O 17 de decembro celebraranse eleccións a representantes nas xuntas de centro (facultades e escolas) na Universidade de Santiago. Unhas eleccións ás que me presento como candidato por IESGA a representante de estudantes de 1º e 2º ciclo na Xunta da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
En IESGA (Iniciativa Estudantil Galega) non existen ideas pechadas, defendemos unha universidade pública e de calidade, na que a voz do estudantado sexa escoitada, na que as nosas propostas poidan chegar aos órganos de decisión desta universidade.
As propostas para a nosa facultade son:
En IESGA (Iniciativa Estudantil Galega) non existen ideas pechadas, defendemos unha universidade pública e de calidade, na que a voz do estudantado sexa escoitada, na que as nosas propostas poidan chegar aos órganos de decisión desta universidade.
As propostas para a nosa facultade son:
- Establecer unha sala de estudo e salas de traballo na facultade.
- Habilitación das aulas baleiras en tempada de exames como salas de estudo.
- Revisión inmediata das distintas instalacións da facultade para mellorar e arranxar as deficiencias que existen na actualidade.
- Adaptación de todas as instalacións da facultade ás necesidades de todos/as os/as estudantes e traballadores/as con discapacidades.
- Creación dunha cafetería na facultade.
- Establecemento dun protocolo para que se informe con tempo cando falte algún profesor/a.
- Servizo de asesoramento ao estudantado de primeiro curso, espazos de información na facultade na primeira semana/primeiro mes de curso.
- Información sobre os asuntos que se tratan nos órganos de goberno e que se lles dea difusión na facultade.
- Maior número de prácticas en empresas e institucións públicas en condicións laborais dignas e cun seguimento efectivo das tarefas realizadas e a súa adecuación á materia.
- Dotar á facultade dun servizo de préstamo e intercambio de apuntamentos entre o estudantado.
- Creación dun mercado de libros usados para os/as alumnos/as xestionado polas asociacións de estudantes.
- Instalar un punto verde con contedores para reciclar os distintos residuos.
- Minimizar o número de residuos que se xeran na facultade, mediante a reutilización, a recuperación e a reciclaxe.
- Fomento dunha maior utilización do papel reciclado na facultade.
- Facilitar o uso das novas tecnoloxías aumentando o horario da aula de informática e dotándoa da infraestrutura suficiente para que proporcione un mellor servizo.
- Fomento do Software libre nos equipos informáticos da facultade.
- Dotación dos medios tecnolóxicos necesarios para que os labores docentes posúan a calidade adecuada, como a adquisición de un ordenador por aula (o que evitaría o retraso provocado ao ter que ir os profesores a buscalo á conserxería).
- Instauración de titorías virtuais na facultade.
- Mellora da web da facultade con máis contidos para os estudantes.
- Publicación das notas provisionais, horario de revisión e notas definitivas en internet e por SMS de modo obrigatorio para todo o profesorado, nos mesmos prazos que nos taboleiros.
Boas propostas!!!un voto asegurado
ResponderEliminar