22/04/13
O xogo My Green Energy Planet
18/03/13
A Hora do Planeta
08/03/13
Día Internacional das Mulleres
Hoxe e os 365 días do ano loitemos todos e todas pola Igualdade! Feliz Día das Mulleres!
05/12/12
Museo Interactivo da Historia de Lugo
25/11/12
Contra a violencia de xénero
Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional contra a violencia de xénero. No que vai de ano 43 mulleres xa foron asasinadas, por iso estou convencido de que hoxe máis que nunca segue sendo necesaria a complicidade de todos os homes e mulleres para loitar contra esta violencia. As mulleres maltratadas e os seus fillos e fillas teñen que sentir que teñen todo o noso apoio e que toda a sociedade está loitando para que os malos tratos e os asasinatos rematen, para que os covardes dos seus maltratadores deixen vivir a estas mulleres.
30/07/12
Unha estafa masiva
Os 7 meses do Goberno presidido por Mariano Rajoy encerran con seguridade o período máis crítico vivido pola economía española nas últimas décadas. Os importantes problemas da económica española dende 2008, como consecuencia da crise financeira global e a súa agudización, no noso caso, polo estalido da burbulla inmobiliaria, lonxe de atenuarse agraváronse en progresión xeométrica a causa da desconfianza que a actuación do Goberno do PP sementou nas institucións económicas e nos mercados internacionais.
06/06/12
Unidos para cambiar o Mundo
17/04/12
LugoMáxico 2012
31/03/12
Apaga a luz e acende o Planeta
Ás 20:30 horas de hoxe, sábado 31 de marzo, cidadáns, institucións, empresas e gobernos de todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora, participando así na celebración do evento A Hora do Planeta organizado por WWF, transcendendo todas as barreiras de relixión, cultura, sociedade, xeración e localización xeográfica nunha celebración global polo Planeta.
No que posiblemente será a maior chamada á acción para loitar contra o cambio climático, a Hora do Planeta 2012 conseguirá que centos de millóns de persoas de pobos e cidades dos seis continentes apaguen a luz durante unha hora. A Hora do Planeta pretende alcanzar o compromiso dun cambio global en beneficio do medio.
Ao animar a cidadáns, empresas e gobernos a comprometerse e actuar en favor da sostibilidade e demostrando tal compromiso ao apagar as luces durante unha hora concreta, a Hora do Planeta estará a lanzar unha poderosa mensaxe de esperanza do que podemos lograr se actuamos xuntos. Isto inspirará outros para que se unan ao obxectivo final de conseguir un mundo máis san.
A Hora do Planeta empezou nunha soa cidade dun país o 31 de marzo de 2007, cando 2,2 millóns de persoas de Sidney, Australia, apagaron as súas luces durante unha hora para reclamar accións contra o cambio climático. Un ano despois, 370 cidades de máis de 35 países converteron esta iniciativa nun movemento global pola sostibilidade, conseguindo que entre 50 e 100 millóns de persoas apagasen as luces na Hora do Planeta 2008. Edificios emblemáticos como a ponte Golden Gate, o Coliseo de Roma, Times Square ou o Cristo Redentor de Río de Janeiro uníronse a este chamamento de acción polo clima escurecéndose durante unha hora.
E dende o meu blog quero aproveitar para animarvos a que vos sumedes a esta iniciativa e durante unha hora apaguemos as luces, deste xeito estaremos actuando contra o cambio climático.
25/11/11
25 de novembro
Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero. Con tal motivo a Policía Nacional fai un chamamento nunha campaña co lema "Denúncialo", como se pode ver neste vídeo. Os máis de 72.000 axentes que integran a Policía Nacional española están ao servzio de todas as mulleres para loitar contra o acoso, os abusos, as agresións ou os insultos basados na desigualdade e relacións de poder.
Desde o convencemento de que hoxe máis que nunca é necesaria a complicidade de todos os homes e mulleres para loitar contra esta violencia. As mulleres maltratadas e os seus fillos e fillas teñen que sentir que teñen todo o noso apoio e que toda a sociedade está loitando para que os malos tratos e os asasinatos rematen, para que os covardes dos seus maltratadores deixen vivir a estas mulleres.
Pero esta tarefa non pode realizarse nun só día, senón que nos 365 días do ano temos que estar xunto a elas, porque nos necesitan e porque non consentimos que sexan maltratadas baixo ningún concepto e menos por ser mulleres. Porque co esforzo e compromiso de todos e todas conseguiremos erradicar a violencia de xénero.
