O PP está intentando pescar un peixe pola zona rural do concello de Lugo, pero moi mal o deben estar facendo, porque o peixe non lles morde o anzol. E á parroquia de Tirimol, onde eu vivo, xa viñeron dúas veces a pescar, unha vez o ano pasado e outra vez este ano. Como se pode ver nesta foto que vos poño e que saíu publicada nos medios de comunicación fai un ano. Na foto pódese ver ao concelleiro do PP de Lugo, Manuel López, intentando pescar coa axuda doutro home. Pero parece que este pescador non ten sorte, porque non dá collido o peixe. A razón de que o PP non consiga pescar debe estar en que intentan pescar o peixe coa demagoxia e coa mentira, vindo unha vez ao ano a pescar e que coincida no inverno e nunha época na que chova moito.19/01/10
O PP non pescou nada
O PP está intentando pescar un peixe pola zona rural do concello de Lugo, pero moi mal o deben estar facendo, porque o peixe non lles morde o anzol. E á parroquia de Tirimol, onde eu vivo, xa viñeron dúas veces a pescar, unha vez o ano pasado e outra vez este ano. Como se pode ver nesta foto que vos poño e que saíu publicada nos medios de comunicación fai un ano. Na foto pódese ver ao concelleiro do PP de Lugo, Manuel López, intentando pescar coa axuda doutro home. Pero parece que este pescador non ten sorte, porque non dá collido o peixe. A razón de que o PP non consiga pescar debe estar en que intentan pescar o peixe coa demagoxia e coa mentira, vindo unha vez ao ano a pescar e que coincida no inverno e nunha época na que chova moito.13/01/10
Lugo10
O luns asistín no Círculo de las Artes de Lugo á gala de presentación de "Lugo10", que é un interesante programa de actividades e non quero deixar pasar a oportunidade de falarvos del no meu blog. Este programa celebraráse ao longo do ano 2010 con motivo do décimo aniversario da proclamación da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial.Foi o 30 de novembro do 2000 cando tivo lugar un dos momentos máis importantes da historia moderna de Lugo: a concesión pola UNESCO do título de Patrimonio Mundial á Muralla Romana de Lugo. Esta distinción marcou un antes e un despois na forma de pensar dos lucenses, na autoestima e o orgullo dunha sociedade que avanzaba cara o século XXI.
O Concello de Lugo quere seguir contribuíndo a convertir a Lugo nesa cidade sobresaínte que todos e todas comezamos a soñar ese día e que se viu enormemente fortalecida cando o mundo enteiro recoñeceu o gran tesouro que é o noso patrimonio. Sobre esa idea versará todo un programa de actividades e actos que se desenvolverán ao longo do ano, e que estarán dirixidos á cidadanía en xeral.
A programación recolle preto de 30 accións coas que achegar Lugo ao mundo para o cal será preciso a implicación da cidadanía, para facer que a Muralla e a cidade, o Lugo10 sexa de todos e todas, máis aló das nosas fronteiras. Artículase como un ambicioso programa que pretende potenciar o turismo e axudar na reactivación económica.
O Concello quere que a programación que se poña en marcha inclúa numerosas actividades na rúa. Cada acción que se programe debe ter como protagonista á Muralla, o pasado romano da cidade e o Camiño de Santiago que pasa por Lugo e que no ano 2010 ten un gran protagonismo coa celebración do Xacobeo.
Así que anímovos a participar en Lugo10, porque Lugo é 10.
08/01/10
Un ano 10
Cando fai uns días que comezou o ano 2010, sigo escribindo neste blog dende fai dous anos con todas as forzas e a ilusión, como o primeiro día que o comecei. E quero comezar cunhas verbas de felicitación para todos e todas, desexándovos que pasedes un próspero 2010. Un ano no que agardo que se fagan realidade tódolos nosos mellores desexos para este novo ano.E teño o presentimento de que este será un gran ano, un ano 10. Porque eu son positivo, pero especialmente porque creo que este novo ano nos traerá boas novas e importantes acontecementos, que nos axudarán a mellorar e ese é o meu desexo para o 2010.
