O vindeiro mércores 15 de outubro ás 16:30 horas na Sede Nacional do PSdeG-PSOE, que se atopa na rúa do Pino en Santiago de Compostela, celebrarase unha xuntanza de bloggers socialistas. A esta xuntanza asistirá a Secretaria de Organización, Mar Barcón.
Nesta xuntanza poderemos falar durante un rato sobre a blogosfera socialista en Galicia e poñer cousas en común. Ata o de agora algúns compañeiros e compañeiras xa confirmamos a nosa asistencia, como podedes ver no blog do compañeiro Blas García, a quen te tes que dirixir se queres asistir ou máis información.

Un saúdo Diego, dun lector teu. Faláronme da túa páxina recentemente e ó final din con ela. A verdade é que somos poucos os bloggers en Lugo.Espero que te pases pola miña páxina tamén. Un saúdo e posiblemente nos vexamos na Facultade.
ResponderEliminar