Os datos demostran o bo funcionamento do
Servizo de Información Municipal 010 do
Concello de Lugo. O
Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, informou que
o teléfono 010 nos anos que leva funcionando
xa atendeu 458.407 chamadas. Este servizo de información funciona dende marzo do 2005 e presta atención telefónica para achegar a administración aos cidadáns, na actualidade consta de unha plantilla de 5 teleoperadoras.
Diariamente
o 010 atende a unhas 410 chamadas aproximadamente, aínda que os meses de maior volume de chamadas son o meses de xuño e outubro con motivo da celebración do
Arde Lucus e do
San Froilán chegando as 620 chamadas diarias. Cabe destacar que o tramo horario cun maior volume de chamadas é o comprendido entre ás 10:00 da mañá e a 13:30 do mediodía, supoñendo un 75% do volume de chamadas diarias.
Chamando ao
Servizo de Información Municipal 010 do
Concello de Lugo podedes obter información sobre servizos municipais, actividades, actos e programación das diversas concellerías, e sobre os eventos que teñan lugar na nosa cidade. Poderás, así mesmo, dispor da información actualizada sobre como realizar os trámites que precises no Concello.
O Servizo 010 recibe tamén os avisos de avaría e suxestións.
Calquera persoa pode chamar, simplemente marcando
o número 010 no termo municipal de Lugo, tanto dende teléfonos fixos como dende móbiles de calquera operador. Para chamadas de fóra do municipio, o número ao que hai que chamar será 982 297 350. Tamén pode enviar un enviar un correo electrónico ó enderezo: 010@concellodelugo.org.
O horario de servizo é de 8:30 da mañá a 20:30 da noite en días laborables, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas. Fóra deste horario de atención do
Servizo 010 está en funcionamento un buzón de voz conectado cos servizos de emerxencia e tamén se poden deixar consultas, que serán atendidas en horario laborable.
Así mesmo, merece unha mención especial o Servizo de Mensaxería "
Todo o Concello no teu móbil" que realiza o
Concello de Lugo dende fai cinco anos ofrecendo información municipal a través de mensaxes de texto nos teléfonos móbiles dos cidadáns; na actualidade conta con 1.850 persoas inscritas.
O
Concello de Lugo quíxose sumar ao aforro polos difíciles momentos que estamos a vivir, implantando unha nova canle para recibir esta mesma información, fomentando o emprego do correo electrónico, xa que é un servizo gratuíto, tendo moi boa aceptación por parte dos antigos usuarios, contando na actualidade con 2.870 persoas inscritas, o que supuxo unha importante redución nos custes deste servizo.
Ademais dende maio
o 010 é máis accesible a través dun servizo para que as persoas xordas poidan realizar as súas consultas coa administración, sendo estas tramitadas coa maior celeridade posible. As consultas poden realizarse a través de distintos medios dispoñibles no
Buzón de consultas para persoas xordas.