 4 persoas en situación de desemprego (2 xa existente en cada empresa, e 2 de nova contratación). Co que se garante emprego para un mínimo de 20 persoas en situación de desemprego durante, polo menos, un mínimo de 6 meses que é a duración estimada de cada unha das actuacións, aínda que a previsión é que sexan máis os traballadores porque o compromiso de contratar o maior número posible de parados será o que rexe o criterio de adxudicación.
17/06/13
Festas de Tirimol 2013
Outro ano máis na parroquia de Tirimol celebramos as Festas Patronais de San Xoán, e dende o meu blog quero invitar a todos os meus veciños e ás persoas que nos visiten a que disfrutemos delas e pasemos uns días de ledicia cos nosos familiares e amigos.
Este ano os veciños e os visitantes poderemos gozar dun programa moi completo e variado, que conta con verbenas, unha exhibición de baile, pasarrúas, fogos de artificio, entre outras moitas actividades.
A Comisión de Festas agradece moi especialmente a todos os veciños e comerciantes o gran esforzo que fixeron colaborando para que as festas poidan seguir celebrándose. Tamén agradece ao Concello de Lugo e á Deputación de Lugo pola súa colaboración con estas festas.
Deséxovos a tódolos meus veciños e a todos os que nos visitedes estes días que pasedes unhas FELICES FESTAS!
PROGRAMA:
Sábado, 22 de xuño:
13:00 horas: Misa Solemne e procesión na Igrexa Parroquial.
14:00 horas: Sesión Vermú amenizada pola Orquestra LA BAMBOLA.
23:00 horas: Verbena amenizada pola Orquestra LA BAMBOLA e o Dúo SOMBRAS.
Domingo, 23 de xuño:
12:30 horas: Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas OS MIÑOTOS.
13:00 horas: Misa Solemne e procesión na Igrexa Parroquial.
14:00 horas: Sesión Vermú amenizada pola Orquestra TRIUNFO.
23:00 horas: Verbena amenizada pola Orquestra TRIUNFO.
00:00 horas: Queima da Gran Fogueira de San Xoán.
00:30 horas: Exhibición de baile do Grupo profesional RITMO LUGO con 8 famosos bailaríns.
Luns, 24 de xuño: DÍA DO PATRÓN
13:00 horas: Misa Solemne e procesión na Igrexa Parroquial.
14:00 horas: Sesión Vermú amenizada polo Trío AREAL.
22:30 horas: Verbena amenizada polo Trío AREAL.
00:00 horas: Sesión de fogos de artificio.
10/06/13
Arde Lucus MMXIII
O Arde Lucus MMXIII celebrarase o venres 14, sábado 15 e domingo 16 de xuño. Durante estes tres días Lucus Augusti arderá de novo e recrearase o pasado romano da cidade de Lugo. Este ano acádase a duodécima edición desta festa e estará dedicada ás mulleres, formándose un novo grupo que dará a réplica ao Senado de Lucus Augusti.
O Arde Lucus é unha Festa de Interese Turístico Galego e creceu grazas ás ilusións, á alegría e o bo humor de todas as persoas que, dun modo ou outro, participamos nesta festa. A nosa cidade converterase de novo nunha urbe romana, porque retrocederemos no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico en primeira persoa.
Neste Arde Lucus hai máis de 190 actividades, das que 55 son novidosas. Estas actividades conforman o programa desta nova edición da festa, que se celebrará desde este venres á tarde ata o domingo á noite e que está organizada polo Concello de Lugo.
Co Arde Lucus a cidade comezará a vivir tres días de intensa actividade nos que lucenses e visitantes poderemos disfrutar coa recreación da historia, das tradicións e da cultura romana. E como lucense invítovos a todos e a todas a que veñades a Lugo a disfrutar desta festa, porque o pasaredes moi ben.
03/06/13
Uns servizos sanitarios indispensables para Lugo
Este xoves día 6 de xuño ás 20:30 horas con saída diante da Delegación de Sanidade terá lugar a manifestación para demandar a dotación dos servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear no Hospital Universitario Lucus Augusti. Nesta manifestación xa está confirmada a participación de máis de 120 entidades representativas da sociedade de Lugo.
Dende AgrupaLugo facemos un chamamento á cidadanía lucense para que participe nesta manifestación reclamando estes servizos sanitarios, porque coa posta en marcha deste servizos aforraríase unha cantidade importante de diñeiro, atenderíanse aos pacientes nun menor tempo e en mellores condicións. E o máis importante sería que se reduciría o risco de falecemento.
