30/09/08

Rematei as miñas prácticas

Hoxe rematei as miñas prácticas na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Lugo. E a miña valoración das prácticas é moi boa, porque profundicei especialmente no coñecemento das políticas da Unión Europea e dos proxectos que se cofinancian con fondos europeos. Podo tamén indicar que adquirín unha visión ampla da Administración Local e das súas funcións. Algo que me proporcionou a realización da colaboración en preparación e xustificación de proxectos en emprego, planificación estratéxica e desenvolvemento local.

E teño que dicir que este último día das prácticas foi un momento triste e alegre á vez. Triste porque me tiña que despedir dos meus compañeiros, aínda que en canto poida volverei pola axencia para facerlles unha visita. E alegre porque puiden coñecer a uns excelentes profesionais, que día a día me axudaron con toda a súa boa predisposición e amabilidade a aprender moitas cousas, que me serán de moita utilidade. E desta maneira fixeron que durante este tempo me sentira como se estivese na miña casa.

Nunca esquecerei estes meses cos meus compañeiros, Isabel, Montse e Servando, que son os que están na axencia, e dos compañeiros e compañeiras que están no Centro de Empresas e Innovación (CEI-NODUS), no Centro de Orientación Laboral, na Escola Obradoiro “Escola Solidaria”, no Plan PILES e da Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, que é a responsable de todos estes servizos. A todos eles lles quero agradecer o ben que me trataron e que me fixeran sentir como un membro máis do equipo.

3 comentarios:

  1. Ola! Canto tempo! Alegrome de que che fora ben nas prácticas e que fosen tan produtivas, xa me contarás. Vémonos por Santiago. Saúdos. María.

    ResponderEliminar
  2. persoas coma ti son moi necesarias na sociedade na que vivimos
    noraboa

    ResponderEliminar
  3. Moi interesante a Axencia da que falas. Iniciativas como ésta fan que o Concello de Lugo ésté a vangarda.
    Gostariame moito participar
    ¿Tiveche que mandar algun curriculum?
    O meu correo é remediosaramburu@hotmail.com
    Grazas

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.