04/10/08

Festas do San Froilán 2008


Dende hoxe e ata o día 12 de outubro Lugo está de festa co San Froilán. Durante nove días os lucenses e os que nos visiten poderemos gozar dun amplo programa festivo con actividades para tódolos gustos. Unhas festas que foron declaradas no ano 2006 como Festa de Interese Turístico Nacional e que como dicía Cunqueiro, “son as máis fermosas do outono galego”.

Nestas festas organizadas polo Concello de Lugo podemos ir a concertos, dar unha volta polo recinto feiral, comer o polbo á feira nas casetas, todos eles uns elementos que non poden faltar no San Froilán. E os nenos teñen o San Froilanciño cunha morea de actividades para eles. Así que como lucense invítovos a todos e a todas a que veñades a Lugo, porque o pasaredes moi ben.

Entre todos e todas faremos e teremos unhas felices festas.

1 comentario:

  1. so quería date a miña noraboa, é maravilloso ver que alguen tan xoven coma ti sexa tan comprometido, gustame o teu blog e as tuas ideas, so espero que co pasar dos anos non caigas na "comodidade"
    un saudo

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.