O domingo organizamos dende a Xunta Directiva da Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol, da que son Secretario, a V Comida Veciñal de Tirimol, na honra á Nosa Señora do Rosario, cun amplo programa. Ás 13:00 horas houbo unha Misa Solemne na Igrexa Parroquial e procesión. A comida foi ás 14:15 horas no Campo da Festa, cuberto cunha carpa pechada lateralmente e a comida estivo amenizada pola actuación musical da Orquestra Alianza. Tamén houbo xogos inchables gratuítos para os nenos que asistiron e sorteouse unha viaxe para dúas persoas a unha casa de turismo rural entre tódolos asistentes. Ademais contamos coa asistencia do Alcalde de Lugo e de varios membros da Corporación Municipal do Concello de Lugo.
Como vedes tiven unha fin de semana completa, pero moi produtiva para min. E quero aproveitar a ocasión para felicitar aos compañeiros e compañeiras de Xuventudes Socialistas de Galicia, polo traballo que realizaron e que fixo posible esta nova escola de formación, á que sinto non poder ter asistido a xornada do domingo, pero as miñas obrigas impedíronmo. E tamén quero agradecerlle a tódolos socios e veciños de Tirimol que participaron na comida veciñal e que fixeron que fora un éxito. Porque a mellor recompensa que nos poden facer á organización é participar nas actividades que lles propoñemos e que gocen das mesmas.
Riquiño canto me gustou coñecerte un pouco máis nesta escola!!!!
ResponderEliminar¿que ven o pasades! este tipo de xuntanzas sonche moi enriquecedoras.
ResponderEliminarSaudos
Sen lugasr a dúbidas que unha fin de semana máis que apretada, pero recorda que a túa axenda será así ou máis complexa de cara ó futuro...xa nos entendemos...
ResponderEliminarEn serio noraboa pola Comida Veciñal xa que desenvolvedes un gran traballo dende a Asociación de Veciños.
Súmome a todas as noraboas!!!
ResponderEliminarAsinado: unha compañeira de Coruña!