Ademais no momento en que se inaugurou o HULA explicouse que era un dos hospitais máis modernos e que melloraría a atención sanitaria, pero isto parécenos un engano, mentres se continúe sen prestar uns servizos indispensables como Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear.
Todos xuntos temos que reclamarlle á Xunta de Galicia uns servizos sanitarios que son tan necesarios para a provincia. Ademais tendo en conta que Lugo é unha das provincias máis avellentadas, non só de Galicia, senón tamén de España, a dotación destes servizos aínda é máis necesaria se cabe.
Anímovos a tódolos veciños e veciñas de Lugo a que asistades á manifestación que se celebrará o 6 de xuño ás 20:30 horas con saída diante da Delegación de Sanidade na rúa Montevideo.
27/05/13
En defensa do IES As Mercedes
A Dirección Xeral de Formación Profesional, a través do Consello da Xunta de Galicia, acordou a través dun Decreto, de forma unilateral, a conversión do IES As Mercedes en Centro Integrado de Formación Profesional, sen contar, segundo todos os indicios, con ningún informe que avale tal acordo e sen sequera dar razóns e explicación algunha sobre o mesmo.
Con esta medida, a zona sur da cidade de Lugo queda sen un só Instituto de Ensino Secundario público no que se oferten ESO e máis os Bacharelatos de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais que, ata agora, se ofertaban no IES As Mercedes, para incrementar a masificación doutros centros da cidade.
Dende AgrupaLugo apostamos pola continuidade de ESO e Bacharelato neste centro e, por iso, decidimos formar parte da Plataforma Cidadá en defensa do IES As Mercedes, na que estamos presentes todas as federacións veciñais de Lugo, a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Lugo e todas as ANPAs dos centros afectados.
Para esta Plataforma Cidadá a reivindicación da continuidade do IES As Mercedes é unha demanda imprescindible para esta zona sur da cidade de Lugo. E temos a seguridade que, se agora o cerran, non tardarán en ter que volver abrir. O compromiso desta plataforma veciñal é que non desistiremos, dende logo, ata que se produza a revogación ou conxelación de dito acordo e que se sigan mantendo no IES As Mercedes as ensinanzas de ESO e os bacharelatos ata agora ofertados.
O IES As Mercedes é un modelo de convivencia e integración de alumnos que estudan FP, ESO e BAC. O cambio que quere facer á Xunta de Galicia neste centro público prexudica ao conxunto da cidade e do ensino. Por iso, recoméndovos que participedes na manifestación en defensa do IES As Mercedes o próximo xoves 30 de maio ás 19:30 horas diante deste instituto.
20/05/13
Congreso #INLUGO
A Deputación de Lugo presentou o I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais InLugo, un encontro que reunirá a elite de Internet na capital lucense os días 7 e 8 de xuño, situando á provincia luguesa á vangarda en materia de coñecemento e formación no ámbito dixital. Máis de 30 recoñecidos profesionais en España, de sectores como o xornalismo, turismo, tecnoloxía, emprego, marketing online ou acción social, cuxos blogs e redes sociais contan con miles de seguidores, compartirán nesta cita o seu coñecemento a través de varias ponencias e debates, nos que abordarán os cambios nos hábitos, mentalidades, formas de comunicación e estilos de vida que está provocando Internet na sociedade.
Tamén haberá espazo para a innovación e o emprendemento, coa presentación de proxectos nos que se empregan as redes sociais como medio de expresión e negocio, ou cunha mesa redonda na que se abordará como a Rede pode impulsar empresas ou produtos. Como colofón, este pioneiro encontro acollerá a entrega dos Premios INLUGO, cos que a Deputación recoñecerá o labor que están a realizar empresas lucenses no ámbito dixital.
Xa se adiantou o nome dalgúns dos expertos nacionais que se darán cita en Lugo o 7 e 8 de xuño. Entre eles atópanse: Mario Tascón, especialista en medios dixitais e redes sociais, así como ex director de elmundo.es e elpais.com; Sebastián Muriel, responsable de expansión internacional de Tuenti e ex director de Red.es (organismo estatal encargado do fomento de Internet e novas tecnoloxías); Óscar Reboiras, licenciado en periodismo e responsable do departamento de comunicación do operador galego de telecomunicacións R; Francisco Polo, un dos puntais do activismo na Rede, fundador de Actuable e director de comunicación de Change.org; Javier Pedreira (más coñecido como Wicho) fundador e autor de Microsiervos, o blog español máis popular da historia, ou Alfonso Alcántara (Yoriento), especialista en persoal branding, motivación e emprego 2.0.