E ademais disto temos que seguir traballando para conseguir a igualdade efectiva entre as mulleres e os homes en tódolos ámbitos. Porque tódalas persoas teñen dereito a unha vida digna, sen malos tratos e a unha igualdade de oportunidades. Para que isto sexa unha realidade hai que seguir traballando xuntos neste camiño da Igualdade, algo ao que sen dúbida entre todos e todas chegaremos.
Teléfono de atención ás mulleres maltratadas: 016
Policía Nacional: 091
31/05/11
Rompe co tabaco
Á vista destes datos, e para previr o tabaquismo e as súas consecuencias nos máis novos, a Asociación Española Contra o Cancro (aecc) lanzou unha campaña de concienciación que leva por título "Rompe co tabaco”. E hoxe, 31 de maio, coincidindo coa celebración do Día Mundial Sen Tabaco, quero compartir no meu blog este interesante vídeo que foi realizado para esta campaña.
Esta campaña, cuxo obxectivo é que os mozos deixen de fumar, contou coa participación de artistas e deportistas como Alejandro Sanz, Ricky Rubio, Jesús Olmedo, Dafne Fernández ou Diego Forlan, e coa colaboración de entidades xuvenís como o Instituto da Xuventude (INJUVE), o Consello da Xuventude de España (CJE) e a Rede de Universidades Saudables.
Os mozos e mozas, por riba de todo, queremos sentirnos libres, non obstante algúns deixan que o tabaco controle as súas vidas. Para deixar de fumar, é necesario que vexan o tabaco como unha atadura fronte á que deben rebelarse, de aí que o lema da campaña sexa: "Rompe co tabaco".
26/03/11
Apagar a luz para acender o Planeta
Ás 20:30 horas de hoxe, sábado 26 de marzo, cidadáns, institucións, empresas e gobernos de todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora, participando así na celebración do evento A Hora do Planeta organizado por WWF, transcendendo todas as barreiras de relixión, cultura, sociedade, xeración e localización xeográfica nunha celebración global polo Planeta.
No que posiblemente será a maior chamada á acción para loitar contra o cambio climático, a Hora do Planeta 2011 conseguirá que centos de millóns de persoas de pobos e cidades dos seis continentes apaguen a luz durante unha hora. A Hora do Planeta 2011 pretende alcanzar o compromiso dun cambio global en beneficio do medio.
Ao animar a cidadáns, empresas e gobernos a comprometerse e actuar en favor da sostibilidade e demostrando tal compromiso ao apagar as luces durante unha hora concreta, a Hora do Planeta estará a lanzar unha poderosa mensaxe de esperanza do que podemos lograr se actuamos xuntos. Isto inspirará outros para que se unan ao obxectivo final de conseguir un mundo máis san.
A Hora do Planeta empezou nunha soa cidade dun país o 31 de marzo de 2007, cando 2,2 millóns de persoas de Sidney, Australia, apagaron as súas luces durante unha hora para reclamar accións contra o cambio climático. Un ano despois, 370 cidades de máis de 35 países converteron esta iniciativa nun movemento global pola sostibilidade, conseguindo que entre 50 e 100 millóns de persoas apagasen as luces na Hora do Planeta 2008. Edificios emblemáticos como a ponte Golden Gate, o Coliseo de Roma, Times Square ou o Cristo Redentor de Río de Janeiro uníronse a este chamamento de acción polo clima escurecéndose durante unha hora.
En Lugo o Concello sumouse un ano máis a esta campaña, como unha mostra máis do seu compromiso coa loita contra o cambio climático e pola defensa do medio ambiente. Polo que a Muralla, a Catedral, a Igrexa de San Froilán e o monumento do bimilenario apagarán as súas luces para tomar conciencia do problema do cambio climático e coñecer a importancia da participación de todos e todas na defensa do medio ambiente.
E dende o meu blog quero aproveitar para animarvos a que vos sumedes a esta iniciativa e durante unha hora apaguemos as luces, deste xeito estaremos actuando contra o cambio climático.
08/03/11
100 anos celebrando o 8 de marzo
Deste xeito súmome ao expresado neste vídeo das Xuventudes Socialistas e estou convencido de que este 8 de marzo, temos que celebrar todo o que queda por conseguir, porque froito do esforzo colectivo das mulleres do pasado e do presente, conseguíronse grandes avances, pero debemos ser conscientes de que aínda queda un longo camiño por percorrer. Temos que seguir dándolles todo o noso apoio na loita e defensa do feminismo, da Igualdade e dos dereitos das mulleres.
