04/09/08

Inxustiza económica cos concellos

Onte o xornal El Progreso recollía na súa portada que “El Concello de Lugo perderá un millón de euros si Solbes aplica su plan económico”. E ante este dato non é de estrañar que tanto o Alcalde de Lugo como o Presidente da Deputación lucense rexeiten a redución da aportación económica estatal aos concellos e sosteñan que, polo contrario, deberían recibir máis fondos para equiparse co resto de Europa.

Certamente a día de hoxe os concellos son os que máis servizos lle ofrecen á cidadanía. E os concellos con menos poboación, especialmente moitos concellos das provincias de Lugo e Ourense, están a pasar por dificultades económicas. E debemos de ter en conta que, para que os concellos poidan prestar os servizos que prestan na actualidade, deben de recibir o diñeiro que lles corresponde. Só deste xeito poderán levar a cabo as súas tarefas.

Ademais hai que ter en conta que os concellos están a prestar servizos que non lle competen, como a atención aos inmigrantes ou as garderías infantís e que, como asegurou o Presidente da Deputación de Lugo, se comparamos o seu gasto público co de outras administracións, resulta moi superior. Agora os cidadáns debemos de agardar que esta inxustiza cos concellos non se produza polo ben de toda a cidadanía.

1 comentario:

  1. Anónimo5/9/08 11:29

    Dende cando a atención o inmigrante non é competencia do Concello?; Para qué serven os Servizos Sociais?

    Moi de acordo contigo en todo o demais. O nivel local de goberno ten que ser potenciado ó nivel no que está no resto do continente, pero tamén temos que racionalizar un pouco o mapa municipal e acabar con todos eses micromunicipios que no teñen a mais mínima capacidade de actuación.

    Saúdos cordiais.

    Felicidades polo blog.

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.