23/12/11

Boas Festas e Feliz 2012


Para ampliar a postal hai que premer na imaxe.

Con esta postal quero desexarvos a todos e todas unhas Boas Festas e un Feliz 2012, agardando que o novo ana traia moita felicidade e prosperidade. A imaxe da postal é da Muralla de Lugo con neve na zona da Mosqueira.

Un ano máis dende o meu blog escribo para compartir con vos as miñas opinións sobre distintos temas e escoitar a vosa opinión como lectores. E agardo que no 2012 sigades visitando e participando neste blog.

Eu volverei a estar con vos no meu blog con todas as forzas e a ilusión no ano novo despois destas festas. Ata entón pasádeo moi ben e que sexades moi felices!

12/12/11

O teléfono 010 do Concello de Lugo


Os datos demostran o bo funcionamento do Servizo de Información Municipal 010 do Concello de Lugo. O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, informou que o teléfono 010 nos anos que leva funcionando xa atendeu 458.407 chamadas. Este servizo de información funciona dende marzo do 2005 e presta atención telefónica para achegar a administración aos cidadáns, na actualidade consta de unha plantilla de 5 teleoperadoras.

Diariamente o 010 atende a unhas 410 chamadas aproximadamente, aínda que os meses de maior volume de chamadas son o meses de xuño e outubro con motivo da celebración do Arde Lucus e do San Froilán chegando as 620 chamadas diarias. Cabe destacar que o tramo horario cun maior volume de chamadas é o comprendido entre ás 10:00 da mañá e a 13:30 do mediodía, supoñendo un 75% do volume de chamadas diarias.

Chamando ao Servizo de Información Municipal 010 do Concello de Lugo podedes obter información sobre servizos municipais, actividades, actos e programación das diversas concellerías, e sobre os eventos que teñan lugar na nosa cidade. Poderás, así mesmo, dispor da información actualizada sobre como realizar os trámites que precises no Concello. O Servizo 010 recibe tamén os avisos de avaría e suxestións.

Calquera persoa pode chamar, simplemente marcando o número 010 no termo municipal de Lugo, tanto dende teléfonos fixos como dende móbiles de calquera operador. Para chamadas de fóra do municipio, o número ao que hai que chamar será 982 297 350. Tamén pode enviar un enviar un correo electrónico ó enderezo: 010@concellodelugo.org.

O horario de servizo é de 8:30 da mañá a 20:30 da noite en días laborables, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas. Fóra deste horario de atención do Servizo 010 está en funcionamento un buzón de voz conectado cos servizos de emerxencia e tamén se poden deixar consultas, que serán atendidas en horario laborable.

Así mesmo, merece unha mención especial o Servizo de Mensaxería "Todo o Concello no teu móbil" que realiza o Concello de Lugo dende fai cinco anos ofrecendo información municipal a través de mensaxes de texto nos teléfonos móbiles dos cidadáns; na actualidade conta con 1.850 persoas inscritas.

O Concello de Lugo quíxose sumar ao aforro polos difíciles momentos que estamos a vivir, implantando unha nova canle para recibir esta mesma información, fomentando o emprego do correo electrónico, xa que é un servizo gratuíto, tendo moi boa aceptación por parte dos antigos usuarios, contando na actualidade con 2.870 persoas inscritas, o que supuxo unha importante redución nos custes deste servizo.

Ademais dende maio o 010 é máis accesible a través dun servizo para que as persoas xordas poidan realizar as súas consultas coa administración, sendo estas tramitadas coa maior celeridade posible. As consultas poden realizarse a través de distintos medios dispoñibles no Buzón de consultas para persoas xordas.

Así pois, dende o meu blog anímovos a utilizar o Servizo de Información Municipal 010 a través dalgún destes medios cos que o Concello de Lugo nos ofrece este interesante servizo a toda a cidadanía.

Servizo de Información Municipal: 010 ou 982 297 350 para chamadas desde fóra do municipio de Lugo.

25/11/11

25 de novembro



Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero. Con tal motivo a Policía Nacional fai un chamamento nunha campaña co lema "Denúncialo", como se pode ver neste vídeo. Os máis de 72.000 axentes que integran a Policía Nacional española están ao servzio de todas as mulleres para loitar contra o acoso, os abusos, as agresións ou os insultos basados na desigualdade e relacións de poder.

Desde o convencemento de que hoxe máis que nunca é necesaria a complicidade de todos os homes e mulleres para loitar contra esta violencia. As mulleres maltratadas e os seus fillos e fillas teñen que sentir que teñen todo o noso apoio e que toda a sociedade está loitando para que os malos tratos e os asasinatos rematen, para que os covardes dos seus maltratadores deixen vivir a estas mulleres.

Pero esta tarefa non pode realizarse nun só día, senón que nos 365 días do ano temos que estar xunto a elas, porque nos necesitan e porque non consentimos que sexan maltratadas baixo ningún concepto e menos por ser mulleres. Porque co esforzo e compromiso de todos e todas conseguiremos erradicar a violencia de xénero.

E ademais disto temos que seguir traballando para conseguir a igualdade efectiva entre as mulleres e os homes en tódolos ámbitos. Porque tódalas persoas teñen dereito a unha vida digna, sen malos tratos e a unha igualdade de oportunidades. Para que isto sexa unha realidade hai que seguir traballando xuntos neste camiño da Igualdade, algo ao que sen dúbida entre todos e todas chegaremos.

Teléfono de atención ás mulleres maltratadas: 016
Policía Nacional: 091

22/11/11

Xornada do Proxecto PARNET-tic


A Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa do Concello de Lugo, que dirixe Francisco Fraga, informou de que o próximo xoves 24 de novembro vaise celebrar un seminario baixo o nome de Rede de Participación cidadá en territorios rurais, organizada polo proxecto PARNET-tic e en colaboración coa Deputación de Lugo.

O proxecto PARNET-tic, que conta co apoio financeiro do programa SUDOE (FEDER), é un proxecto no que están a participar a Deputación e o Concello de Lugo, cuxo obxectivo principal é mellorar a prestación de servizos locais e a participación cidadá.

Esta xornada, organizada polos socios do proxecto, ten como finalidade fundamental concienciar sobre a importancia do acceso, sen exclusións, á Sociedade da Información, así como ofrecer información e resolver dúbidas sobre as solucións software e ferramentas TIC a implementar polo proxecto. Trátase dun evento de carácter internacional e multisede no que, en colaboración cos socios do Proxecto PARNET-tic, se levarán a cabo actividades interconectadas cos demais socios: a Cámara Municipal de Águeda, en Portugal, e as Deputacións de A Coruña, Huesca e Almería.

Estas xornadas permitirán coñecer, da man de expertos nacionais, as vantaxes que ofrece ao cidadán a implantación e uso extensivo das ferramentas de administración electrónica.

En Lugo a xornada organizada polo Concello de Lugo terá lugar o 24 de novembro a partir das 10:00 horas no Centro de Innovación Social, situado na rúa Frei Plácido Rei Lemos, 2º andar, s/n, Lugo.

Este día achegaranse a Lugo os mellores especialistas na materia, para tratar temas como o impacto das redes sociais no medio rural, ou as oportunidades innovadoras para a creación de emprego nas zonas rurais.

A xornada será retransmitida nas redes sociais a través das contas de Europe Direct Lugo en facebook e twitter: http://www.facebook.com/europedirect.lugo e http://twitter.com/eudirectlugo.

Para inscribirse nesta xornada hai que chamar ao teléfono de atención cidadá 010 do Concello de Lugo ou ben ao 982 297 350 para chamadas que se fagan desde fóra do municipio lucense. Tamén se pode realizar a inscrición a través da páxina web www.lugo.es ou www.deputacionlugo.org.