Xuntos temos que seguir traballando para conseguir a Igualdade efectiva entre as mulleres e os homes en tódolos ámbitos. Para que isto sexa unha realidade hai que seguir traballando neste camiño da Igualdade, algo ao que sen dúbida entre todos e todas chegaremos. Porque levamos 100 anos reivindicando a Igualdade e e avanzando moito. Levamos 100 anos celebrando este Día e neste 8 de marzo celebramos todo o que queda por conseguir.
30/11/10
10 anos como Patrimonio Mundial
Hoxe celebramos o décimo aniversario da proclamación da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial. Foi o 30 de novembro do 2000 cando tivo lugar un dos momentos máis importantes da historia moderna de Lugo: a concesión pola UNESCO do título de Patrimonio Mundial á Muralla Romana de Lugo. Esta distinción marcou un antes e un despois na forma de pensar dos lucenses, na autoestima e o orgullo dunha sociedade que avanzaba cara o século XXI.Lugo ten un potencial extraordinario en materia cultural, artística deportiva, histórica… Trátase dunha cidade bimilenaria que, entre outras cosas, conserva íntegro un monumento defensivo da que foi unha das capitais máis importantes do noroeste peninsular.
Este está sendo o ano de Lugo, o ano dos lucenses, o ano da Muralla, o símbolo cultural que une e reúne a todos e todas.
A nosa Muralla é 10, Lugo é 10!
25/11/10
Contra a violencia de xénero
Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero e no que vai de ano, 64 mulleres e 4 nenos e nenas foron asasinados pola violencia machista. E calcúlase que, aproximadamente, 800.000 nenos sofren, na súa contorna e con gran intensidade, a violencia de xénero. Estes menores necesitan unha protección especial e o apoio de toda a cidadanía para saír da espiral de violencia que sofren, sufriron ou sufrirán.Desde o convencemento de que hoxe máis que nunca é necesaria a complicidade de todos os homes e mulleres deste país para loitar contra esta violencia. As mulleres maltratadas e os seus fillos e fillas teñen que sentir que teñen todo o noso apoio e que toda a sociedade está loitando para que estes malos tratos e estes asasinatos rematen, para que os covardes dos seus maltratadores deixen vivir a estas mulleres.
Pero esta tarefa non pode realizarse nun só día, senón que nos 365 días do ano temos que estar xunto a elas, porque nos necesitan e porque non consentimos que sexan maltratadas baixo ningún concepto e menos por ser mulleres. Porque co esforzo e compromiso de todos e todas conseguiremos erradicar a violencia de xénero.
E ademais disto temos que seguir traballando para conseguir a igualdade efectiva entre as mulleres e os homes en tódolos ámbitos. Porque tódalas persoas teñen dereito a unha vida digna, sen malos tratos e a unha igualdade de oportunidades. Para que isto sexa unha realidade hai que seguir traballando xuntos neste camiño da Igualdade, algo ao que sen dúbida entre todos e todas chegaremos.
12/07/10
España gana o Mundial
Xa fai uns días que non escribo no meu blog, porque por distintas cuestións non me quedaba moito tempo para facelo, así que teño varios temas dos que falarvos. Pero despois da vitoria de España onte no Mundial, non quero deixar pasar unha ocasión como esta, para falarvos deste importante acontecemento. Despois de tanto tempo que levábamos esperando este momento e foi este gran equipo deportivo e profesional quen o fixo posible!!!Foi un Mundial moi ben xogado por España, que nos deu unha final apaixonante e unha vitoria merecidísima. Non foi unha tarefa fácil, pero foron quen de superar moitas dificultades polo camiño e facendo o seu xogo chegou o magnífico gol de Iniesta, que nos encheu de satisfacción a tantas persoas que tíñamos depositadas moitas esperanzas e ilusión neste gran equipo.
Grazas a este importante evento deportivo puidemos ver a moita xente unida por unha causa común, porque o xogo desta Selección Española foi quen de unirnos, de darnos autoestima, de darnos unha posibilidade de atopar unha bandeira común. Permitiunos disfrutar sentindo os colores e sentindo ese sentido de equipo.
