20/10/10

Isto é austeridade?

Xa levo varias ocasións nas que me fago a seguinte pregunta: isto é austeridade? Onte volvín a facerme esa pregunta ao ler nun xornal que a Xunta de Galicia pagou máis de 4 millóns de euros a microsoft e que renunciou ao 'software' libre. Esta licitación contradí a promesa electoral de Feijóo de que o seu goberno apostaría polo software libre, que sería gratuíto, sen caducidade e con versión en galego, uns elementos dos que carece microsoft. Outros momentos nos que me fixen esa pregunta foron ao saber que dende a Xunta se van a gastar 500 millóns na Cidade da Cultura, ou que a visita do Papa nos vai a custar a tódolos galegos máis de 3 millóns de euros.

O que chama máis a atención é que se gaste esa cantidade de diñeiro na visita do Papa a Santiago por parte do Xacobeo e, en cambio, para un evento cultural tan importante, como son as Festas do San Froilán de Lugo, case non contaron co apoio económico do Xacobeo. O que demostra que para o goberno do Sr. Feijóo é máis prioritario a visita do Papa ou a Cidade da Cultura, que colaborar nas Festas do San Froilán, declaradas como Festa de Interese Turístico Galego e Fiesta de Interés Turistico Nacional.

Pero aínda é peor que para a Xunta de Galicia non sexan unha prioridade as políticas sociais, por exemplo, é especialmente destacable que o goberno do PP decidira suprimir o servizo de transporte nocturno para a mocidade, coñecido como "NoiteBús". Aínda que as cifras de utilización de NoiteBús consolidárono progresivamente como alternativa segura e real ao emprego do vehículo privado nos desprazamentos nocturnos a zonas de ocio e, sobre todo, como unha medida de mellora a seguridade viaria. Deste xeito, parece que á Xunta non lle importa a seguridade da xuventude nos desprazamentos nocturnos.

A miña pregunta é como se lle pode chamar austeridade a gastar grandes cantidades de diñeiro público na Cidade da Cultura, ou na visita do Papa a Santiago e a suprimir servizos que contribúen ao benestar social en xeral.

1 comentario:

  1. Xa podes inscribirte na II Carreira da Solidariedade - Asociación Xabier Pita, ONG
    Hai fila CERO para aquelas persoas que desexen colaborar e non vaian participar como corredores. Tan só deben de ingresar a cota de inscrición na conta indicada. Os ingresos que se obteñan das inscricións van dirixidos, ÚNICA Y EXCLUSIVAMENTE, para axuda as persoas desfavorecidas.Na Asociación Xabier Pita, ONG, somos TODOS VOLUNTARIOS. Isto quere dicir que a nosa colaboración é solidaria e non percibimos ningún tipo de ingreso pola nosa axuda. Inscricións: http://www.galiciaatletica.com/fga/p1.asp

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.