Hoxe conmemérase o Día Mundial da Loita contra a SIDA, porque dende fai vinte anos o día 1 de decembro destínase á concienciación pública sobre a infección polo VIH. Este ano o seu tema é o liderazgo. No ano 2001 todos os países do mundo prometeron deter a SIDA para o ano 2015. Ao fin de acadalo, todas as persoas temos que comprometernos tamén. Por iso o lema proposto para este ano é: “Actúa, detén a SIDA. Unidos podemos”.Por este motivo pola mañá compañeiros e compañeiras de IESGA na Facultade de Ciencias Políticas da USC puxemos unha mesa informativa na nosa facultade, coa finalidade de informar ao estudantado da importancia da prevención da SIDA. Temos que ter en conta que no mundo morre unha persoa de SIDA cada dez segundos. Por iso debemos de actuar todos e todas para deter a SIDA. E porque unidos podemos conseguilo!

