30/01/09

A entrevista que me fixeron

Hoxe aparece no xornal La Voz de Galicia, no apartado "A pie de calle" da edición de Lugo, unha entrevista que me fixeron como Secretario da Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol, titulada «Siempre organizamos charlas para abordar temas de actualidad». A xornalista Bea Franco foi quen me entrevistou e me fixo unhas interesantes preguntas sobre a nosa Asociación, para dar a coñecer o traballo que facemos dende a mesma.

Póñovos a continuación a entrevista:


La Asociación de Vecinos, Cultural y Deportiva San Xoán de Tirimol celebra a lo largo de todo el año varias actividades, algunas de ellas con la intención de formar e informar a los interesados sobre cuestiones puntuales de actualidad. Diego Pena (Lugo, 1986) es el presidente de la mencionada Asociación.

-¿Qué actividades han celebrado recientemente?

-Hace dos días una charla sobre seguridad ciudadana y formas de evitar estafas y robos en el campo. Fue muy participativa, teniendo en cuenta que esta es una zona rural y mucha gente tiene que atender a su ganado. Estuvo dirigida al colectivo de mayores, porque son los más propensos a ser víctimas de un robo. Aquí aprendieron a ser más cautos, a asegurarse de que el Inspector del gas que va a su casa realmente lo es, o que cuando se camine con el bolso por la calle se haga en sentido contrario a la circulación y con el bolso pegado a los edificios, para evitar tirones.

-¿Son frecuentes los robos en eta zona?

-En absoluto, pero queríamos dar respuesta a este colectivo de gente mayor, además desde la Asociación siempre organizamos charlas en base a temas de actualidad, como el PXOM o en el saneamiento en esta zona.

-¿Alguna actividad para este año?

-Tenemos las fiestas patronales de la parroquia, además de una comida vecinal en honor a la Virgen del Rosario, en octubre.

Fonte: La Voz de Galicia, edición de Lugo, 30 de xaneiro do 2009, páx. L16.

23/01/09

touriño.net e touriño.tv

Onte a compañeira Mar Barcón, Secretaría de Organización do PSdeG-PSOE, presentou as páxinas web touriño.net e touriño.tv. Barcón dixo que "supón incrementar a potencialidade das novas tecnoloxías para achegar á cidadanía ao Presidente da Xunta e ao programa de goberno do PSdeG-PSOE”. Estamos deste xeito ante dúas novas ferramentas de gran utilidade.

A web touriño.net permite consultar a axenda institucional de Emilio Pérez Touriño, os actos de precampaña e campaña, unha galería de imaxes onde se nos remite ao flickr, ou un apartado de novas. Destaca o espazo de participación, no que os cidadáns poderemos achegar ideas, preguntas e propostas e teremos a posibilidade de facernos voluntarios para colaborar na campaña electoral.

A web touriño.tv é a nova canle de televisión en internet coa que conta o líder dos socialistas. Esta é a primeira televisión en internet dun candidato, con emisións en directo, arquivos de vídeo... Será a primeira televisión en internet con ñ. Ten un espazo de participación para que a cidadanía envíemos os nosos vídeos, as nosas opinións e as nosas propostas e axudemos a desenvolver as novas tecnoloxías coa nosa colaboración.

Así que anímovos a que visitedes estas novas canles e a que participedes nelas coa vosa colaboración.

20/01/09

Un día histórico

O día tan esperado... chegou!!! E por fin xa podemos dicir: Presidente Obama!!! Hoxe é un día histórico, como se pode ver nesta imaxe que vos poño da toma de posesión de Obama como Presidente dos EEUU. O que me recorda que unha imaxe vale máis que mil palabras, como é este o caso, porque estamos ante unha imaxe que recolle un momento histórico, que moitos estabamos a esperar dende fai tempo.

Como curiosidade deste momento pódese dicir que Obama xurou o seu cargo sobre a mesma Biblia que Abraham Lincoln usou no seu primeiro mandato en 1861. E recoméndovos que vexades o seu discurso, do que vos poño un fragmento ao final. Eu quédome coa seguinte frase do seu discurso: ''Comeza a era da responsabilidade, de ser conscientes dos nosos deberes para connosco e para co mundo''.

Sen lugar a dúbidas, moitas cousas van a cambiar a partir de hoxe.

16/01/09

O Presidente que nos une

El é o Presidente porque é o Presidente que nos une contra a crise, o Presidente de Galicia, o Presidente de todos e contra ninguén e o Presidente que nos une. E por iso non debemos dar nin un só paso atrás, porque como di o Presidente, sería unha frustración colectiva. Con el estase a consolidar o cambio en Galicia, e con el como Presidente continuará o cambio en Galicia.

07/01/09

Un ano co blog

Hoxe fai un ano que comecei a escribir no meu blog, neste espazo virtual no que comparto con vos as miñas vivencias e as miñas opinións sobre distintos temas. Dende aquel día moitas cousas pasaron na miña vida e no mundo, unhas máis agradables e outras menos, algunhas das cales fun compartindo con vos neste espazo. Pero, como son positivo, eu quero quedarme con todos aqueles momentos que me serviron para avanzar, mellorar e para aprender máis na miña vida.

Sen lugar a dúbidas foron moitas as persoas e organizacións que contribuíron a facer realidade todos estes momentos. A todas estas persoas que apareceron no meu camiño e das que aprendín tanto, nunca lles poderei agradecer o suficiente por todos estes momentos que vivimos xuntos. Así que a miña valoración deste ano que pasou é moi boa, grazas a moitas persoas e organizacións que o fixeron posible.

Como me resulta imposible poñer a todas estas persoas aquí nunhas cantas liñas, cito a algunhas como María, Suso, Azu, Fran, Pilar, Lino, Montse, José, Tamara, Blas, Isabel, Mario, Luisa, Manuel, Loli, Servando, Rocío, Bernabé, Sonia, Pablo, ... E facendo un resumo dalgúns dos momentos máis importantes que vivin, entre os que se atopan a miña participación en distintas organizacións, como na Asociación veciñal de Tirimol, en Xuventudes Socialistas de Galicia, en Iniciativa Estudantil Galega ou no Concello de Lugo, ...

Un ano no que encomendaron novas tarefas e continuar con outras, como ser o Coordinador de IESGA na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, o representante das asociacións non federadas na Comisión encargada da elaboración do novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Lugo, ser elixido como representante de estudantes de na miña facultade ou ser reelixido como o Secretario da Asociación veciñal de Tirimol, ...

De seguro que neste novo ano que comezou fai uns días me esperan moitos máis momentos que vivir. Entre eles podo citar xa algúns que coñezo, como as eleccións autonómicas galegas do próximo día 1 de marzo que anunciou o Presidente da Xunta de Galicia, ou o acto de licenciatura da miña promoción, ... O 2009 acaba só de comezar e quédame moito máis que compartir con vos no meu blog.