11/05/15
Paixón por Lugo
Temos paixón por Lugo e contamos contigo para seguir construíndo o Lugo do futuro.
Únete á nosa paixón!
23/07/13
O meu aval
09/10/12
100 razóns para o cambio
É o momento, Galicia decide. O 21 de outubro vota PSdeG.
18/11/11
Loita polo que queres
Loita pola Educación.
Loita pola Sanidade.
Loita polo Emprego.
Loita polas Pensións.
Loita pola Igualdade.
Loita polas Infraestruturas.
Loita polos Dereitos.
Loita polo teu Futuro.
LOITA POLO QUE QUERES.
VOTA PSOE.
10/11/11
Propostas para ganar o futuro

O PSOE presentou un programa electoral para as eleccións do 20 de novembro, que recolle multitude de medidas para recuperar a economía e recuperar a política. Estas propostas articúlanse ao redor de catro eixos: a modernización económica, a creación de emprego, a mellora da igualdade e a profundización da democracia.
As 12 principais propostas deste programa electoral para ganar o futuro son as seguintes:
1. Promoveremos un gran acuerdo por el empleo junto al resto de administraciones, empresas y trabajadores. Aprobaremos un Plan de Empleo Juvenil e impulsaremos programas específicos de empleo en sectores tradicionales y emergentes. Asimismo, pondremos en marcha programas de integración laboral de personas desempleadas mayores de 55 años.
2. Estableceremos un nuevo impuesto sobre las grandes fortunas que sustituirá en 2012 al renovado Impuesto de Patrimonio y otro para las entidades financieras cuya recaudación se destinará a la creación de empleo. Revisaremos la fiscalidad de las SICAV.
3. Crearemos una Oficina contra el Fraude para combatir el fraude fiscal y la prevención y represión del blanqueo de capitales.
4. Aprobaremos una ley de insolvencia personal que refuerce los derechos financieros de los ciudadanos, y obligue a que las entidades financieras ofrezcan hipotecas en los que la garantía se limite al bien hipotecado, la dación en pago.
5. Desde 2013 a 2028 cerraremos el parque nuclear español cubriendo gradualmente su hueco de generación por fuentes de energía renovables. Aprobaremos una Ley del Cambio Climático.
6. Impulsaremos una Ley de Fomento Empresarial que facilite la creación de nuevas empresas y su consolidación, mejore la financiación a los emprendedores, reduzca cargas administrativas y apoye a las PYMES en su internacionalización.
7. Extenderemos el acceso a la educación de 0 a 3 años. Implantaremos un MIR educativo para tener los mejores profesores que garanticen la excelencia en la educación pública.
8. Aprobaremos la nueva Agenda España 2.0 de fomento de la sociedad de la información, garantizando el acceso de todos los españoles a Internet. Revisaremos el modelo de canon digital.
9. Reduciremos la brecha salarial entre hombres y mujeres, y obligaremos a que en un plazo de ocho años, las empresas cuenten con al menos un 40% de mujeres en sus consejos de administración.
10. Garantizaremos un sistema sanitario público, gratuito y universal. Rechazamos el copago sanitario que quiere la derecha.
11. Aprobaremos una Ley de Transparencia y Acceso a la Información Pública. Garantizaremos la austeridad en las Administraciones Públicas. Propondremos la aplicación de listas electorales desbloqueadas.
12. Impulsaremos el gobierno económico europeo, la aprobación de un impuesto sobre las transacciones financieras internacionales y la creación de los eurobonos.
Estas son propostas para ganar o futuro. Loita polo que queres. Vota PSOE.