Trátase dun encontro totalmente gratuito e para todos os públicos, cun primeiro aforo limitado de 160 persoas, que é a capacidade do Salón de Actos do Pazo Provincial, e un segundo aforo doutras tantas que o seguirá en directo dende o Salón de Pleno da Deputación. Por este motivo, é necesario a previa inscrición neste congreso. Para a participación, respectarase rigorosamente a orde de entrada das inscricións. Ademais, todos os interesados poderán seguir as actividades deste pioneiro Congreso a través de Internet grazas á colaboración dos profesionais da Fundación TIC, que se encargarán da súa emisión en streaming.
As persoas interesadas poderán formular a súa solicitude a partires deste martes, 21 de maio, na páxina web www.inlugo.com ou ben en www.deputacionlugo.org.
13/05/13
Tapóns solidarios
A iniciativa solidaria "Os Tapóns dan vida e coidan o medio ambiente" é posible grazas á colaboración da Fundación Puro Cora, o Concello de Lugo, a Deputación Provincial, o Colexio de Farmacéuticos de Lugo, a Asociación Española de Loita contra o Cancro de Lugo, Aspnais e as empresas Allplas, Prelo, Envialia e Contemar. Trátase dun banco de recollida de tapóns de plástico en toda a provincia, para recadar fondos co obxectivo de axudar a nenos e mozos con enfermidades graves e dependentes, ao tempo que favorece o coidado do medio ambiente coa reciclaxe destes materiais.
Como podedes ver neste vídeo, dende o primeiro momento esta iniciativa tivo unha gran acollida entre a sociedade lucense, pois en tan só uns días xa se sumaron á acción máis de 2.100 persoas no grupo da rede social Facebook e xa se levan recollidos máis de 21.000 quilogramos de tapóns de plástico. A primeira beneficiaria foi Uxía, unha nena que naceu sen unha man e cuxa nai recibiu un talón por valor de 2.600 euros correspondentes á unha primeira entrega de 10 toneladas de tapóns.
O convenio de colaboración que materializou o banco de tapóns asinouse o pasado mes de decembro nas instalacións do xornal El Progreso. Segundo recolle o propio convenio, a iniciativa está destinada a axudar a lucenses de entre 0 e 25 anos de idade, enfermos graves; con necesidade de asistencia mecánica para a súa mobilidade (cadeiras de rodas, prósteses...), ou cirurxías de implantes, ou ben, calquera outra que determine o Consello de Expertos nomeado para valorar os expedientes que se reciban. Este consello, acordado por todas as organizacións implicadas no proxecto, é un comité profesional formado por unha médica, unha psicóloga, unha farmacéutica e unha traballadora social, que se ocupará de analizar os expedientes médicos que se reciban e valorar a prioridade dos mesmos para destinar os fondos recadados coa recollida e venda dos tapóns de plástico.
Así que anímovos a participar nesta interesante iniciativa solidaria. Na prensa saen actualizados os puntos de recollida oficiais, onde poderedes depositar os tapóns. As empresas ou colectivos que se queiran sumar ao Banco de tapóns de Lugo, deben enviar un correo a recogidatapones@elprogreso.es. Se precisades máis información desta iniciativa podedes consultar o seguinte grupo en Facebook: https://www.facebook.com/groups/Bancodetaponesdelugo.
Así que anímovos a participar nesta interesante iniciativa solidaria. Na prensa saen actualizados os puntos de recollida oficiais, onde poderedes depositar os tapóns. As empresas ou colectivos que se queiran sumar ao Banco de tapóns de Lugo, deben enviar un correo a recogidatapones@elprogreso.es. Se precisades máis información desta iniciativa podedes consultar o seguinte grupo en Facebook: https://www.facebook.com/groups/Bancodetaponesdelugo.
06/05/13
Ferramenta para xerar felicidade
Como podedes ver neste vídeo, as Nacións Unidas din que a mellor ferramenta para xerar felicidade na nosa sociedade é a Educación Pública. Eu estou totalmente de acordo con esa afirmación, porque síntome orgulloso de poder dicir que sempre estudei na Educación Pública, o que me deu a posibilidade de realizar os meus estudos. E como digo sempre, eu se teño fillos gustaríame que poidan estudar na Educación Pública.
Por iso, considero que é necesario denunciar os ataques que está a sufrir a Educación Pública por parte dos distintos gobernos do PP, para que a cidadanía se dea conta de que o que nos estamos xogando vai máis aló da economía, xa que o que realmente supoñen estes recortes é a redución de calidade no ensino público, ao ter menos profesores, e o incremento do fracaso escolar que leva aparellado.