Podes descargar o programa das xornadas.

18/11/11

Loita polo que queres



Loita pola Educación.

Loita pola Sanidade.

Loita polo Emprego.

Loita polas Pensións.

Loita pola Igualdade.

Loita polas Infraestruturas.

Loita polos Dereitos.

Loita polo teu Futuro.

LOITA POLO QUE QUERES.

VOTA PSOE.

10/11/11

Propostas para ganar o futuro


O PSOE presentou un programa electoral para as eleccións do 20 de novembro, que recolle multitude de medidas para recuperar a economía e recuperar a política. Estas propostas articúlanse ao redor de catro eixos: a modernización económica, a creación de emprego, a mellora da igualdade e a profundización da democracia.

As 12 principais propostas deste programa electoral para ganar o futuro son as seguintes:

1. Promoveremos un gran acuerdo por el empleo junto al resto de administraciones, empresas y trabajadores. Aprobaremos un Plan de Empleo Juvenil e impulsaremos programas específicos de empleo en sectores tradicionales y emergentes. Asimismo, pondremos en marcha programas de integración laboral de personas desempleadas mayores de 55 años.
2. Estableceremos un nuevo impuesto sobre las grandes fortunas que sustituirá en 2012 al renovado Impuesto de Patrimonio y otro para las entidades financieras cuya recaudación se destinará a la creación de empleo. Revisaremos la fiscalidad de las SICAV.
3. Crearemos una Oficina contra el Fraude para combatir el fraude fiscal y la prevención y represión del blanqueo de capitales.
4. Aprobaremos una ley de insolvencia personal que refuerce los derechos financieros de los ciudadanos, y obligue a que las entidades financieras ofrezcan hipotecas en los que la garantía se limite al bien hipotecado, la dación en pago.
5. Desde 2013 a 2028 cerraremos el parque nuclear español cubriendo gradualmente su hueco de generación por fuentes de energía renovables. Aprobaremos una Ley del Cambio Climático.
6. Impulsaremos una Ley de Fomento Empresarial que facilite la creación de nuevas empresas y su consolidación, mejore la financiación a los emprendedores, reduzca cargas administrativas y apoye a las PYMES en su internacionalización.
7. Extenderemos el acceso a la educación de 0 a 3 años. Implantaremos un MIR educativo para tener los mejores profesores que garanticen la excelencia en la educación pública.
8. Aprobaremos la nueva Agenda España 2.0 de fomento de la sociedad de la información, garantizando el acceso de todos los españoles a Internet. Revisaremos el modelo de canon digital.
9. Reduciremos la brecha salarial entre hombres y mujeres, y obligaremos a que en un plazo de ocho años, las empresas cuenten con al menos un 40% de mujeres en sus consejos de administración.
10. Garantizaremos un sistema sanitario público, gratuito y universal. Rechazamos el copago sanitario que quiere la derecha.
11. Aprobaremos una Ley de Transparencia y Acceso a la Información Pública. Garantizaremos la austeridad en las Administraciones Públicas. Propondremos la aplicación de listas electorales desbloqueadas.
12. Impulsaremos el gobierno económico europeo, la aprobación de un impuesto sobre las transacciones financieras internacionales y la creación de los eurobonos.

Estas son propostas para ganar o futuro. Loita polo que queres. Vota PSOE.

07/11/11

Un gran compromiso con Lugo

Importantes infraestruturas para Lugo, como a Nova Ponte sobre o Río Miño, son unha realidade froito do compromiso do Ministro de Fomento, Pepe Blanco. Un home que fixo posible que Galicia e Lugo conten no mapa das infraestruturas, xa que dende o ano 2009 o Ministerio de Fomento invertiu 3.500 millóns de euros en insfraestruturas para Galicia. Mentres que o Goberno do PP non atendeu as necesidades das infraestruturas que precisamos, o Goberno socialista tivo unha sensibilidade e adquiriu uns compromisos con Lugo, que se están a materializar coa realización de proxectos necesarios para o avance de Lugo.

Deste xeito o Ministro puxo en servizo o desdobramento da N-VI no tramo Nadela-Tolda de Castela, na circunvalación de Lugo. O investimento alcanzou os 28,8 millóns de euros e conseguiu mellorar os accesos e as comunicacións da cidade de Lugo. O trazado de 4,5 km. contemplou a construción de varias rotondas e na súa construción observáronse unha serie de medidas correctoras ambientais e arqueolóxicas, recollidas na Declaración de Impacto Ambiental. Ademais o Ministerio de Fomento realizou a remodelación da Avenida de Madrid.


Tamén o Ministerio de Fomento fixo realidade a nova ponte sobre o río Miño cun orzamento de 21,5 millóns de euros. Ademais da ponte, construironse os viarios necesarios para conectar a circunvalación da N-VI coas estradas do sur de Lugo, coa estrada de Portomarín e coa antiga estrada de Santiago. Co acordo co Concello lucense sobre o acceso á ponte desde a glorieta que conecta coa N-VI, facilitaranse os accesos da capital á futura autovía de Lugo a Santiago.

Ademais están en construción outras infraestruturas que beneficiarán moito a Lugo, como as autovías Lugo-Santiago e Lugo-Ourense. E están en marcha os traballos para arranxar todos os espazos verdes das estradas do Ministerio de Fomento nas entradas da cidade. Tamén está en marcha o proxecto para a implantación dunha estación intermodal na cidade de Lugo. Na nova estación intermodal, que se situará na ubicación da actual estación de RENFE, integrarase a estación ferroviaria de alta velocidade cos demáis sistemas de transporte urbán e interurbán para facilitarlles aos usuarios o intercambio entre o ferrocarril e outros medios de transporte.


Pepe Blanco aposta por Lugo como o núcleo que articulará os movementos de mercadorías e viaxeiros entre o norte de Portugal e Francia a través das súas autovías. Por iso cos socialistas remataranse as autovías en construción, a do Cantábrico o ano que ven, e a Lugo - Santiago na próxima Lexislatura e impulsaránse os proxectos e comezaranse as obras das autovías San Cibrao - Barreiros e Ponferrada - Monforte - Ourense.

Cando o Partido Popular deixou o goberno no 2004, non se fixera nin un só km da Autovía A-8 do Cantábrico. Hoxe, temos construído xa o 80% do seu trazado. Co goberno socialista, iniciáronse as obras de catro treitos da autovía A-54 de Lugo a Santiago. Desbloqueouse a tramitación do tramo Palas - Arzúa e licitáronse os seus proxectos.


Pepe Blanco sabe que o tren é o transporte de viaxeiros do futuro. Por iso na vindeira lexislatura contrataranse as obras da estación intermodal de Lugo, culminarase a adaptación á alta velocidade do trazado ferroviario entre Lugo e Ourense e continuaranse as súas obras no resto dos tramos. Recortaranse en tres horas o tempo de viaxe entre Lugo e Madrid, incorporando un tren híbrido para facer o percorrido.

Ningún goberno destinara tantos cartos para a restauración do patrimonio galego a través dos fondos do 1% cultural. Grazas a isto descubriuse un conxunto excepcional de pintura barroca na Catedral de Lugo. San Martiño de Mondoñedo en Foz e o Complexo Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo tamén se beneficiaron do 1% e estase a impulsar actuacións en Samos, Palas de Rei, O Saviñao e Pol. Investíronse 2 millóns de euros na posta en valor do Camiño de Santiago.


