28/02/09

Un anuncio para reflexionar



Na xornada de reflexión e a poucas horas de que os galegos e galegas decidamos o futuro de Galicia para os próximos catro anos, aproveitando estas horas de descanso despois do traballo da campaña electoral, recomendáronme que vira un anuncio. E eu pensaba que sería un anuncio máis, pero encontreime cun anuncio que me fixo reflexionar.

Isto demostra que a publicidade é como un arte que, aínda que o fin último é vender un produto, pode transmitir mensaxes, como é este o caso. Por iso quero compartir con vós o vídeo deste anuncio, para que vexades as mensaxes que nos quere transmitir da actualidade e como pode chegar a facernos reflexionar.

23/02/09

É moito o que nos xunta



Este vídeo é un vídeo de presentación de Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta de Galicia e candidato do PSdeG-PSOE nas vindeiras eleccións do 1 de marzo.

Neste vídeo ponse de manifesto que é moito o que nos xunta a tódolos galegos e galegas con Touriño como Presidente. O importante é o que el é. Touriño é compromiso, talante, seguridade, avance e liderado.

Toruriño é o mellor Presidente. Vota PSdeG-PSOE.

17/02/09

Quero que non volvan!

Quero que non volvan!

Quero que non volva a política do medo!

Quero que non volvan os caciques!

Quero que non volva a política de favores!

Quero que non volva o chapapote!

Quero que non volva a escuridade!

Quero que non volva a indignidade!

Quero que non volvan!

E ti, queres que volvan?

VOTA PSdeG-PSOE.

15/02/09

Ataque do BNG á participación cidadá

A continuación póñovos a nota informativa que lles mandei onte aos medios de comunicación, na que falo da actitude tomada polo BNG de Lugo no referente á participación cidadá:

Rexeitamos a actitude do BNG que decide obviar o consenso dos veciños na Comisión de elaboración do regulamento de Participación Cidadá

As Asociacións no federadas que formamos parte da Comisión encargada da elaboración do novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Lugo: -A.V.C.D de San Xoán de Tirimol, AVV "O Grelo" de San Xulián de Rubiás, AVV "San Lázaro", AVV de San Xoán do Campo, A.C.X.V. "O Castro" de Coeses, AVV "San Froilán", AVV Castelo-Rato, AVV "Río Miño" de Santiago de Meilán, AVV "Silvades" de Ribas de Miño, AVV "Ponte da Chanca" do barrio da Estación, AVV "As Fontenlas"- amosamos o noso rexeitamento á actitude do BNG que decidiu intentar sacar adiante o Regulamento de Participación Cidadá sen contar co máximo consenso como estivemos a facer ata agora. Trátase dun Regulamento de Participación Cidadá onde o Bloque Nacionalista Galego obviou a participación cidadá que é a que facemos nós como representantes dos veciños. Ademais denunciamos que estas asociacións tivemos coñecemento do Regulamento que trataban de aprobar dende o BNG unilateralmente cando xa estaba presentado, pois nunca se nos facilitou unha copia do mesmo.

A última reunión da Comisión encargada da elaboración do novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Lugo celebrouse o 12 de febreiro. Nesta reunión a Concelleira Delegada da Área de Servizos Xerais, que preside esta Comisión, informounos aos membros da mesma de que o Grupo Municipal do BNG de Lugo presentara no Rexistro Municipal do Concello de Lugo unha proposta normativa dun Regulamento de Participación Cidadá. Polo que xa non poderíamos continuar co traballo que estabamos a realizar dende a Comisión para conseguir un novo regulamento. Ademais como representante destas asociacións non federadas tiven coñecemento do contido do documento presentado polo BNG o mesmo día da xuntanza da comisión, cando o representante deste grupo político me facilitou unha copia do mesmo, polo que non puidemos nin tan sequera opinar sobre o seu contido.

Ante isto as asociacións non federadas que represento queremos manifestar o noso malestar porque un partido político queira realizar as funcións que teríamos que facer na citada Comisión. Especialmente tendo en conta os avances que demos tódolos membros da mesma e que foron froito do debate das propostas formuladas polos seus membros e do consenso ao que se chegou entre tódalas partes. E pola miña parte fixen chegar aos demais membros da Comisión as propostas das asociacións que represento, que decidimos xuntos en anteriores reunións.

Polo que dende as asociacións que represento pedimos que se continúe coa redacción deste documento de tanta importancia dende a Comisión encargada desa tarefa, na que están representados todos os grupos políticos municipais e as asociacións de veciños, como representantes lexítimos da cidadanía. E que ningunha das partes decida por si soa e nos impoña o contido dun documento tan importante para a participación dos cidadáns de Lugo, algo que esta moi lonxe dos obxectivos que debería perseguir a participación cidadá, que é o tema que curiosamente se estaba a tratar nesta Comisión.

Diego Pena Luaces, representante das Asociacións non Federadas na Comisión encargada da elaboración do novo Regulamento de Participación Cidadá

09/02/09

Touriño. O Presidente.



Estes son os vídeos da campaña do PSdeG-PSOE das eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo 1 de marzo do 2009. Uns vídeos que poñen de manifesto que Touriño é o mellor candidato a Presidente, como o ten demostrado. É o meu Presidente!

07/02/09

Están recargando Galicia?

Feijóo decidiu onte apartar da candidatura de Ourense ao candidato Luis Carrera, por irregularidades coa Facenda Pública. E o Tribunal Supremo tomou a decisión de deter ao ex-secretario do PP de Pontevedra, Pedro Castro, por varios delitos. E vendo isto, eu pregúntome se é así como o PP quere recargar Galicia.

O PP di que está recargando Galicia e con estes acontecementos estannos a demostrar aos galegos como o están a facer. O axente 009 parece que está a ter problemas na súa tarefa. Porque a Cadena Ser fixo público un dossier onde se pon en evidencia que o xa ex-candidato Carrera Pásaro cobrou 240.000 euros nun paraíso fiscal, máis concretamente nas Illas Caimán.

O compañeiro Eladio Osorio de Ourense manteranos informados no seu blog do que está a pasar con este caso, que salpica ao PP de Galicia.

01/02/09

Zapatero en Lugo


Hoxe estivo en Lugo o Presidente do Goberno, Jose Luís Rodríguez Zapatero, para apoiar ao candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño. E póñovos un video que recolle un momento da súa intervención e unhas fotos que me fixeron ao rematar este mitin do PSdeG-PSOE, celebrado no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo.

Aquí estou co Alcalde de Fene, Iván Puentes, o alcalde máis novo de Galicia.

Aquí estamos Suso, Hugo, Denís e eu cun colaborador do programa Salvados, que presenta El Follonero en La Sexta.