11/05/09

Nova Secretaria Xeral das XSG


Nas Xuventudes Socialistas de Galicia contamos dende este sábado cunha nova Secretaria Xeral, ao celebrarse o XIII Congreso Nacional das XSG. Logo do informe de xestión e dun total de 22 intervencións, na sesión vespertina do sábado foi presentada e votada e apoiada maioritariamente a candidatura da compañeira María Torres.

María é membro da Executiva saínte, ocupará durante os vindeiros catro anos ó máximo cargo dentro da organización, tarefa que asume "con ilusión, e coa responsabilidade de saber que aínda queda moito traballo por facer". A nova Secretaria Xeral púxose a disposición de todas e cada unha das agrupacións locais de Xuventudes Socialistas de Galicia para lograr que dende a máis pequena ata a máis numerosa forme parte deste proxecto, porque como dixo,"sen dúbida, os militantes sodes a peza clave que lle dá sentido ás XSG".

Dende que coñecín o proxecto que ten María para as XSG mostreille todo o meu apoio, porque é un proxecto de futuro e realista, que fará que as XSG continuemos avanzando. E aínda que hai quen prefire a frase "sexamos realistas e fagamos o imposible", para min o imposible por definición non é posible, así que prefiro ser realista e facer o posible, que é traballar para seguir facendo realidade que as XSG sigan sendo un referente para a mocidade galega.

Quero felicitar aos compañeiros e compañeiras que entramos nos distintos órganos das XSG, na Executiva Nacional das XSG, no Comité Federal, no Comité de Garantías e no Comité Nacional do PSdeG-PSOE. Pola miña parte como delegado das XSG no Comité Nacional do PSdeG-PSOE, quero agradecerlle a María que contara comigo para asumir esta importante responsabilidade de representar as XSG.

Pero teño que recoñecer que para min este foi un momento de sentimentos enfrontados, porque por un lado alégrome moito pola nosa nova Secretaria Xeral e polos demais compañeiros e compañeiras, pero por outro estou triste porque marcha Loli, a compañeira que durante estes últimos anos dedicou todo o seu traballo e todos os seus esforzos nas XSG. Grazas a ela e ao seu equipo as XSG avanzaron e conseguiron que hoxe teñamos a gran organización que temos. Especialmente a Loli dende aquí quero agradecerlle o seu gran traballo durante estes anos nas XSG, porque lle estou moi agradecido polo seu apoio e por estar sempre cando a necesitamos.

Tamén quero agradecerlles a moitas máis persoas das XSG que están ao meu lado e me apoian, como Loli, Tamara, María García, Pablo, María Torres, Azu, Antonio, Rocío, Alberto, ... Demostráronme que non estou só e danme forzas para seguir adiante día a día. O que fai que me sinta aínda máis orgulloso de estar e de participar nas XSG.

6 comentarios:

  1. Para empezar, descubro que eres un buen cronista, sigo leyendo y veo a un tío sagaz...sigo y me encuentro ingenio... y sobre todo, sobre todo, entre tus líneas te describes como cierto, como alguien que es como es de verdad, sin eufemismos, sin dobleces ni peros.

    Nadie te ha dado nada que no te merezcas, no existen los regalos en la naturaleza de lo que te pasa. Es un clamor que tu afán es una vocación de servicio que, créeme, tiene un valor monumental.

    Que disfrutemos de esta etapa en común Diego, un placer contar contigo.

    Tamara.

    ResponderEliminar
  2. Hola Dieguiño

    Ha sido para nosotros/as un descubrimiento en toda regla: trabajador, buena persona, buen compañero, humilde, buen amigo...y un gran socialista!!

    Los puestos no son premios, son reconocimientos a una trayectoria, un trabajo, a creerse un proyecto y defenderlo hasta el final!!!!

    Muchas gracias por tu apoyo y cariño!!!

    ResponderEliminar
  3. Encantada Diego, encantada de terte como coordinador de IESGA Políticas, de contar contigo en XSG, de participar xuntos, de decidir, de pensar cousas, de soportar as túas bromas, de traballar por aquelo que defendemos...
    Coincido con aquelo de que eres todo un descubrimento.

    Azu

    ResponderEliminar
  4. Diego,
    sen dúbida o destino quixo que sendo os dous de Lugo nos atopásemos en Santiago.

    Sen dúbida o mesmo destino fixo que apareceras no momento xusto, e que te revelaras como persoa honesta, traballadora, como loitador incansable, como o que lle planta cara ás inxustizas.

    Porque o destino é caprichoso quixo este que compartiramos ideas, e ideais. Mesmo escenario por algún tempo.

    Hai uns días salín do escenario por esixencias do guión, pero deixo aberta a porta do teatro, para que entres cando queiras, para que me deixedes subir de vez en cando. Porque marchei, pero non me vou. Estarei para cando me necesites.

    Gracias Diego, polas túas palabras. Pero gracias sobre todo pola túa entrega. O mundo necesita de persoas coma ti.

    Loli

    ResponderEliminar
  5. Non podo senón subscribir cada unhas das palabras escritas neste espazo. Sorte na nova andaina que comezas. Con persoas coma ti a política gaña en dignidade.

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.