07/11/11
Un gran compromiso con Lugo
Importantes infraestruturas para Lugo, como a Nova Ponte sobre o Río Miño, son unha realidade froito do compromiso do Ministro de Fomento, Pepe Blanco. Un home que fixo posible que Galicia e Lugo conten no mapa das infraestruturas, xa que dende o ano 2009 o Ministerio de Fomento invertiu 3.500 millóns de euros en insfraestruturas para Galicia. Mentres que o Goberno do PP non atendeu as necesidades das infraestruturas que precisamos, o Goberno socialista tivo unha sensibilidade e adquiriu uns compromisos con Lugo, que se están a materializar coa realización de proxectos necesarios para o avance de Lugo.Deste xeito o Ministro puxo en servizo o desdobramento da N-VI no tramo Nadela-Tolda de Castela, na circunvalación de Lugo. O investimento alcanzou os 28,8 millóns de euros e conseguiu mellorar os accesos e as comunicacións da cidade de Lugo. O trazado de 4,5 km. contemplou a construción de varias rotondas e na súa construción observáronse unha serie de medidas correctoras ambientais e arqueolóxicas, recollidas na Declaración de Impacto Ambiental. Ademais o Ministerio de Fomento realizou a remodelación da Avenida de Madrid.

Ademais están en construción outras infraestruturas que beneficiarán moito a Lugo, como as autovías Lugo-Santiago e Lugo-Ourense. E están en marcha os traballos para arranxar todos os espazos verdes das estradas do Ministerio de Fomento nas entradas da cidade. Tamén está en marcha o proxecto para a implantación dunha estación intermodal na cidade de Lugo. Na nova estación intermodal, que se situará na ubicación da actual estación de RENFE, integrarase a estación ferroviaria de alta velocidade cos demáis sistemas de transporte urbán e interurbán para facilitarlles aos usuarios o intercambio entre o ferrocarril e outros medios de transporte.

Pepe Blanco aposta por Lugo como o núcleo que articulará os movementos de mercadorías e viaxeiros entre o norte de Portugal e Francia a través das súas autovías. Por iso cos socialistas remataranse as autovías en construción, a do Cantábrico o ano que ven, e a Lugo - Santiago na próxima Lexislatura e impulsaránse os proxectos e comezaranse as obras das autovías San Cibrao - Barreiros e Ponferrada - Monforte - Ourense.
Cando o Partido Popular deixou o goberno no 2004, non se fixera nin un só km da Autovía A-8 do Cantábrico. Hoxe, temos construído xa o 80% do seu trazado. Co goberno socialista, iniciáronse as obras de catro treitos da autovía A-54 de Lugo a Santiago. Desbloqueouse a tramitación do tramo Palas - Arzúa e licitáronse os seus proxectos.

Pepe Blanco sabe que o tren é o transporte de viaxeiros do futuro. Por iso na vindeira lexislatura contrataranse as obras da estación intermodal de Lugo, culminarase a adaptación á alta velocidade do trazado ferroviario entre Lugo e Ourense e continuaranse as súas obras no resto dos tramos. Recortaranse en tres horas o tempo de viaxe entre Lugo e Madrid, incorporando un tren híbrido para facer o percorrido.
Ningún goberno destinara tantos cartos para a restauración do patrimonio galego a través dos fondos do 1% cultural. Grazas a isto descubriuse un conxunto excepcional de pintura barroca na Catedral de Lugo. San Martiño de Mondoñedo en Foz e o Complexo Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo tamén se beneficiaron do 1% e estase a impulsar actuacións en Samos, Palas de Rei, O Saviñao e Pol. Investíronse 2 millóns de euros na posta en valor do Camiño de Santiago.

Aínda que a algúns dirixentes do Partido Popular lles moleste, a realidade indica que este avance de Lugo non sería posible sen o traballo do Ministro de Fomento. Deste xeito a nova Ponte e todas estas importantes infraestruturas para Lugo son unha realidade grazas ao socialista Pepe Blanco, que é o Ministro que máis fixo por Galicia e por Lugo. Eu estaba seguro de non nos fallarían aos lucenses e os acontecementos demostran que non me equivocaba, porque para Pepe Blanco o compromiso é Lugo.