Desde que o PP puxo de Ministro a Wert recortou 5.212 millóns de euros en Educación, situándonos á cola da OCDE e da Unión Europea. Porque despediu a miles de profesores e profesoras e masificou as aulas. Subiu brutalmente as taxas universitarias e recortou as bolsas e axudas ao estudo. Está a desmontar a Educación Pública e eliminando a igualdade de oportunidades no acceso ao dereito á educación. Quere implantar unha reforma á marxe da comunidade educativa. Unha contrarreforma regresiva, clasista, excluínte, privatizadora, antidemocrática e segregadora, que converte a educación nunha carreira de obstáculos e atenta contra o dereito a unha educación de calidade en condicións de igualdade. Os recortes e a contrarreforma educativa aproveitan a escusa da crise para implantar un modelo ideolóxico que supón unha volta ao sistema de ensino franquista e que aposta pola escola privada e concertada en detrimento de a pública.
Por todos estes motivos o próximo xoves 9 de maio haberá unha Folga Xeral no Ensino de estudantes, profesores, nais e pais contra a LOMCE. A Plataforma en Defensa do Ensino Público na que se integran IESGA e FETE-UGT, convoca manifestacións ás 19:30 horas nas catro provincias galegas con motivo desta Xornada de Folga que esta plataforma ven de convocar.
Tamén quero aproveitar este post para mostrar todo o meu apoio coa comunidade escolar do IES As Mercedes en Lugo e anímovos a asinar a petición solicitándolle á Xunta de Galicia a derrogación da medida que suprime ESO e BAC neste instituto, porque este centro público é un modelo de convivencia e integración de alumnos que estudan FP, ESO e BAC. Este cambio que quere levar a cabo a Consellería de Educación no IES As Mercedes prexudica ao conxunto da cidade e do ensino.
22/04/13
O xogo My Green Energy Planet
Con motivo do Día Mundial da Terra, que celebramos hoxe 22 de abril, WWF España e a Fundación AXA animan aos cidadáns a celebralo creando o seu propio planeta renovable en My Green Energy Planet. Este xogo de simulación online pretende concienciar e sensibilizar sobre a necesidade de construír unha realidade enerxética ambientalmente sostible e responsable para loitar contra o cambio climático.
Preservar a Terra dos impactos do cambio climático é posible e todos podemos contribuír ao cambio. Esta é a premisa de partida do xogo de simulación online My Green Energy Planet, desenvolvido por WWF e a Fundación AXA.
O reto deste 22 abril, Día Mundial da Terra, é animar aos internautas a que participen de forma activa na creación dun planeta renovable grazas ás accións que propón o xogo de simulación. Por exemplo, cambiando a forma de xerar e xestionar a enerxía por unha máis sostible, limpa, sen emisións de CO2 e respectuosa co medio ambiente, así como con accións de aforro e eficiencia enerxética en edificios, transporte e agricultura. Para logralo, cada xogador ten que aprender a xestionar os recursos enerxéticos do seu mundo virtual da forma máis eficiente e renovable posible, e actuar de forma responsable co medio, respectando as zonas de alto valor ecolóxico.
Todo iso debe facelo mantendo un equilibrio entre produción e consumo, coa posibilidade de comprar e vender enerxía nun mercado virtual. Ademais de crear un ámbito agradable para os cidadáns con accións como crear zonas verdes, carril bici, edificios eficientes, polideportivos e piscinas municipais que funcionan con enerxía solar fotovoltaica, granxas que aproveitan os seus residuos para xerar enerxía, pobos e aldeas con turismo ecolóxico rural. Todos estes cambios conseguen aumentar o indicador da satisfacción cidadá no xogo.
Para acceder a este xogo e crear un Planeta 100% renovable entra en: www.mygreenenergyplanet.com.
18/03/13
A Hora do Planeta
O sábado 23 de marzo ás 20:30 horas cidadáns, institucións e empresas de todo o mundo apagaremos as luces durante unha hora, participando así na celebración do evento A Hora do Planeta organizado por WWF, transcendendo todas as barreiras de relixión, cultura, sociedade, xeración e localización xeográfica nunha celebración global polo Planeta.
No que posiblemente será a maior chamada á acción para loitar contra o cambio climático, a Hora do Planeta 2013 conseguirá que centos de millóns de persoas de pobos e cidades dos seis continentes apaguen a luz durante unha hora. Esta iniciativa pretende alcanzar o compromiso dun cambio global en beneficio do medio.
Ao animar a cidadáns, empresas e gobernos a comprometerse e actuar en favor da sostibilidade e demostrando tal compromiso ao apagar as luces durante unha hora concreta, a Hora do Planeta estará a lanzar unha poderosa mensaxe de esperanza do que podemos lograr se actuamos xuntos. Isto inspirará outros para que se unan ao obxectivo final de conseguir un mundo máis san.
