22/10/08

Unha fin de semana completa

Esta fin de semana tívena moi completa. O venres pola tarde e o sábado tiven a oportunidade de asistir á IV Escola de Formación 2008 das Xuventudes Socialistas de Galicia, que se celebrou na Casa da Cultura de Sarria. O título da escola foi "A visión estratéxica dunha campaña electoral" e tivo un interesante e completo programa formativo, que me serviu para aprender aspectos relacionados con esta temática. Ademais contou con tres ponentes excelentes, como son a nosa querida compañeira María Torres, Secretaria de Formación das XSG; o actual xefe de prensa da FEGAMP, Javier Carnota; e o noso gran experto en formación Fran Martínez, Ex-Secretario de Formación das XSG.


O domingo organizamos dende a Xunta Directiva da Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol, da que son Secretario, a V Comida Veciñal de Tirimol, na honra á Nosa Señora do Rosario, cun amplo programa. Ás 13:00 horas houbo unha Misa Solemne na Igrexa Parroquial e procesión. A comida foi ás 14:15 horas no Campo da Festa, cuberto cunha carpa pechada lateralmente e a comida estivo amenizada pola actuación musical da Orquestra Alianza. Tamén houbo xogos inchables gratuítos para os nenos que asistiron e sorteouse unha viaxe para dúas persoas a unha casa de turismo rural entre tódolos asistentes. Ademais contamos coa asistencia do Alcalde de Lugo e de varios membros da Corporación Municipal do Concello de Lugo.


Como vedes tiven unha fin de semana completa, pero moi produtiva para min. E quero aproveitar a ocasión para felicitar aos compañeiros e compañeiras de Xuventudes Socialistas de Galicia, polo traballo que realizaron e que fixo posible esta nova escola de formación, á que sinto non poder ter asistido a xornada do domingo, pero as miñas obrigas impedíronmo. E tamén quero agradecerlle a tódolos socios e veciños de Tirimol que participaron na comida veciñal e que fixeron que fora un éxito. Porque a mellor recompensa que nos poden facer á organización é participar nas actividades que lles propoñemos e que gocen das mesmas.

4 comentarios:

  1. Riquiño canto me gustou coñecerte un pouco máis nesta escola!!!!

    ResponderEliminar
  2. ¿que ven o pasades! este tipo de xuntanzas sonche moi enriquecedoras.
    Saudos

    ResponderEliminar
  3. Sen lugasr a dúbidas que unha fin de semana máis que apretada, pero recorda que a túa axenda será así ou máis complexa de cara ó futuro...xa nos entendemos...
    En serio noraboa pola Comida Veciñal xa que desenvolvedes un gran traballo dende a Asociación de Veciños.

    ResponderEliminar
  4. Súmome a todas as noraboas!!!

    Asinado: unha compañeira de Coruña!

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.