Por todo o que está feito e porque aínda quedan cousas por facer, así que podemos e debemos seguir nesta dirección que nos fai avanzar cara diante. Para que Lugo siga mellorando, os socialistas lucenses pedimos a confianza neste proxecto imparable, no que contamos e participamos todos e todas e do que nos sentimos orgullosos como lucenses.

03/11/11
Ojalá
Ante las elecciones generales, los hombres, las mujeres y los colectivos que firmamos esta Declaración manifestamos nuestra convicción de que España necesita un gobierno progresista para hacer frente a la crisis económica.
Nos encontramos ante un cambio global, ante el inicio de una nueva era histórica y asistimos al nacimiento de una sociedad muy distinta a la que hemos conocido.
Estamos en una encrucijada. El rostro que finalmente adopte ese nuevo modelo de sociedad depende en gran medida de las decisiones políticas que ahora se tomen. Y depende, en España, de a quién elijamos los ciudadanos para gobernar en los próximos años.
El primer desafío de la sociedad española es crear empleo. Y hacerlo defendiendo el Estado social que ha sido, junto con la democracia política, la conquista más valiosa de los españoles en las últimas décadas.
Durante estos años de crisis, debido especialmente a circunstancias globales y europeas, no han podido ponerse en práctica aspectos importantes del programa socialista, lo que ha creado un lógico malestar social, que compartimos.
Pero ahora la respuesta de los progresistas no puede ser entregar el poder al Partido Popular, que allí donde lo tiene ha demostrado hacer políticas beligerantes contra aquello en lo que nosotros creemos. Frenar ese poder de la derecha es lo único coherente que podemos hacer los progresistas en estas elecciones.
Alfredo Pérez Rubalcaba es a la vez el líder progresista más fiable y más capacitado para dirigir el país en los próximos cuatro años, que serán especialmente difíciles y cruciales para el futuro.
Desde la independencia, con espíritu crítico y con plena conciencia de lo que está en juego el 20 de noviembre, hemos decidido confiar en Rubalcaba; y animamos a nuestros conciudadanos y conciudadanas a que hagan lo mismo y se sumen al proyecto que él encabeza y defiende.
Súmate á Plataforma de apoio a Rubalcaba!
19/09/11
Diálogos en Red
A sociedade está a demandar, cada vez máis intensamente, máis e mellores formas de participación social e política; a cidadanía quere votar, pero tamén quere achegar ideas, solucións aos seus problemas, opinións, valoración das iniciativas políticas... En definitiva un maior compromiso e influencia cidadá nos asuntos públicos.
O PSOE con Rubalcaba está moi interesado en Escoitar, en Facer e en Explicar; por iso queremos que na nosa próxima Conferencia Política cidadáns e cidadás e colectivos sociais, poidan valorar e debater sobre as propostas que serán as liñas base do noso programa electoral; para iso utilizaremos Diálogos en Red como un espazo que che permita facer propostas que se poidan ter en conta para o programa electoral do PSOE.
09/07/11
Rubalcaba: escoitar, facer, explicar
Rubalcaba escoita para saber o que pensa, o que sente e o que quere a xente, para actuar e dar solucións, para explicar por que e como se fixeron as cousas. En definitiva, "Rubalcaba: escoitar, facer, explicar" son as tres patas coas que o PSOE vai camiñar durante toda a campaña electoral, porque é o que mellor sabe facer o noso candidato socialista e ademais é o que cremos que a xente está a demandar da política: máis política, pero máis próxima.
E a min paréceme un traballo e un reto ilusionante, porque como nos dixo: "España es un gran país y los grandes países lo son, no por estar libres de dificultades, sino por su capacidad de superarlas".
Agora todos e todas estamos con Rubalcaba, porque o noso candidato Rubalcaba emplázanos a traballar desde XA mesmo: "¡Hagamos que suceda! ¡A la tarea!"
