Quero agradecervos a tódolos compañeiros e compañeiras da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais que me destes a vosa confianza para que fose o voso representante no Claustro da Universidade de Santiago de Compostela. Un agradecemento que tamén vos dou en nome de IESGA (Iniciativa Estudantil Galega) a tódalas persoas que nos apoiastes nestas eleccións.
E aínda que non conseguín obter os suficientes apoios para saír elixido, tédesme igualmente a vosa disposición para o que poida axudarvos. E tamén quero felicitar ás dúas persoas que saíron elixidas para ser as representantes do alumnado da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais no Claustro Universitario, ás que lles desexo moita sorte no seu traballo.
Se queredes máis información sobre este proceso electoral ou saber quen nos vai a representar podedes velo no apartado dedicado a estas eleccións na web da USC.
Noraboa Diego
ResponderEliminarOla Diego. Que saibas que xa atopei o teu blog e que a partir de agora xa che seguirei de preto. Moita sorte en Iesga, vala precisar.
ResponderEliminar