Aínda que a algúns dirixentes do Partido Popular lles moleste, a realidade indica que este avance de Lugo non sería posible sen o traballo do Ministro de Fomento. Deste xeito a nova Ponte e todas estas importantes infraestruturas para Lugo son unha realidade grazas ao socialista Pepe Blanco, que é o Ministro que máis fixo por Galicia e por Lugo. Eu estaba seguro de non nos fallarían aos lucenses e os acontecementos demostran que non me equivocaba, porque para Pepe Blanco o compromiso é Lugo.

Por todo o que está feito e porque aínda quedan cousas por facer, así que podemos e debemos seguir nesta dirección que nos fai avanzar cara diante. Para que Lugo siga mellorando, os socialistas lucenses pedimos a confianza neste proxecto imparable, no que contamos e participamos todos e todas e do que nos sentimos orgullosos como lucenses.


Para Pepe Blanco o compromiso é Lugo, Lugo Lugo e máis Lugo. Loita polo que queres. Vota PSOE.

03/11/11

Ojalá



Ojalá é a Plataforma cidadá de apoio a Rubalcaba. Dende o meu blog anímote a que te sumes a esta Platarforma cidadá. O seu manifesto expresa ideas como as seguintes:

Ante las elecciones generales, los hombres, las mujeres y los colectivos que firmamos esta Declaración manifestamos nuestra convicción de que España necesita un gobierno progresista para hacer frente a la crisis económica.

Nos encontramos ante un cambio global, ante el inicio de una nueva era histórica y asistimos al nacimiento de una sociedad muy distinta a la que hemos conocido.

Estamos en una encrucijada. El rostro que finalmente adopte ese nuevo modelo de sociedad depende en gran medida de las decisiones políticas que ahora se tomen. Y depende, en España, de a quién elijamos los ciudadanos para gobernar en los próximos años.

El primer desafío de la sociedad española es crear empleo. Y hacerlo defendiendo el Estado social que ha sido, junto con la democracia política, la conquista más valiosa de los españoles en las últimas décadas.

Durante estos años de crisis, debido especialmente a circunstancias globales y europeas, no han podido ponerse en práctica aspectos importantes del programa socialista, lo que ha creado un lógico malestar social, que compartimos.

Pero ahora la respuesta de los progresistas no puede ser entregar el poder al Partido Popular, que allí donde lo tiene ha demostrado hacer políticas beligerantes contra aquello en lo que nosotros creemos. Frenar ese poder de la derecha es lo único coherente que podemos hacer los progresistas en estas elecciones.

Alfredo Pérez Rubalcaba es a la vez el líder progresista más fiable y más capacitado para dirigir el país en los próximos cuatro años, que serán especialmente difíciles y cruciales para el futuro.

Desde la independencia, con espíritu crítico y con plena conciencia de lo que está en juego el 20 de noviembre, hemos decidido confiar en Rubalcaba; y animamos a nuestros conciudadanos y conciudadanas a que hagan lo mismo y se sumen al proyecto que él encabeza y defiende.

Súmate á Plataforma de apoio a Rubalcaba!

24/10/11

VI Feira do Outono en Coeses


O día 30 de outubro no Campo da Festa de Sta. María Magdalena de Coeses, a partir das 9:30 da mañá, terá lugar a VI Feira do Outono, con venta e exposición de todo tipo de mercadorías, desde productos da terra a artesanía en madeira ou ferro. Todo elo en compaña dunha pulpería. Haberá unha carpa e tamén sortearase “in situ” unha cesta anticrisis.

Esta feira está organizada pola Asociación Cultural, Xuvenil e Veciñal "O Castro" de Coeses, que conta coa colaboración de Moega (Sociedade Cooperativa Galega), do Concello de Lugo e de AgrupaLugo (Agrupación de Asociacións de Veciños de Lugo).

O municipio de Lugo, polo especial da súa xeografía, da súa historia e dos costumes das súas xentes, desenvolveu unha serie de produtos e servizos propios e moi coñecidos, baseados na cultura e os froitos da terra. Contamos con calidade, variedade, singularidade e marca nos nosos produtos e servizos, que destacan en sectores como son a alimentación, a artesanía, a moda, o ocio, etc. O que nos permite ver que a riqueza de Lugo é incalculable.

Co obxectivo de dar a coñecer os produtos lucenses e promocionar o seu consumo dentro e fóra do municipio de Lugo, realízase a Feira de Outono en Coeses, para potenciar a economía lucense e especialmente para dinamizar a zona rural, promocionando os seus produtos e servizos.

Como Presidente de AgrupaLugo podo indicar que para a entidade que represento trátase dunha importante iniciativa para o desenvolvemento económico do rural e dende AgrupaLugo queremos apoiar firmemente iniciativas deste tipo, que son froito dun proxecto dunha asociación que forma parte da nosa Agrupación. Dende AgrupaLugo queremos felicitar ás compañeiras e compañeiros que traballan para que esta feira se poida levar a cabo, porque para a nosa Agrupación iniciativas como esta son unha boa mostra do traballo que estamos a realizar polo desenvolvemento da zona rural.

Anímovos a que vos pasedes por Coeses, para celebrar un día de Feira. Seredes todos ben recibidos!

19/10/11

Defensa do ensino público



Síntome orgulloso de poder dicir que sempre estudei no ensino público, o que me deu a posibilidade de realizar os meus estudos. Grazas a que puiden estudar no ensino público son Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixen os estudos de Primaria no Colexio Público de Casás (Lugo) e os de Secundaria e Bacharelato no IES Manuel Leiras Pulpeiro de Lugo. E como digo sempre, eu se teño fillos gustaríame que poidan estudar no ensino público.

Por iso, considero que é necesario denunciar os ataques que está a sufrir o ensino por parte do PP, para que a cidadanía se dea conta de que o que nos estamos xogando vai máis aló da economía, xa que o que realmente supoñen estes recortes é a redución de calidade no ensino público, ao ter menos profesores, e o incremento do fracaso escolar que leva aparellado.

Estas políticas restritivas en gasto educativo buscan a deterioración do dereito fundamental de formarse ao longo de toda a vida, que só garante o ensino público. Os recortes que se están producindo nestes momentos, nalgunhas comunidades autónomas, minguarán a equidade e a calidade do ensino.

Agora máis que nunca a loita contra o fracaso e o abandono escolar debe ser o obxectivo prioritario. Sen investimento en educación non haberá avance posible. De non ser así a calidade do ensino sufrirá un gravísimo deterioro, e por ende, o futuro da nosa sociedade.

Só con máis educación sairemos da crise xa que a máis ensino máis posibilidades de atopar un mellor emprego e avanzar. Algo do que non se decatou o PP que recortou, entre outros, 3.500 profesores en Madrid ou 1.100 en Valencia. Todo un exemplo do que nos espera se goberna Rajoy.

Cada euro que se recorta no ensino público é un euro menos que se invirte no noso futuro, o de todos.

18/10/11

VIII Comida Veciñal de Tirimol

Este domingo, día 16 de outubro, celebramos a VIII Comida Veciñal de Tirimol, que organizamos dende a Xunta Directiva da Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol na honra á Nosa Señora do Rosario. Por este motivo, realizáronme como Secretario da Asociación unha entrevista para o xonal El Progreso, que quero compartir a continuación no meu blog:

¿En qué consistirán los actos?
Los actos que organiza la Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol en honor a Nuestra Señora del Rosario, que es la patrona de la parroquia, comenzarán a la una del mediodía con una misa solemne y procesión y después a las dos y media celebraremos la octava edición de la comida vecinal en el campo de la fiesta, en una carpa cerrada lateralmente.

¿Tienen actividades paralelas?
La comida estará amenizada por el dúo Armonía y habrá una cama elástica gratuita para los niños que asistan.

