07/01/09

Un ano co blog

Hoxe fai un ano que comecei a escribir no meu blog, neste espazo virtual no que comparto con vos as miñas vivencias e as miñas opinións sobre distintos temas. Dende aquel día moitas cousas pasaron na miña vida e no mundo, unhas máis agradables e outras menos, algunhas das cales fun compartindo con vos neste espazo. Pero, como son positivo, eu quero quedarme con todos aqueles momentos que me serviron para avanzar, mellorar e para aprender máis na miña vida.

Sen lugar a dúbidas foron moitas as persoas e organizacións que contribuíron a facer realidade todos estes momentos. A todas estas persoas que apareceron no meu camiño e das que aprendín tanto, nunca lles poderei agradecer o suficiente por todos estes momentos que vivimos xuntos. Así que a miña valoración deste ano que pasou é moi boa, grazas a moitas persoas e organizacións que o fixeron posible.

Como me resulta imposible poñer a todas estas persoas aquí nunhas cantas liñas, cito a algunhas como María, Suso, Azu, Fran, Pilar, Lino, Montse, José, Tamara, Blas, Isabel, Mario, Luisa, Manuel, Loli, Servando, Rocío, Bernabé, Sonia, Pablo, ... E facendo un resumo dalgúns dos momentos máis importantes que vivin, entre os que se atopan a miña participación en distintas organizacións, como na Asociación veciñal de Tirimol, en Xuventudes Socialistas de Galicia, en Iniciativa Estudantil Galega ou no Concello de Lugo, ...

Un ano no que encomendaron novas tarefas e continuar con outras, como ser o Coordinador de IESGA na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, o representante das asociacións non federadas na Comisión encargada da elaboración do novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Lugo, ser elixido como representante de estudantes de na miña facultade ou ser reelixido como o Secretario da Asociación veciñal de Tirimol, ...

De seguro que neste novo ano que comezou fai uns días me esperan moitos máis momentos que vivir. Entre eles podo citar xa algúns que coñezo, como as eleccións autonómicas galegas do próximo día 1 de marzo que anunciou o Presidente da Xunta de Galicia, ou o acto de licenciatura da miña promoción, ... O 2009 acaba só de comezar e quédame moito máis que compartir con vos no meu blog.

4 comentarios:

  1. Anónimo7/1/09 18:24

    Felicidades y continua que es muy bueno.
    Xabier

    ResponderEliminar
  2. Anónimo9/1/09 13:22

    Grazas Dieguito por acordarte de min no teu resumo do 2008. Que saibas que a min tamén me encantou coñecervos a Suso e a ti e que vos teño como uns bos amigos. Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns...espero de corazón que o 2009 sexa tan frutifero como o ano que acaba de finalizar...

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.