20/05/11
Para que gañe Lugo

Temos un Alcalde que é un firme defensor de buscar a igualdade entre os veciños e veciñas, independentemente do lugar no que vivamos. Por iso este é un proxecto imparable, no que contamos e participamos todos e todas e do que nos sentimos orgullosos como lucenses. Grazas ao traballo realizado hoxe temos un Lugo que construímos entre todos, que ti contribuiche a facer. Agora é o teu momento para apostar por que continúe ese compromiso absoluto coa cidade, para que isto non se pare.
Os socialistas lucenses estamos locos por Lugo e entendemos a política coma un servizo público, por iso traballamos para mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Lugo. Por iso melloramos as entradas da cidade, os barrios, a zona rural. Tamén apostamos polos servizos públicos con Escolas Infantís, Centros de Convivencia, centros de Día e de dinamización no rural, zonas verdes, rúas limpas, rúas asfaltadas e con saneamento no centro e nos barrios, na zona zona urbana e na zona rural, iluminación...
Por todo o traballo feito e por todo o que queremos facer, pídoche a túa confianza o próximo domingo para o PSdeG-PSOE de Lugo, votando polo Alcalde Orozco e polo equipo que o acompañamos neste proxecto ilusionante, para que gañe Lugo.
17/05/11
O cambio de Lugo
O investimento realizado polo Concello de Lugo nos barrios e nas parroquias ao longo destes doce anos é unha boa mostra do cambio que deu Lugo. Agora Lugo está camiñando nunha nova etapa na que relanza a cidade: os barrios e o centro, así como a zona rural. As obras, entre outras actuacións levadas a cabo polo Concello de Lugo, produciron unha transformación dunha cidade que é pequena, pero que se pode comparar en servizos con calquera outra cidade de Galicia e de España. O cambio levado a cabo na cidade e na zona rural sentou as bases que permitirán seguir mellorando Lugo.
O cambio foi posible grazas a ter un Alcalde e un goberno socialista en Lugo, que está preto dos veciños e veciñas e escoitando as suxestións e inquedanzas para mellorar o noso concello, porque xuntos facemos Lugo. Os socialistas lucenses estamos locos por Lugo e por iso seguiremos traballando para mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Lugo, da zona urbana e da rural e realizando unha aposta por tódolos barrios e por tódalas parroquias do noso concello.
Se coma nos, ti tamén estás loc@ por Lugo, axúdanos a difundir este vídeo entre os teus contactos e amigos e sobre todo, recorda que o 22 de maio ti es o máis importante para que gane Lugo.
11/05/11
Lugo en primeira persoa
Un cambio nas dotacións e nos equipamentos, tanto na zona urbana como na zona rural; un cambio nas infraestructuras viarias e medioambientais, que fan da nosa cidade e da zona rural un modelo a seguir; un cambio na preocupación e deseño na colaboración na educación por parte do Concello de Lugo; un cambio na atención as persoas en paro cos continuos programas de reinserción laboral e promocións de políticas emprendedoras do Concello; un cambio constante na apertura da administración municipal aos veciños, tanto da zona urbana como rural, facendo que cheguen as novas tecnoloxías; un cambio que fixo da cidade de Lugo unha das cidades máis seguras de España...
Por todo o que está feito e porque aínda quedan cousas por facer, así que podemos e debemos seguir nesta dirección que nos fai avanzar cara diante. Para que Lugo siga mellorando, para que Lugo gañe, os socialistas lucenses pedimos a confianza neste proxecto imparable, no que contamos e participamos todos e todas e do que nos sentimos orgullosos como lucenses.
25/04/11
25 anos da Lei Xeral de Sanidade
Esta Lei, promovida polo ministro socialista, Ernest Lluch, puxo en marcha a reforma e modernización da sanidade española, consagrando os principios de universalidade e financiamento público a través de impostos, transcendental para asegurar o papel de alicerce fundamental de Estado de Benestar que se quería que desempeñase o sistema sanitario para todos os españois. Tiña un obxectivo prioritario: substituír a caridade por dereitos, vinculando a protección sanitaria á condición de cidadán.
