02/03/09

O pobo falou

Onte os galegos e galegas decidimos o futuro de Galicia para os próximos catro anos nas eleccións ao Parlamento de Galicia. E a maioría decidiron darlle o seu apoio ao Partido Popular. E como nos recordou Pepe Orozco, Alcalde de Lugo, o pobo nunca se equivoca! Así que aínda que non nos guste o resultado electoral, temos que acatalo. Polo que felicito ao PP pola súa vitoria. E tamén lles agradezo a tódalas persoas que lle deron a súa confianza ao PSdeG-PSOE co seu apoio.

Agora os e as socialistas seguiremos traballando por Galicia e defendendo o seu progreso. Seguiremos preto da cidadanía para atendelos e axudarlles, como vimos facendo dende sempre. E aínda que estea triste porque non ganaramos estas eleccións, teño que dicir que me sinto máis orgulloso de ser socialista e de contribuír a achegarlles as nosas propostas aos cidadáns.

Despois de traballar con moitos compañeiros e compañeiras nesta campaña, quero agradecerlles a todos e todas os momentos que pasamos xuntos e dos que aprendín moito. A todos e todas lles mando todo o meu afecto e anímoos a que sigamos traballando xuntos dende hoxe xa, porque agora temos unha tarefa importante e ilusionante, que é continuar a traballar polo futuro de Galicia.

3 comentarios:

  1. Anónimo3/3/09 01:01

    Os resultados acátanse, mais iso non significa que o pobo non se equivoque. Os consensos por moi consensuados que sexan non implican un erro. E iso hai que telo claro.

    ResponderEliminar
  2. Ata os/as galegos/as teñen dereito a equivocarse.
    Para min os resultados non foron un acerto.

    Quedannos por diante catro anos longos para traballar polo futuro dende a oposición, catro anos de dificil goberno para os populares, que teñen na súa man a xestión dunha importante crise económica.

    Rajoy non ten razón, GALICIA NON É DO PP! Galiza é e seguirá sendo dos galegos e das galegas mentres quede alguén que crea que un goberno do cambio segue a ser posibel, que a dereita non é o estado natural do país como dí Fraga.

    Adiante GAliza!
    Adiante BNG!

    Ánimo Luaces! a loita continúa...

    ResponderEliminar
  3. Anónimo3/3/09 17:42

    Creo que me equivoquei. Queria dicir que os consensos tamén poden implicar erros.

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.