Ademais tendo en conta o refrán que di "año de nieves, año de bienes", esta idea confírmase. Porque este é un ano de neves, como se pode ver na foto que vos poño neste post e que fixen esta mesma mañá en Tirimol no concello de Lugo. Polo que de cumprirse este refrán este será un ano de boas novas.
No 2010 celebramos acontecementos importantes, como o Ano da Muralla Romana de Lugo, co gallo do décimo aniversario da Declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, ou a Presidencia Española da UE.
De seguro que neste novo ano que comezou fai uns días nos esperan moitos máis momentos que vivir. O 2010 acaba só de comezar e quédame moito que compartir con vos, polo que agardo que neste novo ano sigades visitando e participando no meu blog.
P.D.: Para que teñamos un bo ano e debido ao temporal que estamos a sufrir, dende o meu blog quero recordar que debemos de ter presentes as recomendacións das autoridades e ter moita precaución, para evitar situacións de perigo.
24/12/09
Boas Festas e Feliz 2010
Con esta postal quero desexarvos a todos e todas unhas Boas Festas e un Feliz 2010, no que agardo que se fagan realidade tódolos nosos mellores desexos para o novo ano. Un ano máis dende o meu blog escribo para compartir con vos as miñas opinións sobre distintos temas e escoitar a vosa opinión como lectores. E agardo que no 2010 sigades visitando e participando neste blog.
Puxen esta imaxe na postal, porque no 2010 celebraremos o décimo aniversario da Declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, así que este será o ano de Lugo, o ano dos lucenses, o ano da Muralla o símbolo cultural que une e reúne a todos e todas.
09/12/09
Lugo é máis dixital
O Concello de Lugo organiza a I Xornada de Redes Sociais e Blogs en Lugo, que terá lugar o vindeiro venres 11 de decembro no Centro de Empresas e Innovación. Vai a ser unha gran cita para blogueiros expertos e emprendedores no campo da Internet, que debaterán sobre o actual fenómeno dos blogs e as novas iniciativas de participación na Rede.Ademais contaremos con conferenciantes de primeiro nivel galego e nacional que analizarán desde diversos puntos de vista os novos fenómenos de Internet. Así que eu anímovos a que participedes nesta interesante xornada. A participación neste encontro será totalmente gratuíta, pero requírese unha inscrición previa a través da páxina web www.xornadas.es, chamando ao teléfono 010 de atención á cidadanía do Concello ou o día das xornadas de 9:30 a 10:00 horas.
Neste senso de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía o Concello de Lugo está a facer unha importante labor, xa que leva feito importantes iniciativas neste campo, como son o proxecto Lugo Dixital ou o programa Conéctate en Lugo. E esta mañá presentouse no Salón de Plenos do Concello de Lugo o proxecto europeo PARNET-TIC, destinado ao fomento da Sociedade da Información nos territorios rurais. Deste xeito cada día Lugo é mais dixital.
02/12/09
Novas enerxías
Este vídeo titulado "Novas enerxías" foi creado especificamente para a acción explicativa da política económica e orzamentaria do Goberno socialista. Este documento audiovisual repasa os avances sociais que se deron en España grazas sempre aos Executivos socialistas. A entrada en Europa, a universalización da sanidade e da educación, o sistema de pensións garantido, a despenalización do aborto ou a Lei da Dependencia son algúns dos logros que menciona o vídeo.
Tamén insiste en que, a partir de agora, o traballo dos socialistas é impulsar a nova economía, o cambio de modelo produtivo que virá da man da Lei de Economía Sostible, presentada hoxe no Congreso dos Deputados polo Presidente do Goberno. Porque sabemos que o modelo económico do século XX está esgotado e que agora, cando vai comezar a segunda década do século XXI, hai que construír unha nova economía.
Trátase de construír a economía que se basee no coñecemento; a economía das enerxías limpas e renovables e do medio ambiente; a economía da igualdade social e da igualdade de oportunidades; a economía do benestar, capaz de dar solucións globais. Unha economía do benestar compartido e solidario entre todos e todas, que nos permita saír da crise, pero, sobre todo, que nos garanta que non se repetirá mañá. Porque co Goberno fronte a crise afrontamos o futuro inmediato con novas enerxías.