A Hora do Planeta empezou nunha soa cidade dun país o 31 de marzo de 2007, cando 2,2 millóns de persoas de Sidney, Australia, apagaron as súas luces durante unha hora para reclamar accións contra o cambio climático. Un ano despois, 370 cidades de máis de 35 países converteron esta iniciativa nun movemento global pola sostibilidade, conseguindo que entre 50 e 100 millóns de persoas apagasen as luces na Hora do Planeta 2008. Edificios emblemáticos como a ponte Golden Gate, o Coliseo de Roma, Times Square ou o Cristo Redentor de Río de Janeiro uníronse a este chamamento de acción polo clima escurecéndose durante unha hora.
En Lugo o Concello e a Deputación sumáronse un ano máis a esta campaña, como unha mostra máis do seu compromiso coa loita contra o cambio climático e pola defensa do medio ambiente. Deste xeito a Muralla e o Pazo de San Marcos apagarán as súas luces exteriores para tomar conciencia do problema do cambio climático e coñecer a importancia da participación de todos e todas na defensa do medio ambiente.
E dende o meu blog quero aproveitar para animarvos a que vos sumedes a esta iniciativa e durante unha hora apaguemos as luces, deste xeito estaremos actuando contra o cambio climático.
25/02/13
Que non recorten a voz da xuventude
Ante as lamentables declaracións da Alcaldesa de Madrid, Ana Botella, en contra do rol das novas xeracións dos partidos, como militante das Xuventudes Socialistas de Galicia quero mostrar o máis profundo apoio ás organizacións xuvenís dos partidos políticos, así como a todo tipo de asociación xuvenil que traballa en construír unha sociedade máis participativa e democrática.
Deste xeito vemos como os gobernos do PP están atacando a democracia e a liberdade de expresión, porque non admiten criticas aos recortes que están realizando no Estado do Benestar. E nestes momentos difíciles que estamos a vivir é cando temos que defender, aínda con máis intensidade, o Estado do Benestar e opoñernos a calquera tipo de recortes en dereitos adquiridos pola cidadanía e que tanto nos constaron conseguir a todos e todas, como son os dereitos en educación, sanidade e servizos sociais. Por iso, debemos esixir que non recorten a voz da xuventude.
O labor da xuventude nos partidos é esencial para a rexeneración democrática destes, así como para facilitar a participación xuvenil na vida política e fortalecer a democracia. As organizacións xuvenís dos partidos políticos teñen unha gran función non só dentro dos partidos, senón tamén como escolas de cidadanía para unha gran cantidade de mozos e mozas.
O artigo 48 da Constitución Española establece que: "Os poderes públicos promoverán as condicións para a participación libre e eficaz da xuventude no desenvolvemento político, social, económico e cultural". Un labor no que a xuventude temos que ter un rol activo e constante, xerando espazos propios para o debate e a participación.
Nestes tempos de crise e desprestixio das nosas institucións públicas, temos que reforzar aínda máis se cabe o papel dos mozos e mozas que altruistamente queren implicarse na construción da sociedade, aumentando o seu papel nos partidos políticos, nas asociacións xuvenís, nos consellos da xuventude, nas iniciativas cidadás, etc. En definitiva, débese reforzar a implicación da xuventude para afianzar así a nosa democracia.
Se só escoitas queixas ao teu arredor pero ninguén actúa, se cres que outro mundo é posible, se cres que podes achegar algo á sociedade, entón é hora de empezar a actuar. A través deste vídeo que comparto e da campaña realizada polo Consello da Xuventude de España podes descubrir diferentes formas de participar e implicarte na sociedade.
Que non recorten a túa voz. Non te botes atrás, hai multitude de opcións segundo os teus intereses e o teu tempo dispoñible. Anímate... Asóciate e actúa!
18/02/13
Fórmate en Verde
A Deputación de Lugo presentou o plan Fórmate en Verde, a través do que o organismo provincial creará emprego e fixará poboación no rural, pois dará formación e asesoramento técnico especializado, de maneira totalmente gratuíta, a un mínimo de 900 lucenses para que creen ou reconvertan empresas vinculadas á agricultura e á gandería ecolóxica, así como ó aproveitamento forestal sostible. A iniciativa conta con 1 millón de euros de orzamento, financiados ó 80% pola Unión Europea.