¿Cuál es el menú?
El menú está compuesto por empanada, lacón, pulpo á feira con cachelos, carne ao caldeiro, vino, agua, refrescos, tarta de Santiago, café y chupito.

¿Cuántos acudirán?
Hay unas 150 personas inscritas. Los socios pagan 20 euros y los que no lo son 25. Esta, con unos 400 vecinos, es una de las parroquias más pobladas de la zona rural del municipio de Lugo.

¿Organizan más actividades?
Celebramos las fiestas del patrón San Xoán, con la hoguera, el Carnaval y magostos populares, entre otras.


Fonte: Entrevista a Diego Pena Luaces en EMERGENTES, publicada no xornal El Progreso, 16 de outubro do 2011, páx. 12.

30/09/11

San Froilán 2011


Do 4 ao 12 de outubro Lugo está de festa, porque celebramos as festas do San Froilán. Durante estes nove días os lucenses e os que nos visiten poderemos participar nun amplo programa festivo, con actividades para tódolos gustos. Trátase dunhas festas que conxugan a tradición coa modernidade, declaradas como Festa de Interese Turístico Galego e Fiesta de Interés Turistico Nacional.

Estas festas están organizadas polo Concello de Lugo e permítennos disfrutar de moitas actividades, como asistir a concertos, dar unha volta polo recinto feiral, ver competicións deportivas, comer o polbo á feira nas casetas, todos eles uns elementos que non poden faltar no San Froilán. E os máis pequenos teñen o San Froilán Miúdo cunha morea de actividades para eles.

Ademais haberá moita animación polas rúas a cargo de grupos do máis diverso e de distintos estilos que actuarán por barrios como A Milagrosa, A Cheda, O Sagrado Corazón, Fingoi, A Piringalla ou A Residencia dende o 4 ao 12 de outubro. Así que como lucense invítovos a todos e a todas a que veñades a Lugo a gozar destas festas.

Que o pasemos moi ben e que todos e todas teñamos unhas felices festas!

28/09/11

Os recortes do PP



Como podemos ver neste vídeo, o PP está intentando desmontar o Estado de Benestar naquelas comunidades autónomas e concellos onde goberna, realizando recortes en educación, dependencia e sanidade. Exemplos destes recortes do PP son os recortes educativos na Comunidade de Madrid, recortes sanitarios na Comunidade de Castela-A Mancha; a desaparición da gratuidade nos libros de texto en Galicia ou os recortes que nos anuncian para mañá en Baleares.

En Galicia co Goberno de Feijóo temos varios exemplos de recortes do PP en dereitos adquiridos pola cidadanía, como o desmantelamento dos Plans de Cooperación cos concellos, a eliminación de prazas docentes en primaria e a redución do 30% dos docentes das escolas oficiais de idiomas, ou a anulación de obras de abastecemento e rexeneración dos ríos en Ferrol, Padrón e Rodeiro. E neste contexto todos e todas nos preguntamos que ten pensado o PP para España?

O PP debe aclarar os seus plans, porque dá a impresión de que están preparando un desguace do Estado do Benestar e convén que se saiba. O pouco que explicou o PP para o Goberno de España referiuse ao copagamento sanitario, a modificación das leis de ampliación de dereitos, a supresión da gratuidade do ensino obrigatorio. Ademais, con isto podemos ver que non todos os partidos políticos responden igual ante a crise mundial.

19/09/11

Diálogos en Red



O PSOE con Rubalcaba ten a participación cidadá como un dos seus trazos característicos, forma parte do seu ADN; por iso fóronse desenvolvendo propostas de participación nos diferentes Concellos gobernados polos socialistas, e tamén intentamos abrir o partido á cidadanía.

A sociedade está a demandar, cada vez máis intensamente, máis e mellores formas de participación social e política; a cidadanía quere votar, pero tamén quere achegar ideas, solucións aos seus problemas, opinións, valoración das iniciativas políticas... En definitiva un maior compromiso e influencia cidadá nos asuntos públicos.

Hoxe grazas ás Tecnoloxías da Información, o PSOE pode mellorar os mecanismos de participación, pero tamén de transparencia, na nosa propia organización política. Presentamos Diálogos en Red, que é un sistema de participación e debate on-line. Diálogos en Red pretende converterse nunha ferramenta na que quen o desexe poida: propoñer, opinar, valorar, debater, conversar sobre as propostas políticas.

O PSOE con Rubalcaba está moi interesado en Escoitar, en Facer e en Explicar; por iso queremos que na nosa próxima Conferencia Política cidadáns e cidadás e colectivos sociais, poidan valorar e debater sobre as propostas que serán as liñas base do noso programa electoral; para iso utilizaremos Diálogos en Red como un espazo que che permita facer propostas que se poidan ter en conta para o programa electoral do PSOE.

05/09/11

Un compromiso coa accesibilidade


Cando os meus veciños me elixiron para formar parte da Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Tirimol como Secretario tiven un soño, que era conseguir que o Centro Social de Tirimol fose accesible para todos e todas. Soñei que algún día conseguiríamos eliminar as barreiras arquitectónicas que lles impiden a persoas con diversidade funcional ou mobilidade reducida entrar ao Local Social que temos na nosa parroquia e que é propiedade dos veciños e dende a nosa asociación nos encargamos da súa xestión.

Por iso no ano 2007 púxenme en contacto coa Asociación Auxilia, porque estaban levando a cabo unha campaña conxunta que realizan co Concello de Lugo, para concienciar e informar sobre a accesibilidade no noso municipio. E veu a visitarnos o seu Coordinador Local, Manuel Piñeiro, para comprobar a accesibilidade das nosas instalacións. Polo que lles queremos agradecer ao Concello de Lugo e a Auxilia a atención que nos prestaron para axudarnos e indicarnos os aspectos nos que temos que traballar para lograr a accesibilidade.

E estou moi contento, porque podo dicirvos que ese soño que tiña pronto deixará de selo, porque a accesibilidade do Centro Social de Tirimol vai a ser unha realidade grazas ao apoio da Deputación de Lugo, a través do Plan de Axudas a Comunidades Veciñais do 2011, e ao apoio da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude do Concello de Lugo, que fixo posible que xa teñamos uns baños totalmente accesibles e adaptados a persoas con diversidade funcional.

E nestes momentos estamos a levar a cabo un proxecto de accesibilidade destas instalacións, debido ao que imos a facer unhas ramplas de acceso para o Centro Social de Tirimol, entre outras actuacións. Porque estamos convencidos de que calquera veciño debe de ter dereito a acceder ás instalacións, sen atoparse ningún tipo de atranco que llo impida. Polo que estamos a traballar para que as nosas instalacións sexan accesibles para todos e todas o antes posible.

Temos que ter en conta que calquera persoa pode ter dificultades de mobilidade nalgún momento da súa vida, por exemplo cando somos maiores, ou se temos un accidente. Por iso debemos de pensar en todos e todas, facilitando o acceso a unhas instalacións veciñais en igualdade de condicións.

24/08/11

Novo programa formativo nos Telecentros Rurais


A partir do mes de setembro iniciaremos un novo programa de formación que contén actividades de difusión e formación sobre as novas tecnoloxías, enmarcado dentro do Proxecto europeo PARNET-tic, que xestionamos dende o Concello de Lugo, e que terá lugar nos telecentros rurais das parroquias de Santa María de Bóveda, Rubiás, Meilán, Vilachá de Mera, Calde e San Pedro de Mera. O prazo de inscrición neste programa formativo está aberto, debendo chamar ao teléfono do 010 do Concello ou ao 982 297 350 para chamadas desde fóra do municipio.

