28/09/09

Post nº 100

Este é o post número 100 que escribo no meu blog, no que comparto con vos as miñas vivencias e as miñas opinións sobre distintos temas. Pretendendo que este espazo virtual sexa unha fiestra aberta ao mundo, coa que poder compartir as miñas opinións sobre distintos temas e escoitar a opinión dos lectores, porque aquí pódese opinar libremente sobre o que un queira, sempre que se manteña o respecto pola dignidade das persoas.

Quero celebrar que xa levo escritos 100 comentarios, intentando cumprir un dos principais obxectivos do meu blog, que é o de axudarvos a coñecerme un pouco mellor. O que busquei con cada un dos comentarios publicados. Por iso neste post vouvos a falar de min dunha maneira máis persoal, respondendo a continuación a un cuestionario, para que me coñezades mellor.


Preséntate: Son Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudei no Colexio Público de Casás en Lugo e logo no Instituto Leiras Pulpeiro. Son una persoa a que lle gusta participar e estou colaborando en IESGA (Iniciativa Estudantil Galega), en Xuventudes Socialistas de Galicia e na Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol.

Gústame a política, porque me gusta atender e axudar aos cidadáns, intentando resolver os problemas que lles afectan. E entendo a política como un servizo público para dar resposta aos problemas da cidadanía e mellorar a súa calidade de vida. A comezos do 2008 afilieime a Xuventudes Socialistas porque comparto unha ideoloxía de esquerdas e quería participar nesta organización política xuvenil, que é acorde cos meus ideais de xustiza, liberdade e solidariedade.

Defínete con tres adxectivos: responsable, honesto e positivo

Un defecto: son demasiado perfeccionista

Un libro: non podería quedarme só cun libro

Unha película: prefiro un bo libro

Unha cita: O mundo está nas mans de aqueles que teñen o coraxe de soñar e de correr o risco de vivir os seus soños (Pablo Coelho).

Un recordo: teño moitos, por exemplo cando xogaba cos meus amigos no colexio

Un desexo: a paz e o remate da fame no mundo

Un color: vermello

Un número: o 3

Unha data: o comezo do cambio político en Galicia

Un personaxe histórico: Carlos Marx

Unha persoa a quen admiras: a miña avoa

Un político a quen admiras: José López Orozco

Algo que sempre levas posto: un reloxo

O que máis te cabrea: a mentira e a hipocresía

Que cambiarías: a situación de pobreza na que se atopan moitas persoas

1 comentario:

  1. Noraboa por este primeiro centenario!!
    Parece que foi onte cando escribiches o teu primeiro post neste blog, alá a principios de xaneiro do 2008... daquela non estabas tan politizado!!!
    Luaces, non sabes canto botarei de menos as nosas conversas polo campus...
    Saudos!
    P.D: Veña a polo segundo centenario no 2010!!

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.