Lingua de Amor é o concurso de declaracións de amor en galego a través do correo electrónico que por segundo ano organiza o Consello da Xuventude de Galicia a través do seu Servizo de Normalización Lingüística. Un dos principais obxectivos é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros...
E con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet, o CXG presenta este concurso que interrelaciona as novas tecnoloxías e a lingua galega. Unha iniciativa que trata de normalizar o uso da lingua entre a mocidade, e qué mellor xeito de facelo que conmemorando o Día das Letras Galegas a través de declaracións de amor.
Así que anímovos a que participedes nesta segunda edición de Lingua de Amor.
Ola Diego! Son María. Moitas gracias por promocionar Lingua de Amor. Nunca che escribira un comentario no teu blog, aínda que o visito con frecuencia, e quero darche a noraboa porque me gusta moito todo o que escribes. Ánimo coas eleccións! Estamos en contacto. Unha aperta, compañeiro.
ResponderEliminar