O programa formativo ten por obxectivo iniciar aos usuarios e ás usuarias no uso da Internet e das novas tecnoloxías aplicadas ao uso cotián. É un programa dirixido a toda a cidadanía, con actividades para os nenos, os pais, os maiores, as PEMEs e os agricultores.

No telecentro de Santa María de Bóveda as actividades terán lugar os vindeiros días 1, 2 e 5 de setembro en horario de 10.00 a 13.00 horas, mentres que no telecentro de Rubiás será ós mesmos días pero en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 horas.

Comeza tamén no telecentro rural de Meilán á formación de novas tecnoloxías os días 6, 7 e 8 de setembro en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, e no telecentro de Vilachá de Mera en horario de tarde, de 18.00 a 21.00 horas.

Por outro lado, os próximos días 9, 12 e 13 de setembro, empezan ditas actividades no telecentro rural de Calde de 10.00 a 13.00 horas, e no telecentro de San Pedro de Mera de 17.00 a 20.00 horas.

Estas actividades están incluidas no Proxecto europeo PARNET-tic, que se integra no programa de cooperación territorial "Espazo Sudoeste 2007-2013" da Unión Europea. E dende o meu blog anímovos a todos e todas a participar nas distintas actividades que organizamos dende o Concello de Lugo nos distintos telecentros municipais da zona rural. Para máis información no teléfono 010 do Concello ou na web www.lugo.es.

12/08/11

Apertura dos xardíns da Deputación

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, inauguraron o novo espazo dos fermosos xardíns da Deputación, que dende o mes pasado está aberto para a cidadanía e que foi rehabilitado conxuntamente polas dúas administracións co Plan Urban. Deste xeito os lucenses recuperamos como espazo público o que era de uso exclusivo, continuando coa apertura da Deputación á cidade e á provincia.

Os xardíns provinciais que foron acondicionados conxuntamente co Plan Urban, o programa europeo que impulsan ambas as dúas administracións e que inclúe ambiciosas actuacións como a reactivación do casco histórico ou a peonalización da praza de San Marcos. Desde hai catro anos os veciños convertemos nun xesto habitual o cruzar a porta da Deputación, ata ese momento a grande descoñecida. Dende hoxe, abriuse tamén a un dos monumentos máis importantes da provincia: a Muralla de Lugo, facendo máis visible esta institución que está ao servizo de todos e contribuíndo a ampliar o Paseo Interior.


A cidadanía temos a nosa disposición esta nova zona de estancia ata o de agora pechada ao público e que permite dar continuidade ao Paseo Interior da Muralla, logo da recuperación e adecuación dos calexóns que conectan desde a rúa do Teatro ata a Praza do Ferrol. A zona rehabilitada ocupa unha superficie de 8.000 metros cadrados e ten wifi gratuíto grazas ao programa Innova-TE de administración electrónica da Deputación. Nela inclúe un paseo pavimentado en pedra de máis de 100 metros que permite que a parte posterior do Pazo tamén sexa transitable, así como zonas verdes e mobiliario urbano que humanizan o espazo, facendo máis agradable a estancia dos usuarios. Os xardíns permanecerán pechados unicamente pola noite, das 24:00 ás 7:00 horas.

23/07/11

Actividades nos Telecentros Rurais


Os Concelleiros de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, e o de Zona Rural, Manuel Chaín, xunto cos técnicos do Proxecto PARNET-tic no Concello de Lugo, visitamos varios telecentros rurais. Nestas visitas presentámoslles o programa formativo de verán aos pedáneos e aos representantes das asociacións veciñais das parroquias.

Este programa desenvolverase durante o mes de agosto nos telecentros rurais das parroquias de Castelo, Coeses, Santiago de Saá e San Xoán do Campo. O programa contén actividades de difusión e formación sobre as Novas Tecnoloxías, que se desenvolverán nestas parroquias da zona rural do municipio dentro do Proxecto europeo PARNET-tic.

O programa formativo ten por obxectivo iniciar os usuarios no uso de Internet e das Novas Tecnoloxías aplicadas ao uso cotián. Un programa dirixido a toda a cidadanía, con actividades para os nenos, os pais, os maiores, as PEMEs e os agricultores.

O equipo de PARNET-tic no Concello deseñamos a programación destas actividades, establecendo o calendario e os horarios nos que se desenvolverán, para o cal contamos coas suxestións dos pedáneos e dos representantes das asociacións veciñais.

O Proxecto europeo PARNET-tic está destinado ao fomento da sociedade da información nos territorios rurais, fomentando o acceso ás infraestruturas da comunicación e á sociedade da información. Este proxecto intégrase no programa de cooperación territorial "Espazo Sudoeste 2007-2013" da Unión Europea.

E dende o meu blog animo a tódolos lucenses a participar nas distintas actividades que organizamos dende o Concello de Lugo nos distintos telecentros municipais da zona rural e da cidade. Para máis información no teléfono 010 do Concello ou na web www.lugo.es.


P.D.: Quero condenar rotundamente a matanza de Utoya e o atentado cometido en Oslo. Ademais quero mostrarlle a miña solidariedade aos compañeiros das Xuventudes Laboristas, ao Goberno de Noruega e ás familias dos falecidos, aos que lles quitaron a súa vida nuns actos que non teñen ningunha xustificación.

Como estou de vacacións, vou a descansar uns días para volver con máis enerxías. Así que volverei a estar con vos no meu blog á volta. Ata entón pasádeo moi ben e que teñades un feliz verán!

15/07/11

Internet é prioritario no rural


Tal e como vos acabo de adiantar fai uns minutos a través das redes sociais, o Valedor do Pobo dálle a razón a AGRUPALUGO e suxírelle á Xunta de Galicia prioridade no desenrolo da banda larga no rural de Lugo e un acceso de calidade.

Deste xeito o Valedor do Pobo responde ao escrito de queixa que presentamos dende AGRUPALUGO ante esta Institución, no que criticamos o total abandono ao que a Xunta de Galicia está a someter o seu compromiso coa banda ancha no medio rural de Lugo, xa que pesar de ser a Xunta quen ten a competencia nesta materia, o Goberno galego non se preocupa por levar Internet ao rural. Motivo polo cal dende AGRUPALUGO denunciamos a través dos medios de comunicación que co novo sistema de identificación animal a Xunta "tómalle o pelo aos gandeiros".

O escrito de queixa que presentamos ante o Valedor do Pobo deu lugar a un expediente, que foi admitido a trámite e que rematou cunha investigación pola súa parte. E a continuación fago público no meu blog o resultado completo desta investigación que levou a cabo o Valedor do Pobo a instancia de AGRUPALUGO:

"Dita queixa refírese ás dificultades que no ámbito rural de Lugo existen para acceder a Internet, especialmente no ámbito das explotacións gandeiras. Como vostede sabe, tras o estudo e análise deste asunto, fixemos unha suxestión á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia para que no desenrolo da banda larga en Galicia dese prioridade os sectores que por razóns profesionais teñan necesidades dun acceso a Internet de calidade.

Esta Secretaría Xeral respondeu afirmativamente a dita suxestión. Así mesmo, indica que nos despregamentos do Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013 da Xunta de Galicia se terá en conta ademais da demanda da poboación do rural de Galicia a demanda do sector empresarial e do sector público. Téñase en conta que se trata dun plan a catro anos e que nos próximos meses iniciaranse novos despregamentos co fin de seguir incrementando a porcentaxe de acceso de calidade no rural de Lugo."

