27/07/08

Finalizou o Congreso

Esta tarde rematou o 11 Congreso Nacional do Partido Socialista de Galicia. Nesta segunda xornada do Congreso a lista da Comisión Executiva do PSdeG recibiu o respaldo do 93,43% dos votos dos delegados e delegadas. Algunhas das novidades desta lista foron a creación do cargo de Vicesecretario Xeral, que será para Ricardo Varela, e o nomeamento dunha muller como Secretaria de Organización, a deputada autonómica e Concelleira de Urbanismo na Coruña, Mar Barcón.

Un Congreso no que se puxo de manifesto que o PSdeG-PSOE é o partido que está a cambiar Galicia, para que se converta nun país politicamente moderno, economicamente próspero e socialmente avanzado. E neste sentido Touriño dixo que o PSdeG é a forza capaz de transformar Galicia e de facelo a partir de ideas propias e dun proxecto propio, elaborado e desenvolvido en Galicia, nacido do diálogo coa sociedade galega e do compromiso cun ideario que se nutre continuamente dese diálogo.

Na foto podedes verme co meu compañeiro Suso e Adriana Viz, unha compañeira de Lalín que coñecín no Congreso e que tamén é unha blogguer. Nese momento estabamos na zona destinada aos bloggers. Na que vos podo dicir que houbo moita participación de compañeiros e compañeiras, que tamén quixeron comentar nos seus blogs o que acontecía neste Congreso.

6 comentarios:

  1. hola diego soy adrian el chico de la coruña me parecisteis xuxo y tu buena gente a ver si me hago yo un blog ya te avisare

    ResponderEliminar
  2. Grazas Diego pola túa participación

    ResponderEliminar
  3. Ola Diego, xa sei que desta vez non tivemos tanto tempo como noutras ocasións para departirmos amigabelmente, pero espero pronto irvos facer unha visita a esas fermosas terras lucenses e compartir conversa con vós. foi un honor teren compartido militancia contigo nas XSG, e por suposto, de compartir militancia no PSdeG-PSOE; o partido que cambiará Galicia. Apertas.

    ResponderEliminar
  4. Ha sido un placer conocerte. Da gusto que gente como tú se implique en XSG.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. Saúdos compañeiro!!! Vérémonos en breves, hehehe


    Bernabé

    ResponderEliminar
  6. Saúdos. Encantada de coñecerte no Congreso :)

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.