A Deputación arrancou coa captación dos beneficiarios do programa de emprego. Os interesados xa dispoñen tamén de toda a información sobre o programa na web provincial www.deputacionlugo.org. A inscrición abrirase a semana do 25 de febreiro e os cursos comezarán en marzo. Tódolos teñen capacidade limitada e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Desta oportunidade de futuro poderán beneficiarse un mínimo de 900 lucenses: desempregados, emprendedores, mozos, agricultores, gandeiros e estudantes de toda a provincia, excepto os censados no Concello de Lugo, pois son destinatarios doutros programas europeos.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou a urxencia de impulsar iniciativas de calado coma esta, ante a dramática subida do paro que se está a producir en Galicia e na provincia. Por iso a Deputación está comprometida coa creación de emprego, con medidas como o
Pacto Provincial polo Emprego, ou as 150 becas para mozos e mozas. Fronte a este compromiso, o mandatario provincial lamentou que a Xunta de Galicia teña outras prioridades, pois mentres a Deputación fixo un gran esforzo aumentando un 63% os fondos para políticas activas de emprego nos Orzamentos deste 2013, a Xunta de Galicia, con 100 veces máis de presuposto, rebáixaos este ano nun 40%.
05/12/12
Museo Interactivo da Historia de Lugo
O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) xa abriu as súas portas. Este edificio, situado no Parque de Frigsa, recibiu numerosos recoñecementos internacionais pola súa singularidade arquitectónica. O MIHL configúrase como un proxecto moi innovador tanto na súa arquitectura como na súa instalación museográfica. A cuberta do edificio é, en realidade, un gran xardín arborado de 11.300 metros cadrados, no que aparecen un conxunto de patios circulares afundidos. O conxunto arquitectónico subterráneo está formado por cilindros de máis de 8 metros de altura.
A idea dos arquitectos Nieto-Sobejano, autores do proxecto, é a dun parque-museo, é dicir, un edificio que xorde da relación coa paisaxe. En realidade gran parte do edificio queda semisoterrado baixo un amplo xardín que se vincula ao próximo Parque de Frigsa. Uns grandes cilíndricos emerxen transmitindo a imaxe do novo museo á cidade de Lugo. Exteriormente están revestidos dunha celosía metálica de aceiro corten que se iluminará na noite. No interior, os materiais varían segundo as distintas áreas, e adáptanse ás condicións dun museo interactivo (materiais absorbentes, madeiras, revocos, solados de formigón, chans técnicos, etc.).
En total, a superficie construída é de 4.035 metros cadrados distribuídos en distintas dependencias: a sala da exposición permanente sobre a historia da cidade ocupa 300 metros cadrados, pero o museo contará ademais con outra sala para exposicións temporais de 242 metros cadrados, salón de actos, biblioteca, ademais de cafetería, tenda, administración, etc. É de destacar que o sistema enerxético do edificio farase por medio de caldeiras de biomasa, o que evita o emprego de enerxías non renovables e favorece a súa sostenibilidade.
O Concello de Lugo quere que a exposición de Arte Contemporánea, coa que o MIHL comezou a súa andadura, sexa a máis importante das que se realizan en Galicia neste ano. Trátase dunha exposición colectiva dos principais artistas contemporáneos galegos que acollerá obras cedidas e creacións chegadas dende Nova York de artistas como Murado ou Paco Leiro. A mostra leva por título “A obra elixida, artistas galegos dos últimos 30 anos” e nela son os propios artistas os que escollen unha obra súa, representativa da súa traxectoria, para esta exposición, convertida así nunha antoloxía da Arte Contemporánea galega.
O MIHL está aberto de martes a domingo de 17:00 a 21:00 horas e se aínda non o vistes, recoméndovos que o visitedes, porque seguro que vos gustará.
24/10/12
VII Feira do Outono
O 28 de outubro no Campo da Festa de Coeses terá lugar a VII Feira do Outono, con venta e exposición de todo tipo de mercadorías, desde productos da terra a artesanía en madeira ou ferro. Esta feira está organizada pola Asociación Cultural, Xuvenil e Veciñal "O Castro" de Coeses. Co obxectivo de dar a coñecer os produtos lucenses e promocionar o seu consumo dentro e fóra do municipio de Lugo, realízase a Feira de Outono, para potenciar a economía lucense e especialmente para dinamizar a zona rural, promocionando os seus produtos e servizos.
O municipio de Lugo, polo especial da súa xeografía, da súa historia e dos costumes das súas xentes, desenvolveu unha serie de produtos e servizos propios e moi coñecidos, baseados na cultura e os froitos da terra. Contamos con calidade, variedade, singularidade e marca nos nosos produtos e servizos, que destacan en sectores como son a alimentación, a artesanía, a moda, o ocio, etc. O que nos permite ver que a riqueza de Lugo é incalculable.
