Sobre min

Nacín o 16 de abril de 1986 en Lugo. Vivo en Tirimol, unha parroquia do concello de Lugo. Son Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Ciencia Política. Fixen os estudos de Primaria no Colexio Público de Casás (Lugo) e os de Secundaria e Bacharelato no IES Manuel Leiras Pulpeiro de Lugo. Fun Técnico do Proxecto europeo PARNET-tic para dinamizar as Novas Tecnoloxías na zona rural e actualmente traballo como asesor político do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Lugo.

Son o Presidente de AgrupaLugo (Agrupación de Asociacións Veciñais de Lugo). Tamén son socio e formo parte da Xunta Directiva da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol. Son militante do PSdeG-PSOE e das Xuventudes Socialistas. Tamén son afiliado á UGT e fun Coordinador de IESGA (Iniciativa Estudantil Galega) na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, onde fun representante dos estudantes na Xunta de Facultade.

Gústame a lectura, pasear, saír cos amigos, a política e a natureza. Agardo que che axude a coñecerme máis o meu blog, no que comparto con vos as miñas vivencias e as miñas opinións sobre distintos temas. Pretendendo que este espazo virtual sexa unha fiestra aberta ao mundo, coa que poder compartir as miñas opinións sobre distintos temas e escoitar a opinión dos lectores, porque aquí pódese opinar libremente sobre o que un queira, sempre que se manteña o respecto pola dignidade das persoas.

Intentando cumprir un dos principais obxectivos do meu blog, que é o de axudarvos a coñecerme un pouco mellor. O que busco con cada un dos comentarios publicados. Por iso a continuación vouvos a falar de min dunha maneira máis persoal, respondendo ao seguinte cuestionario, para que me coñezades mellor.

Preséntate: Son una persoa a que lle gusta participar e estou colaborando en distintas entidades asociativas de carácter veciñal, político e sindical. Gústame a política, porque me gusta atender e axudar aos cidadáns, intentando resolver os problemas que lles afectan. E entendo a política como un servizo público para dar resposta aos problemas da cidadanía e mellorar a súa calidade de vida. A comezos do 2008 afilieime ao PSdeG-PSOE porque comparto unha ideoloxía de esquerdas e quería participar nesta organización política, que é acorde cos meus ideais de xustiza, liberdade e solidariedade.

Defínete con tres adxectivos: responsable, honesto e positivo

Un defecto: son demasiado perfeccionista

Un libro: non podería quedarme só cun libro

Unha película: prefiro un bo libro

Unha cita: O mundo está nas mans de aqueles que teñen o coraxe de soñar e de correr o risco de vivir os seus soños (Pablo Coelho)

Un recordo: teño moitos, por exemplo cando xogaba cos meus amigos no colexio

Un desexo: a paz e o remate da fame no mundo

Unha cor: o vermello

Un número: o 3

Unha data: o comezo do cambio político en Galicia

Un personaxe histórico: Karl Marx

Unha persoa a quen admiras: a miña avoa

Algo que sempre levas posto: un reloxo

O que máis te cabrea: a mentira e a hipocresía

Que cambiarías: a situación de pobreza na que se atopan moitas persoas