23/01/09

touriño.net e touriño.tv

Onte a compañeira Mar Barcón, Secretaría de Organización do PSdeG-PSOE, presentou as páxinas web touriño.net e touriño.tv. Barcón dixo que "supón incrementar a potencialidade das novas tecnoloxías para achegar á cidadanía ao Presidente da Xunta e ao programa de goberno do PSdeG-PSOE”. Estamos deste xeito ante dúas novas ferramentas de gran utilidade.

A web touriño.net permite consultar a axenda institucional de Emilio Pérez Touriño, os actos de precampaña e campaña, unha galería de imaxes onde se nos remite ao flickr, ou un apartado de novas. Destaca o espazo de participación, no que os cidadáns poderemos achegar ideas, preguntas e propostas e teremos a posibilidade de facernos voluntarios para colaborar na campaña electoral.

A web touriño.tv é a nova canle de televisión en internet coa que conta o líder dos socialistas. Esta é a primeira televisión en internet dun candidato, con emisións en directo, arquivos de vídeo... Será a primeira televisión en internet con ñ. Ten un espazo de participación para que a cidadanía envíemos os nosos vídeos, as nosas opinións e as nosas propostas e axudemos a desenvolver as novas tecnoloxías coa nosa colaboración.

Así que anímovos a que visitedes estas novas canles e a que participedes nelas coa vosa colaboración.

1 comentario:

  1. Ola diego, acabo de atopar o teu blog. Son Pablo Casal, de políticas. Ao mellor non te lembras. Entereime do da eleción da decana. Que putada o de Bouzas. Supoño q ti terás información sobre iso. DDeixoche o mail (pablo__casal@hotmail.com) e agregoche ao facebook.

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.