23/03/09

Blog de IESGA Políticas

En IESGA (Iniciativa Estudantil Galega) apostamos polas Novas Tecnoloxías, porque son unha ferramenta que nos axuda a coñecer a opinión dos estudantes e a poder informalos do que lles interesa. Por iso agora na web de IESGA temos un blog para cada facultade, que ten a función dun espazo máis personalizado para achegar a información.

E como Coordinador de IESGA na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC teño que dicir que me parece moi boa idea, porque así podemos estar máis preto de toda a comunidade universitaria. Deste xeito os representantes dos estudantes na Xunta de Facultade de IESGA temos unha ferramenta á nosa disposición para poder comunicarnos cos compañeiros e compañeiras que representamos e achegarlles os asuntos que lles afectan.

Dende IESGA defendemos os teus intereses na Xunta de Facultade, como se recolle no primeiro comentario do blog de IESGA Políticas, onde tedes información da Xunta de Facultade do 12 de marzo. Poderedes ver as preguntas que lle fixemos ao equipo decanal e as respostas que obtivemos. Agora velaremos polo cumprimento do prometido e seguiremos traballando para que a voz dos estudantes sexa escoitada e tida en conta por parte dos órganos encargados de tomar as decisións na facultade.

Así que dende aquí anímovos a que utilicedes esta ferramenta tecnolóxica que poñemos a vosa disposición e a que participedes, porque así xuntos faremos que a nosa facultade mellore.

2 comentarios:

  1. A intención é boa Diego, pero vexo á señora decana con poucas ganas de traballar...
    Unha pena que non poidamos contar cunha triste aula donde poder estudar na facultade, pero bueno, conformaremonos con que non nos caia o edificio na cabeza (que pouco lle debe faltar) mentras nos esteamos estudando nel.

    ResponderEliminar
  2. diego tamén lle podiades comentar que se non lle parece que ca aula de informática que temos, tan ben dotada de recursos, é unha mágoa e un desperdicio que non funcione, porque esta non funciona nin ben nin mal, xa non funciona. e se funciona deben ser moi poucas horas a semana porque eu nunca a vexo aberta. creo que se debería considerar isto por parte da facultade e da universidade, xa que os alumnos poderíamos sacar un maior proveito.
    en fin a nosa facultade non parece unha facultade, e como siga así cada vez é peor, eu creo que temos unha facultade MORTA, non hai máis que ir a outras facultades e ver o ámbiente que hai, mentras que na nosa o único que reina é o silencio e a soledade.

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.