Atopámonos por tanto cun bo sistema do que temos que estar todos orgullosos, froito do traballo de moitas xeracións, constituíndo, hoxe en día, un referente de primeira orde nas políticas de benestar en España e un dos máis avanzados e eficientes de cantos existen en Europa, tanto pola solidez do sistema, a formación e alta cualificación dos seus profesionais, como pola súa calidade científica e polas súas prestacións.
Agora temos que seguir apoiando o futuro dun sistema público e universal que se puxo en marcha hai 25 anos. Ante os que propoñen menos servizos públicos para deixar todo en mans do mercado, os socialistas apostamos por servizos públicos máis potentes, mellor dotados e máis eficaces, como elemento intrínseco da xustiza social que defendemos.
21/09/10
Debate sobre o estado do Concello
Onte tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Lugo o Debate sobre o estado do Concello. Na súa intervención o Alcalde destacou que hai un proxecto de cidade iniciado hai once anos que continúa, porque así o quixemos os lucenses, e que levou á modernización, mellora e cambio deste Concello como nunca se deu no seno do mesmo. E isto é algo evidente, aínda que por moito que o intente a oposición, a realidade de Lugo non se pode negar, porque a vemos tódolos días os cidadáns e ben sabemos que as verbas do Alcalde de Lugo son certas.Un cambio nas dotacións e nos equipamentos, tanto na zona urbana como na zona rural; un cambio nas infraestructuras viarias e medioambientais que fan da nosa cidade e da zona rural un modelo a seguir; un cambio na preocupación e deseño na colaboración na educación por parte do Concello de Lugo; un cambio na atención as persoas en paro cos continuos programas de reinserción laboral e promocións de políticas emprendedoras do Concello; un cambio constante na apertura da administración municipal aos veciños, tanto da zona urbana como rural, facendo que cheguen as novas tecnoloxías; un cambio que fixo da cidade de Lugo unha das cidades máis seguras de España...
Uns cambios que transformaron ao Concello e que a preparou para afrontar os riscos do futuro, con prudencia pero sen temor. E temos un Goberno Municipal socialista que está á altura das circunstancias polo ben de Lugo. Hai outras obras que están comezadas tanto na zona rural como na zona urbana que responden a ese espírito de modernización e de igualación dos veciños vivan onde vivan. Aínda quedan moitas cousas por facer, como recoñeceu o Alcalde, así que podemos e debemos seguir nesta dirección que nos fai avanzar cara diante.
28/05/10
Hipocresía e demagoxia
Este vídeo recolle un exemplo claro da política que está a levar a cabo o PP, porque podemos ver claramente como utilizan a hipocresía e a demagoxia, para intentar enganar e á cidadanía e atacar ao Goberno de España. Deste xeito podemos ver claramente o que quere o PP e cales son os seus intereses. Porque desgraciadamente os feitos demóstrannos que o PP desexa que lle vaia peor a España, pensando en que lles irá mellor a eles.
Mentres o PSOE asume as críticas e, na medida en que unha circunstancia difícil como a actual esixe o concurso e o esforzo colectivo de todos, é receptivo ás propostas doutros e sempre é favorable ao pacto. Porque como di o Alcalde de Lugo, no seu blog "é tempo de construción, non de destrución". Porque agora é tempo de propostas e de feitos e non da loita política sen fundamento.
Nestes momentos a cidadanía reclama especialmente que os políticos e os responsables sociais traballen xuntos nunha mesma dirección, esperando que estean á altura das circunstancias. Pero lamentablemente vemos como o PP está máis preocupado e ocupado nos seus intereses como partido que nos intereses da cidadanía, utilizando para elo a hipocresía e a demagoxia.
