Nas
Xuventudes Socialistas de Galicia contamos dende este sábado cunha nova Secretaria Xeral, ao celebrarse o XIII Congreso Nacional das
XSG. Logo do informe de xestión e dun total de 22 intervencións, na sesión vespertina do sábado foi presentada e votada e apoiada maioritariamente a candidatura da compañeira
María Torres.
María é membro da Executiva saínte, ocupará durante os vindeiros catro anos ó máximo cargo dentro da organización, tarefa que asume "con ilusión, e coa responsabilidade de saber que aínda queda moito traballo por facer". A nova Secretaria Xeral púxose a disposición de todas e cada unha das agrupacións locais de
Xuventudes Socialistas de Galicia para lograr que dende a máis pequena ata a máis numerosa forme parte deste proxecto, porque como dixo,"sen dúbida, os militantes sodes a peza clave que lle dá sentido ás
XSG".
Dende que coñecín o proxecto que ten
María para as
XSG mostreille todo o meu apoio, porque é un proxecto de futuro e realista, que fará que as
XSG continuemos avanzando. E aínda que hai quen prefire a frase "sexamos realistas e fagamos o imposible", para min o imposible por definición non é posible, así que prefiro ser realista e facer o posible, que é traballar para seguir facendo realidade que as
XSG sigan sendo un referente para a mocidade galega.
Quero felicitar aos compañeiros e compañeiras que entramos nos distintos órganos das
XSG, na Executiva Nacional das
XSG, no Comité Federal, no Comité de Garantías e no Comité Nacional do
PSdeG-PSOE. Pola miña parte como delegado das
XSG no Comité Nacional do
PSdeG-PSOE, quero agradecerlle a
María que contara comigo para asumir esta importante responsabilidade de representar as
XSG.
Pero teño que recoñecer que para min este foi un momento de sentimentos enfrontados, porque por un lado alégrome moito pola nosa nova Secretaria Xeral e polos demais compañeiros e compañeiras, pero por outro estou triste porque marcha
Loli, a compañeira que durante estes últimos anos dedicou todo o seu traballo e todos os seus esforzos nas
XSG. Grazas a ela e ao seu equipo as
XSG avanzaron e conseguiron que hoxe teñamos a gran organización que temos. Especialmente a
Loli dende aquí quero agradecerlle o seu gran traballo durante estes anos nas
XSG, porque lle estou moi agradecido polo seu apoio e por estar sempre cando a necesitamos.
Tamén quero agradecerlles a moitas máis persoas das
XSG que están ao meu lado e me apoian, como
Loli,
Tamara, María García, Pablo,
María Torres,
Azu, Antonio, Rocío, Alberto, ... Demostráronme que non estou só e danme forzas para seguir adiante día a día. O que fai que me sinta aínda máis orgulloso de estar e de participar nas
XSG.