Como Presidente de AgrupaLugo podo indicar que para a entidade que represento trátase dunha importante iniciativa para o desenvolvemento económico do rural. Por iso, dende AgrupaLugo queremos apoiar firmemente iniciativas deste tipo, porque para a nosa Agrupación iniciativas como esta son unha boa mostra do traballo que estamos a realizar polo desenvolvemento da zona rural.
Anímovos a que este domingo vos pasedes por Coeses, para celebrar un día de Feira e coñecer interesantes produtos e servizos!
09/10/12
100 razóns para o cambio
100 galegos e galegas expresan os seus desexos que recolle Pachi Vázquez neste vídeo do PSdeG co gallo das eleccións do 21 de outubro. Son 100 razóns para o cambio en Galicia, porque o PSdeG está preparado para espertar ao país. Gobernar pasa por enfrontarse á realidade, e iso é algo que hai anos que o PSdeG sabe facer. Non promete milagres. Nin sequera optimismos de moitas cores. Hai que traballar coa crúa realidade. E ter claro que non se supera a crise se non saímos todos xuntos.
A realidade é a xente. No proxecto que ten o PSdeG de cambio só importa a xente. Nin os bancos. Nin a prima de risco. Nin as amnistías aos defraudadores fiscais. Só importa a xente. Non algunha xente. Toda a xente. O noso proxecto reivindica o público, o que é de todos e todas, como parte da nosa identidade e único camiño para saír dunha crise na que nos afundiron os intereses privados. O eixo do cambio será o público. O público non só é pagar para obter servizos de calidade. Tamén é contribuír a vivir nunha Galicia baseada na igualdade de oportunidades, na que ninguén fique apartado.
Nun escenario de crise total, sempre haberá ámbitos que nunca estean en crise. A igualdade, a solidariedade, a distribución equitativa de bens e oportunidades, non poden estar en crise, na mesma medida que non o poden estar a cor vermella, o ángulo de 360 grados ou a simpatía. Son valores socialistas, e hoxe cómpre máis que nunca aferrarse a eles.
O modo de estar coa xente a través do exercicio dos valores da solidariedade ou igualdade, é a ferramenta máis potente para chegar ás persoas, e a garantía de que unha organización como a do PSdeG será a opción máis fiable para os galegos o 21 de outubro. Na medida que asumamos isto e, ao mesmo tempo entendamos que os proxectos políticos non son globais senón que teñen que adaptarse aos lugares, tamén o PSdeG acabará por converterse na verdadeira esperanza do pobo galego.
A política ten que regresar á persoa. Dende o punto de vista económico, é preciso que as novas xeracións herden máis activos que pasivos. Necesitamos que no futuro existan máis oportunidades que no presente. Iso requirirá un cambio. E o PSdeG é o único capaz de liderar o cambio posible.
É o momento, Galicia decide. O 21 de outubro vota PSdeG.
É o momento, Galicia decide. O 21 de outubro vota PSdeG.
23/08/12
Dereito a curar
Este é un vídeo da campaña "Derecho a curar", realizada por Médicos del Mundo para sumar adhesións de profesionais sanitarios á obxección de conciencia contra a exclusión sanitaria das persoas inmigrantes en situación irregular. Poñen en marcha unha acción de mobilización cidadá contra un decreto que deixa ás persoas sen permiso de residencia sen acceso ao sistema sanitario público a partir do 1 de setembro.
Para iso, elaboraron diferentes materiais como cartelería, vídeos virais, adhesivos e insignias para redes sociais. Ademais, a campaña conta xa co apoio de sociedades médicas, asociacións profesionais e ONG. A campaña online, www.derechoacurar.org, tamén solicita apoios da cidadanía á obxección sanitaria contra o Real Decreto Lei 16/2012.
Ademais, a iniciativa tamén busca sensibilizar e mobilizar a cidadanía en apoio da profesión médica e a favor do dereito á saúde. A web inclúe para iso diversos materiais como unha carta modelo que calquera cidadán pode dirixir ao seu médico para solicitalo que obxecte contra a exclusión das persoas inmigrantes.
Así mesmo, dende a propia web pódese subscribir unha carta dirixida á ministra de Sanidade manifestándolle o seu rexeitamento á exclusión das persoas sen permiso de residencia da atención sanitaria e difundir un manifesto contrario á reforma sanitaria e a exclusión.
Defendamos os dereitos daqueles que máis o necesitan sumándonos a esta iniciativa e difundindo esta campaña. Ademais en Twitter tamén podemos unir as nosas voces contra a reforma sanitaria co hashtag #derechoacurar.
