07/02/09

Están recargando Galicia?

Feijóo decidiu onte apartar da candidatura de Ourense ao candidato Luis Carrera, por irregularidades coa Facenda Pública. E o Tribunal Supremo tomou a decisión de deter ao ex-secretario do PP de Pontevedra, Pedro Castro, por varios delitos. E vendo isto, eu pregúntome se é así como o PP quere recargar Galicia.

O PP di que está recargando Galicia e con estes acontecementos estannos a demostrar aos galegos como o están a facer. O axente 009 parece que está a ter problemas na súa tarefa. Porque a Cadena Ser fixo público un dossier onde se pon en evidencia que o xa ex-candidato Carrera Pásaro cobrou 240.000 euros nun paraíso fiscal, máis concretamente nas Illas Caimán.

O compañeiro Eladio Osorio de Ourense manteranos informados no seu blog do que está a pasar con este caso, que salpica ao PP de Galicia.

2 comentarios:

  1. Pois Diego, tiñan razón. Moita razón, estanse a recargar Galicia, xa o ves.

    Este era o que ía coidar dos nosos cartos se gañase o PP, xa o ves, o raposo coidando das pitas.

    Estes días irei contando os pormenores, xa que esto vai dar para moito.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8/2/09 20:06

    Hola. Soy Mónica, coordinadora de LA PERONOSFERA en Argentina y te invito a revivir los mejores momentos del acto del PSOE en Bs. As.
    http://www.sebalorenzo.com.ar/2009/02/08/tourino-en-buenos-aires-argentina/

    www.peronosfera.ning.com
    www.buenosairesperonista.blogspot.com

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.