Está claro que quen gañou foi o equipo formado por eses xogadores, os suplentes, o corpo técnico, o entrenador e a Federación Española de Fútbol, que nos fixeron sentirnos moi felices. Foi un equipo capaz de superar as dificultades, porque realizaron un excelente traballo e que contou co importantísimo apoio e ánimo de milleiros e milleiros de persoas, que confiábamos na nosa Selección.
Por todo isto dende o meu blog quero felicitalos a todos e darlles as grazas por todo o que conseguiron e que continúen os éxitos!!!
12/06/10
25 anos en Europa
Hoxe España e Portugal celebran o XXV aniversario da súa entrada na Comunidade Económica Europea, celebración que ademais coincide coa Presidencia Española da Unión Europea. E durante estes últimos vinte e cinco anos Europa foi clave na transformación que España e Portugal experimentaron, non só polos recursos económicos que os dous países recibiron, senón sobre todo polo impacto modernizador que a pertenza a Europa tivo nas súas sociedades. A participación no proxecto europeo contribuíu a acelerar o cambio de mentalidade e das estruturas políticas, económicas e sociais tanto de Portugal coma de España. Por iso no actual contexto económico tanto o Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, como as demais personalidades que participaron nos actos conmemorativos da entrada de España e Portugal nas Comunidades Europeas, nos seus discursos fixeron un chamamento a responder á actual crise e aos desafíos do mundo globalizado reforzando aínda máis a Europa.
27/03/10
A Hora do Planeta
Hoxe celébrase A Hora do Planeta, entre as 20.30 e as 21.30, momento en que o mundo enteiro únese fronte ao cambio climático. Máis de 4.000 cidades de 125 países comprometéronse con esta iniciativa de WWF, baténdose a marca do pasado ano, coa participación dos seis continentes. En España, 186 cidades apagarán os seus edificios máis emblemáticos durante unha hora. Con tal motivo, escribo este comentario, para tratar este tema tan importante, que nos debe de facer reflexionar a todos e todas.
Neste contexto resulta fundamental estimular a concienciación sobre o medio ambiente a nivel mundial, ademais de promover a atención e acción política. Entendendo que o cambio climático se está a converter no tema clave da nosa era. Temos que facer realidade as distintas iniciativas, así como os medios para promover unhas economías e estilos de vida sostibles e respectuosos co medio ambiente.
En Lugo o Concello mostrou a súa adhesión a esta campaña, como unha mostra máis do seu compromiso coa loita contra o cambio climático e pola defensa do medio ambiente. Polo que a Muralla, a Catedral, a Igrexa de San Froilán, o monumento do bimilenario e as fontes públicas apagarán as súas luces para tomar conciencia do problema do cambio climático e coñecer a importancia da participación de todos e todas na defensa do medio ambiente.
E dende o meu blog quero aproveitar para animarvos a que vos sumedes a esta iniciativa e durante unha hora apaguemos as luces e actúemos contra o cambio climático.
25/01/10
Lugo solidario con Haití
Onte tivo lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo a Gala de Maxia Solidaria "Maxia por un soño". Un evento benéfico a favor de Haití, que foi posible grazas á colaboración da Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, de Abracadabra Produccións, da Cadena Ser, do Centro Comercial As Termas, de El Progreso, de Descubrelugo.com e de IMC Imprenta Dixital.15/10/09
Blog Action Day 2009
Hoxe celébrase o Blog Action Day, día no que a blogosfera mundial debatemos simultaneamente sobre un asunto concreto, este ano sobre o cambio climático. Con tal motivo, escribo este comentario no meu blog dende o acto de celebración do PSdeG-PSOE deste evento, que estamos a celebrar nestes intres en Lugo e no que tratamos este tema tan importante, que nos debe de facer reflexionar a todos e todas.
Neste sentido, estoume a acordar dun tema que coñecín mellor durante a miña etapa como Bolseiro de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, como foi o concepto de ‘pegada ecolóxica’, que representa os custes ecolóxicos dun determinado modelo de vida. Grazas aos seminarios organizados polo Plan de Desenvolvemento Sostible nos que puidemos participar, ademais de analizar a pegada ecolóxica, servíronnos para abordar os hábitos de consumo e alimentación, o transporte e a mobilidade ou a débeda ecolóxica.
Neste contexto resulta fundamental estimular a concienciación sobre o medio ambiente a nivel mundial, ademais de promover a atención e acción política. Entendendo que o cambio climático se está a converter no tema clave da nosa era. Temos que facer realidade as distintas iniciativas, así como os medios para promover unhas economías e estilos de vida sostibles e respectuosos co medio ambiente.