09/08/12
Loita contra os abusos
O Goberno do PP ataca a democracia e a liberdade de expresión intentando ilegalizar a FACUA, por realizar unha campaña denominada "Lucha contra los abusos", na que critica os recortes na sanidade e na educación pública.
Nunha chantaxe sen precedentes na historia da democracia, a Secretaria Xeral de Sanidade e Consumo, Pilar Farjas, a través dunha carta empraza FACUA a que no prazo de 15 días hábiles paralice todas as súas accións, reivindicacións e campañas contra os recortes na sanidade e a educación pública e elimine todo rastro destas na súa web.
Isto é un ataque directo contra a liberdade de expresión, un intento de censura e un exercicio de autoritarismo que só pode interpretarse como un grave atentado contra a democracia. Polo que se chegaran a ilegalizar a FACUA, pedirán o amparo xudicial, porque consideran que non existe absolutamente ningunha base legal para o que queren facerlles.
Ademais dende que este sábado pola tarde fixera pública a ameaza de ilegalización, FACUA foi trending topic en Twitter. Nese momento, #yosoyFACUA foi tendencia nesta rede social. E como xa fixen a través das redes sociais, tamén quero mostrarlle todo o meu apoio a FACUA no meu blog e compartir dous dos vídeos desta campaña, que tanto lle molesta ao PP e que quere paralizar.
Nunha chantaxe sen precedentes na historia da democracia, a Secretaria Xeral de Sanidade e Consumo, Pilar Farjas, a través dunha carta empraza FACUA a que no prazo de 15 días hábiles paralice todas as súas accións, reivindicacións e campañas contra os recortes na sanidade e a educación pública e elimine todo rastro destas na súa web.
Isto é un ataque directo contra a liberdade de expresión, un intento de censura e un exercicio de autoritarismo que só pode interpretarse como un grave atentado contra a democracia. Polo que se chegaran a ilegalizar a FACUA, pedirán o amparo xudicial, porque consideran que non existe absolutamente ningunha base legal para o que queren facerlles.
Ademais dende que este sábado pola tarde fixera pública a ameaza de ilegalización, FACUA foi trending topic en Twitter. Nese momento, #yosoyFACUA foi tendencia nesta rede social. E como xa fixen a través das redes sociais, tamén quero mostrarlle todo o meu apoio a FACUA no meu blog e compartir dous dos vídeos desta campaña, que tanto lle molesta ao PP e que quere paralizar.
E tamén paréceme moi interesante e acertado o lema desta campaña, que di o seguinte: "Se nos queixamos solos as empresas ignórannos e os gobernos non actúan. Unidos os consumidores temos forza para defender os nosos dereitos. É hora de entrar en acción. Loita contra os abusos, únete a FACUA, a forza dos consumidores en acción".
18/07/12
Contra os recortes do PP
Os recortes anunciados por Rajoy no Congreso son unha agresión ás persoas en paro, aos empregados públicos, á economía e á democracia. Unha espiral de recortes e agresións que presentou un día despois de reunirse cos principais empresarios e banqueiros do país, e tras rescates millonarios ás entidades financeiras.
O Goberno do PP volve cargar contra os empregados públicos; persoas en paro ás que recortan prestacións xusto cando máis as necesitan, o que pode supor maiores bolsas de pobreza e exclusión social; aos pensionistas para os que garda inminentes recortes que levará ao Pacto de Toledo; e novos ataques á dependencia.
O Goberno do PP volve cargar contra os empregados públicos; persoas en paro ás que recortan prestacións xusto cando máis as necesitan, o que pode supor maiores bolsas de pobreza e exclusión social; aos pensionistas para os que garda inminentes recortes que levará ao Pacto de Toledo; e novos ataques á dependencia.
A combinación destes recortes coa subida do IVE poñen en risco a evolución do consumo e a propia reactivación da economía. Aínda por riba, o presidente do Goberno confirma o desmantelamento das empresas públicas, unha nova revisión das tarifas enerxéticas, e anuncia axustes inmediatos no sistema público de pensións.
Estas medidas veñen sumarse a unha reforma laboral que vulnera o acordo de negociación colectiva, recorta dereitos e facilita aínda máis o despedimento, incrementando as cifras de paro. Rajoy di facelo para incentivar a actividade económica, a única capaz de xerar emprego; pero esta segue estancada e a recesión máis forte que nunca.
Por iso, anímovos a que asistades ás manifestacións convocadas para este xoves 19 de xullo. En Lugo a manifestación comezará ás 20:00 horas diante da Casa Sindical na Ronda da Muralla.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