17/02/10
Os intereses do PP
Neste debate Rajoy volveu usar a descualificación, o alarmismo e non expuxo nin unha soa proposta. Só lle propuxo ao Grupo Socialista que lle retirasen o apoio ao Presidente e que llo deran a el. Porque a Rajoy moléstalle que José Luís Rodríguez Zapatero sexa un líder con conviccións, ideas, valores e principios, que conta co apoio unánime de todo o PSOE.
O PSOE asume as críticas e, na medida en que unha circunstancia difícil como a actual esixe o concurso e o esforzo colectivo de todos, é receptivo ás propostas doutros e sempre é favorable ao pacto. O Parlamento é o escenario dun exercicio de pacto e acordo constante pola parte do PSOE. Deste xeito mentres o Presidente do Goberno chegou con propostas, ideas e cun firme compromiso con lograr un gran pacto, Mariano Rajoy non achegou nada. Demostrou que o PP non ten nin unha soa idea, nin alternativa.
Ata agora, o Partido Popular non acompañou nin unha soa das medidas que se puxeron en marcha, e que outros moitos grupos políticos si apoiaron. Por iso non puidemos escoitarlle ao PP detalle algún do seu proxecto económico, nin unha proposta, nin unha oferta de arrimar o ombreiro. O PP esaxera as malas noticias e silencia as boas. Xamais recoñece as realidades económicas positivas de España.
09/02/10
Compromisos cumpridos
Importantes infraestruturas para Lugo, como a Nova Ponte sobre o Río Miño, están sendo unha realidade froito do compromiso do Ministro de Fomento, José Blanco. Un home que fixo posible que Lugo conte no mapa das infraestruturas. Mentres que o Goberno do PP non atendeu as necesidades das infraestruturas que precisamos, o Goberno socialista presidido por Zapatero en outubro de 2004 tivo unha sensibilidade e adquiriu uns compromisos con Lugo, que se están a materializar coa realización de proxectos necesarios para o avance de Lugo. Deste xeito o ano pasado o Ministro puxo en servizo o desdobramento da N-VI no tramo Nadela-Tolda de Castela, na circunvalación de Lugo. O investimento alcanzou os 28,8 millóns de euros e conseguiu mellorar os accesos e as comunicacións da cidade de Lugo. O trazado de 4,5 km. contemplou a construción de varias rotondas e na súa construción observáronse unha serie de medidas correctoras ambientais e arqueolóxicas, recollidas na Declaración de Impacto Ambiental.
Tamén no pasado ano o Ministerio de Fomento licitou e adxudicou as obras da nova ponte sobre o río Miño cun orzamento de 21,5 millóns de euros. Ademais da ponte, construiranse os viarios necesarios para conectar a circunvalación da N-VI coas estradas do sur de Lugo, coa estrada de Portomarín e coa antiga estrada de Santiago. Co acordo co Concello lucense sobre o acceso á ponte desde a glorieta que conecta coa N-VI, facilitaranse os accesos da capital á futura autovía de Lugo a Santiago.
Ademais están en construción outras infraestruturas que beneficiarán moito a Lugo, como as autovías Lugo-Santiago e Lugo-Ourense. E nos próximos meses levarase a cabo o convenio para o arranxo de todos os espazos verdes das estradas do Ministerio de Fomento nas entradas da cidade.
Este avance de Lugo no sería posible sen o traballo do Ministro de Fomento e do Alcalde de Lugo. Deste xeito a nova Ponte e máis infraestruturas importantes para Lugo serán unha realidade grazas a José Blanco e a José L. Orozco. Eu estaba seguro de non nos fallarían aos lucenses e os acontecementos están a demostrar que non me equivocaba.