Así que agora dende AGRUPALUGO velaremos polo cumprimento dos compromisos adquiridos pola Xunta de Galicia de levar a banda larga ao rural, para que se garanta a igualdade de toda a cidadanía de acceso aos dereitos e aos mesmos servizos.

09/07/11

Rubalcaba: escoitar, facer, explicar



Rubalcaba é un político auténtico que vai traballar cos instrumentos da política de sempre: a escoita, o diálogo e o debate buscando solucións para a maioría social, a maioría coa que sempre gobernou o PSOE.

Rubalcaba escoita para saber o que pensa, o que sente e o que quere a xente, para actuar e dar solucións, para explicar por que e como se fixeron as cousas. En definitiva, "Rubalcaba: escoitar, facer, explicar" son as tres patas coas que o PSOE vai camiñar durante toda a campaña electoral, porque é o que mellor sabe facer o noso candidato socialista e ademais é o que cremos que a xente está a demandar da política: máis política, pero máis próxima.

E a min paréceme un traballo e un reto ilusionante, porque como nos dixo: "España es un gran país y los grandes países lo son, no por estar libres de dificultades, sino por su capacidad de superarlas".

Agora todos e todas estamos con Rubalcaba, porque o noso candidato Rubalcaba emplázanos a traballar desde XA mesmo: "¡Hagamos que suceda! ¡A la tarea!"

20/06/11

Festas de Tirimol 2011


Os días 23, 24, 25 e 26 de xuño celebraranse as Festas Patronais de San Xoán de Tirimol. Este ano temos un programa moi completo, que conta cunha exhibición canina do Club de Agility AGIMEI o día 24, pasarrúas pola parroquia a cargo do Grupo Devandoira os días 25 e 26 ou a actuación da Banda Murajazz Big-Band o día 20, entre outras moitas actividades. A festa faise na Pista Polideportiva, que se usa como Campo da Festa e que está ao lado do Centro Social de Tirimol.

Unhas festas que non serían posibles sen a axuda de moitas persoas, empresas e entidades, porque grazas á súa implicación podemos gozar dun amplo programa de actividades. Por iso a Comisión de Festas agradece aos veciños, ás empresas, á Deputación e ao Concello de Lugo a súa colaboración coas festas da parroquia de Tirimol.

A Comisión de Festas quixo que o programa de festas fose variado, para que houbera actuacións para tódolos gustos. Porque desta maneira tódolos veciños e todos aqueles que nos visiten durante estes días poderán gozar destas festas. Ademais estades todos convidados a vir ás Festas de Tirimol, porque seguro que o pasaredes moi ben e vos divertiredes moito, porque a diversión está asegurada.

Deséxovos a tódolos meus veciños e a todos os que nos visitedes estes días que pasedes unhas BOAS FESTAS!


PROGRAMA:

Xoves, 23 de xuño:
Ás 22:00 horas Gran Churrascada e verbena amenizada pola Orquestra LOS EMPERADORES
Ás 22:30 horas queima da GRAN FOGUEIRA

Venres, 24 de xuño: DÍA DO PATRÓN
Misa Solemne e procesión ás 13:00 horas
Ás 13:45 horas Sesión Vermú amenizada pola Orquestra ATENAS
Ás 22:00 horas Verbena amenizada pola Orquestra ATENAS
Ás 22:30 horas Exhibición canina do Club de Agility AGIMEI

Sábado, 25 de xuño:
Ás 10:30 horas Pasarrúas a cargo do Grupo DEVANDOIRA
Misa Solemne e procesión ás 13:00 horas
Ás 13:45 horas Sesión Vermú amenizada pola Orquestra TROLE
Ás 23:00 horas Verbena amenizada pola Orquestra TROLE e o Dúo ECLIPSE

Domingo, 26 de xuño:
Ás 10:30 horas Pasarrúas a cargo do Grupo DEVANDOIRA
Misa Solemne e procesión ás 13:00 horas
Ás 13:45 horas Sesión Vermú amenizada pola Banda MURAJAZZ BIG-BAND
Ás 22:00 horas Verbena amenizada polo Dúo ARMONÍA


Haberá fogos de artificio e competicións deportivas.

13/06/11

Arde Lucus MMXI


O Arde Lucus MMXI celebrarase o venres 17, sábado 18 e domingo 19 de xuño. Durante estes tres días de festa recrearase o pasado romano da cidade de Lugo. Deste xeito do 17 ao 19 de xuño Lucus Augusti arderá de novo.

Este ano é moi especial para o Arde Lucus, porque celebramos o seu o décimo aniversario e ademais festexamos que foi declarado como Festa de Interese Turístico Galego. Levamos unha década de intensa historia, na que o Arde Lucus creceu grazas ás ilusións, á alegría e o bo humor de todas as persoas que, dun modo ou outro, participan nesta festa.

Neste Arde Lucus haberá máis de 240 actividades, actuacións e espectáculos, que conforman o programa desta nova edición da festa, que se celebrará desde este venres á tarde ata o domingo á noite e que está organizada polo Concello de Lugo.

Dende este momento a cidade comezará a vivir tres días de intensa actividade nos que lucenses e visitantes poderemos disfrutar coa recreación da historia, das tradicións e da cultura romana. E como lucense invítovos a todos e a todas a que veñades a Lugo, porque o pasaredes moi ben.

06/06/11

A Tarxeta Cidadá


A Tarxeta Cidadá é un dispositivo intelixente multiservizo que nos permite identificarnos e facer uso dos servizos municipais dun modo rápido e sinxelo. Esta tarxeta serve para aboar o billete de autobús urbano e do futuro transporte metropolitano, co moedeiro de transporte, mediante o uso de lectores sen contacto. Tamén serve para pagar os parquímetros do sistema ORA co moedeiro de servizos mediante o uso de lectores con contacto. Ademais podes identificarte no acceso ás instalacións e para o aboamento de servizos municipais, como a reserva de pistas, bonos para piscina, etc. Progresivamente a Tarxeta Cidadá gañará versatilidade e sumará novas utilidades.

A Tarxeta Cidadá é unha iniciativa da Concellería de Servizos Xerais do Concello de Lugo. Esta tarxeta dispón de dous moedeiros diferentes e independentes, como son o moedeiro de transporte e o moedeiro de servizos municipais. O diñeiro cargado no moedeiro de transporte servirá exclusivamente para o pagamento das viaxes nos autobuses urbanos do Concello e do futuro transporte metropolitano que xestione a Xunta. O diñeiro depositado no moedeiro de servizos municipais destinarase a aboamentos no resto de servizos municipais como a ORA, os de Deportes e os que posteriormente se incorporen ao sistema de xestión da tarxeta.

Eu soliciteina e xa teño a miña Tarxeta Cidadá, así que recoméndovos que solicitedes a vosa tarxeta, porque ten moitas vantaxes e permite unha maior comodidade e facilidade no acceso a moitos servizos municipais. A Tarxeta Cidadá solicítase concertando unha cita previa a través do teléfono 010 do Concello, onde ademais facilitarán información sobre a documentación que hai que achegar para a solicitude. Tamén se poderá solicitala dende a páxina web do Concello www.lugo.es.

31/05/11

Rompe co tabaco



Máis dun millón de mozos entre 16 e 24 anos fuma a diario segundo se desprende da Enquisa de Saúde en España do ano 2009. Segundo os expertos, un de cada tres consumidores de tabaco adolescentes desenvolverá unha dependencia clinicamente relevante ata a idade de 35 anos, o que significa aumentar o risco de desenvolver enfermidades relacionadas co consumo de tabaco na idade adulta.

