15/10/08

Día de Acción Blog

Hoxe celébrase o Día de Acción Blog, día no que a blogosfera mundial debate simultaneamente sobre un asunto concreto. O obxectivo é establecer un diálogo mundial contando coas opinións e ideas de milleiros de persoas sobre un mesmo tema, este ano da pobreza. E despois da xuntanza de bloggers socialistas de hoxe e do que nos dixo a compañeira Mar Barcón, Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, quedoume claro que non podemos quedar calados ante o dato de que 800 millóns de persoas pasan fame no mundo. Así que isto nos debe de facer reflexionar a todos e todas.

E en relación a isto estou a recordar a imaxe que un ano máis nas festas do San Froilán puidemos ver das persoas que están a vender polas rúas de Lugo. Son centos de persoas que buscan un pouco de diñeiro para sobrevivir. E ante isto eu cuestiónome como pode haber quen pide que a policía actúe máis contundentemente contra eles, se a culpa non é destas persoas, senón das mafias que fabrican e trafican con prendas falsificadas e que se aproveitan da fame destas persoas. Así que a solución ao problema da fame que pasan moitas persoas pasa porque traballemos xuntos por un mundo máis solidario.

2 comentarios:

  1. Quedas agregado riquiño!!

    muaaaaak!!!!

    ResponderEliminar
  2. Hola Diego,espero que ti e Suso o pasarades estupendamente en Sarria. Totalmente dacordo contigo no tema do San Froilán. Unha forte aperta

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.