19/01/10
O PP non pescou nada
O PP está intentando pescar un peixe pola zona rural do concello de Lugo, pero moi mal o deben estar facendo, porque o peixe non lles morde o anzol. E á parroquia de Tirimol, onde eu vivo, xa viñeron dúas veces a pescar, unha vez o ano pasado e outra vez este ano. Como se pode ver nesta foto que vos poño e que saíu publicada nos medios de comunicación fai un ano. Na foto pódese ver ao concelleiro do PP de Lugo, Manuel López, intentando pescar coa axuda doutro home. Pero parece que este pescador non ten sorte, porque non dá collido o peixe. A razón de que o PP non consiga pescar debe estar en que intentan pescar o peixe coa demagoxia e coa mentira, vindo unha vez ao ano a pescar e que coincida no inverno e nunha época na que chova moito.02/12/09
Novas enerxías
Este vídeo titulado "Novas enerxías" foi creado especificamente para a acción explicativa da política económica e orzamentaria do Goberno socialista. Este documento audiovisual repasa os avances sociais que se deron en España grazas sempre aos Executivos socialistas. A entrada en Europa, a universalización da sanidade e da educación, o sistema de pensións garantido, a despenalización do aborto ou a Lei da Dependencia son algúns dos logros que menciona o vídeo.
Tamén insiste en que, a partir de agora, o traballo dos socialistas é impulsar a nova economía, o cambio de modelo produtivo que virá da man da Lei de Economía Sostible, presentada hoxe no Congreso dos Deputados polo Presidente do Goberno. Porque sabemos que o modelo económico do século XX está esgotado e que agora, cando vai comezar a segunda década do século XXI, hai que construír unha nova economía.
Trátase de construír a economía que se basee no coñecemento; a economía das enerxías limpas e renovables e do medio ambiente; a economía da igualdade social e da igualdade de oportunidades; a economía do benestar, capaz de dar solucións globais. Unha economía do benestar compartido e solidario entre todos e todas, que nos permita saír da crise, pero, sobre todo, que nos garanta que non se repetirá mañá. Porque co Goberno fronte a crise afrontamos o futuro inmediato con novas enerxías.
17/11/09
Xuntos facemos Lugo
Hoxe estréase a nova web do PSdeG-PSOE de Lugo. A nova web ten espazos de participación para que a cidadanía envíemos as nosas opinións e as nosas propostas e axudemos a mellorar o noso concello. Podemos atoparnos con distintas seccións, para coñecer o Grupo Municipal Socialista, un equipo unido que traballa con forza e ilusión por un Lugo igualitario e moderno, na zona urbana e na rural. E tamén para coñecer a Executiva Local, descubrindo o nexo de unión e comunicación dos socialistas do noso municipio. Experiencia e ilusión ao servizo dos veciños e veciñas que apostan polo progreso de Lugo. Tamén hai outras novidades, como un foro ou os blogs de José L. Orozco, Sonia Méndez e Carlos Ferreiro.Como o motor dos socialistas é traballar para mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Lugo, da zona urbana e da rural, a nova web conta co espazo Así vexo o meu barrio. Trátase dunha fiestra aberta para todos aqueles que queiran participar neste percorrido polo municipio de Lugo, a través dos comentarios, suxestións e fotografías. Deste xeito cada quincena, un barrio ou parroquia será a protagonista. Así que anímovos a que visitedes esta nova web e a que participedes nela coa vosa colaboración.
Seguindo neste camiño, a semana pasada o Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou a posta en marcha dunha campaña informativa que ten por obxectivo achegar a acción do Goberno Local aos cidadáns. Baixo o lema O Goberno de Lugo Contigo, o Executivo Local trasladarase a todos os centros de convivencia, colexios e escolas rurais co obxectivo de dar conta dos proxectos no que traballa o Equipo de Goberno, así como os investimentos realizados ata o de agora e aqueles programados para os próximos meses. Os veciños e veciñas de Lugo recibirán información detallada nas súas vivendas das convocatorias previstas.Porque para os e as socialistas, Lugo facémolo entre todos e todas, por iso a opinión da cidadanía é moi importante. Neste sentido vai encamiñada a política do PSdeG-PSOE de Lugo, estando preto dos veciños e veciñas e escoitando as suxestións e inquedanzas que temos para mellorar o noso concello, porque XUNTOS FACEMOS LUGO.