Á vista destes datos, e para previr o tabaquismo e as súas consecuencias nos máis novos, a Asociación Española Contra o Cancro (aecc) lanzou unha campaña de concienciación que leva por título "Rompe co tabaco”. E hoxe, 31 de maio, coincidindo coa celebración do Día Mundial Sen Tabaco, quero compartir no meu blog este interesante vídeo que foi realizado para esta campaña.

Esta campaña, cuxo obxectivo é que os mozos deixen de fumar, contou coa participación de artistas e deportistas como Alejandro Sanz, Ricky Rubio, Jesús Olmedo, Dafne Fernández ou Diego Forlan, e coa colaboración de entidades xuvenís como o Instituto da Xuventude (INJUVE), o Consello da Xuventude de España (CJE) e a Rede de Universidades Saudables.

Os mozos e mozas, por riba de todo, queremos sentirnos libres, non obstante algúns deixan que o tabaco controle as súas vidas. Para deixar de fumar, é necesario que vexan o tabaco como unha atadura fronte á que deben rebelarse, de aí que o lema da campaña sexa: "Rompe co tabaco".

20/05/11

Para que gañe Lugo


A transformación que está a vivir Lugo non sería posible se non tivéramos un Alcalde como o que temos, que ten a mesma ilusión e as mesmas ganas de traballar por Lugo como o primeiro día. José López Orozco é un político cercano, que está preto da cidadanía e dos seus problemas. Traballa con forza e ilusión por un Lugo igualitario e moderno, na cidade e na zona rural, facendo propostas constructivas e, sobre todo, sen faltar ao respeto nunca aos seus adversarios políticos.

Temos un Alcalde que é un firme defensor de buscar a igualdade entre os veciños e veciñas, independentemente do lugar no que vivamos. Por iso este é un proxecto imparable, no que contamos e participamos todos e todas e do que nos sentimos orgullosos como lucenses. Grazas ao traballo realizado hoxe temos un Lugo que construímos entre todos, que ti contribuiche a facer. Agora é o teu momento para apostar por que continúe ese compromiso absoluto coa cidade, para que isto non se pare.

Os socialistas lucenses estamos locos por Lugo e entendemos a política coma un servizo público, por iso traballamos para mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Lugo. Por iso melloramos as entradas da cidade, os barrios, a zona rural. Tamén apostamos polos servizos públicos con Escolas Infantís, Centros de Convivencia, centros de Día e de dinamización no rural, zonas verdes, rúas limpas, rúas asfaltadas e con saneamento no centro e nos barrios, na zona zona urbana e na zona rural, iluminación...

Por todo o traballo feito e por todo o que queremos facer, pídoche a túa confianza o próximo domingo para o PSdeG-PSOE de Lugo, votando polo Alcalde Orozco e polo equipo que o acompañamos neste proxecto ilusionante, para que gañe Lugo.

17/05/11

O cambio de Lugo



Se pechas os ollos uns segundos e tratas de recordar como era Lugo hai 12 anos, verás o cambio que se produciu co goberno de José López Orozco, tal e como podemos ver neste vídeo, porque apostou polos barrios e polas parroquias, mellorando a calidade de vida de todos os veciños e veciñas, con independencia do lugar no que vivamos. E a transformación que está a vivir Lugo dá boa conta da aposta e do compromiso que ten José López Orozco. E isto é algo evidente, aínda que por moito que algúns o intenten, a realidade de Lugo non se pode negar, porque a vemos tódolos días os cidadáns.

O investimento realizado polo Concello de Lugo nos barrios e nas parroquias ao longo destes doce anos é unha boa mostra do cambio que deu Lugo. Agora Lugo está camiñando nunha nova etapa na que relanza a cidade: os barrios e o centro, así como a zona rural. As obras, entre outras actuacións levadas a cabo polo Concello de Lugo, produciron unha transformación dunha cidade que é pequena, pero que se pode comparar en servizos con calquera outra cidade de Galicia e de España. O cambio levado a cabo na cidade e na zona rural sentou as bases que permitirán seguir mellorando Lugo.

O cambio foi posible grazas a ter un Alcalde e un goberno socialista en Lugo, que está preto dos veciños e veciñas e escoitando as suxestións e inquedanzas para mellorar o noso concello, porque xuntos facemos Lugo. Os socialistas lucenses estamos locos por Lugo e por iso seguiremos traballando para mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Lugo, da zona urbana e da rural e realizando unha aposta por tódolos barrios e por tódalas parroquias do noso concello.

Se coma nos, ti tamén estás loc@ por Lugo, axúdanos a difundir este vídeo entre os teus contactos e amigos e sobre todo, recorda que o 22 de maio ti es o máis importante para que gane Lugo.

11/05/11

Lugo en primeira persoa



Neste vídeo vemos a Lugo en primeira persoa, co noso Alcalde e candidato á Alcaldía polo PSdeG-PSOE, José López Orozco. No vídeo podemos ver un proxecto de cidade iniciado hai doce anos que continúa, porque así o quixemos os lucenses, e que levou á modernización, mellora e cambio deste Concello como nunca se deu no seno do mesmo. E isto é algo evidente, aínda que por moito que algúns o intenten, a realidade de Lugo non se pode negar, porque a vemos tódolos días os cidadáns.

Este proxecto ilusionante do PSdeG-PSOE de Lugo permitiu un cambio profundo no eido social, sen esquecer nunca aos que más o necesitan; un cambio da vida cultural, porque Lugo está á altura das cidades das súas características; un cambio no eido deportivo, no que as instalacións deportivas nada teñen que ver coas que había antes de 1999; un cambio no coñecemento e promoción da cidade e por iso no aumento paulatino de turistas que estamos a vivir; un cambio no desenvolvemento urbanístico, que levou a que barrios enteiros ofrezan un aspecto totalmente distinto o que tiñan.

Un cambio nas dotacións e nos equipamentos, tanto na zona urbana como na zona rural; un cambio nas infraestructuras viarias e medioambientais, que fan da nosa cidade e da zona rural un modelo a seguir; un cambio na preocupación e deseño na colaboración na educación por parte do Concello de Lugo; un cambio na atención as persoas en paro cos continuos programas de reinserción laboral e promocións de políticas emprendedoras do Concello; un cambio constante na apertura da administración municipal aos veciños, tanto da zona urbana como rural, facendo que cheguen as novas tecnoloxías; un cambio que fixo da cidade de Lugo unha das cidades máis seguras de España...

Por todo o que está feito e porque aínda quedan cousas por facer, así que podemos e debemos seguir nesta dirección que nos fai avanzar cara diante. Para que Lugo siga mellorando, para que Lugo gañe, os socialistas lucenses pedimos a confianza neste proxecto imparable, no que contamos e participamos todos e todas e do que nos sentimos orgullosos como lucenses.

25/04/11

25 anos da Lei Xeral de Sanidade



Hoxe, 25 de abril, cando se cumpren 25 Anos da Aprobación da Lei Xeral de Sanidade 14/1986, quero facer referencia no meu blog a este importante acontecemento, citando algunhas ideas do Manifesto do PSOE polo 25 aniversario da Lei Xeral de Sanidade e deste vídeo. Porque con esta Lei creouse o noso Sistema Nacional de Saúde, que foi un dos legados máis importantes que nos deixou o primeiro goberno socialista de Felipe González e unha das leis clave da nosa democracia.

Esta Lei, promovida polo ministro socialista, Ernest Lluch, puxo en marcha a reforma e modernización da sanidade española, consagrando os principios de universalidade e financiamento público a través de impostos, transcendental para asegurar o papel de alicerce fundamental de Estado de Benestar que se quería que desempeñase o sistema sanitario para todos os españois. Tiña un obxectivo prioritario: substituír a caridade por dereitos, vinculando a protección sanitaria á condición de cidadán.

Atopámonos por tanto cun bo sistema do que temos que estar todos orgullosos, froito do traballo de moitas xeracións, constituíndo, hoxe en día, un referente de primeira orde nas políticas de benestar en España e un dos máis avanzados e eficientes de cantos existen en Europa, tanto pola solidez do sistema, a formación e alta cualificación dos seus profesionais, como pola súa calidade científica e polas súas prestacións.

Agora temos que seguir apoiando o futuro dun sistema público e universal que se puxo en marcha hai 25 anos. Ante os que propoñen menos servizos públicos para deixar todo en mans do mercado, os socialistas apostamos por servizos públicos máis potentes, mellor dotados e máis eficaces, como elemento intrínseco da xustiza social que defendemos.

15/04/11

Ano europeo do Voluntariado



Onte asistín ás xonadas “Novas redes para o voluntariado en Europa. 2011 Ano Europeo do voluntariado”, que están organizadas polo Concello de Lugo, a través do Centro de información europea Europe Direct-Lugo, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e as entidades sociais da cidade de Lugo.

Nestas xornadas vin este vídeo, que me gustou moito e que quero compartir con vos, porque podedes ver como as persoas voluntarias animan á cidadanía a participar en actividades de voluntariado por unha infinidade de motivos.

O ano 2011 foi nomeado pola Comisión Europea, Ano Europeo do voluntariado. O obxectivo xeral deste ano e fomentar é apoiar o intercambio de experiencias e boas prácticas para crear as condicións na sociedade civil, que favorezan o voluntariado e mellorar a visibilidade das actividades de voluntariado.

Este Encontro de Voluntariado, organizado con motivo do ano 2011, ten como obxectivo favorecer o coñecemento das actividades de voluntariado entre toda a cidadanía. O voluntariado como forma de expresión da participación cidadá é un feito que podemos atopar en diferentes países e que nos debe facer reflexionar sobre a necesidade de compartir experiencias de traballo en rede que nos permita descubrir outras realidades diferentes da lucense.

06/04/11

Vén dar unha volta por Lugo



Acabo de ver este anuncio nas redes sociais e gustoume moito, polo que quero compartilo con vos no meu blog para invitar a todo o mundo a que veña a "Dar unha volta por Lugo" e descubrir unha cidade con máis de dous mil anos de historia, a Muralla Romana Patrimonio da Humanidade e un lugar marabilloso no que as xentes disfrutan os pequenos praceres da vida. Tamén podedes ver: Spot Oficial de Lugo en castellano.

Lugo foi fundada polos romanos quince anos antes da nosa era co nome de Lucus Augusti, e conserva íntegra unha Muralla que contemplou máis de dous mil anos de historia. A Muralla de Lugo foi designada o 2 de decembro do ano 2000 Patrimonio da Humanidade. Ademais a cidade conta con numerosos recoñecementos que xurdiron a partir desta data.

Así, o 7 de novembro de 2002 a UNESCO designa a parte central da provincia de Lugo, na que se inclúe o municipio, como Reserva da Biosfera "Terras do Miño". Máis tarde virá a declaración de San Froilán como Festa de Interese Turístico Nacional, a declaración de Lugo como Municipio Turístico Galego e o premio Reina Sofía de Accesibilidade 2006 entre outros.

Por todo isto, aproveito agora para invitarvos a que nos visitedes, porque estou seguro de que o pasardes moi ben en Lugo.

Así que eu tamén vos animo a que veñades dar unha volta por Lugo.

26/03/11

Apagar a luz para acender o Planeta



Ás 20:30 horas de hoxe, sábado 26 de marzo, cidadáns, institucións, empresas e gobernos de todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora, participando así na celebración do evento A Hora do Planeta organizado por WWF, transcendendo todas as barreiras de relixión, cultura, sociedade, xeración e localización xeográfica nunha celebración global polo Planeta.

No que posiblemente será a maior chamada á acción para loitar contra o cambio climático, a Hora do Planeta 2011 conseguirá que centos de millóns de persoas de pobos e cidades dos seis continentes apaguen a luz durante unha hora. A Hora do Planeta 2011 pretende alcanzar o compromiso dun cambio global en beneficio do medio.

Ao animar a cidadáns, empresas e gobernos a comprometerse e actuar en favor da sostibilidade e demostrando tal compromiso ao apagar as luces durante unha hora concreta, a Hora do Planeta estará a lanzar unha poderosa mensaxe de esperanza do que podemos lograr se actuamos xuntos. Isto inspirará outros para que se unan ao obxectivo final de conseguir un mundo máis san.

A Hora do Planeta empezou nunha soa cidade dun país o 31 de marzo de 2007, cando 2,2 millóns de persoas de Sidney, Australia, apagaron as súas luces durante unha hora para reclamar accións contra o cambio climático. Un ano despois, 370 cidades de máis de 35 países converteron esta iniciativa nun movemento global pola sostibilidade, conseguindo que entre 50 e 100 millóns de persoas apagasen as luces na Hora do Planeta 2008. Edificios emblemáticos como a ponte Golden Gate, o Coliseo de Roma, Times Square ou o Cristo Redentor de Río de Janeiro uníronse a este chamamento de acción polo clima escurecéndose durante unha hora.

En Lugo o Concello sumouse un ano máis a esta campaña, como unha mostra máis do seu compromiso coa loita contra o cambio climático e pola defensa do medio ambiente. Polo que a Muralla, a Catedral, a Igrexa de San Froilán e o monumento do bimilenario apagarán as súas luces para tomar conciencia do problema do cambio climático e coñecer a importancia da participación de todos e todas na defensa do medio ambiente.

E dende o meu blog quero aproveitar para animarvos a que vos sumedes a esta iniciativa e durante unha hora apaguemos as luces, deste xeito estaremos actuando contra o cambio climático.

21/03/11

Apostar por Lugo

O Alcalde, José López Orozco, e o Equipo de Goberno do Concello de Lugo apostan polos barrios e polas parroquias, mellorando a calidade de vida de todos os veciños e veciñas, con independencia do lugar no que vivamos. E a transformación que está a vivir Lugo dá boa conta da aposta e do compromiso que ten o Concello.

O investimento realizado polo Concello de Lugo nos barrios e nas parroquias ao longo destes doce anos, demostra a diferencia existente entre un goberno progresista como o que temos e un que non o é. Así o principio fundamental que rexe a acción de Goberno do Concello que establece que, independentemente do barrio ou parroquia onde se viva, haxa igualdade de dereitos.

Agora Lugo está camiñando nunha nova etapa na que relanza a cidade: os barrios e o centro, así como a zona rural. As obras, entre outras actuacións levadas a cabo polo Concello de Lugo, produciron unha transformación dunha cidade que é pequena, pero que se pode comparar en servizos con calquera outra cidade de Galicia e de España. O cambio levado a cabo na cidade e na zona rural sentou as bases que permitirán seguir mellorando Lugo.

Ademais Lugo facémolo entre todos e todas e por iso a opinión da cidadanía é moi importante para o Alcalde e o Goberno Municipal. Porque neste sentido vai encamiñada a política do PSdeG-PSOE de Lugo, estando preto dos veciños e veciñas e escoitando as suxestións e inquedanzas que temos para mellorar o noso concello, porque xuntos facemos Lugo.

O motor dos socialistas lucenses é traballar para mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Lugo, da zona urbana e da rural e realizando unha aposta por tódolos barrios e por tódalas parroquias do noso concello. Porque apostar polos barrios da nosa cidade e polas parroquias da nosa zona rural é apostar por Lugo.