08/09/09

"Las hijas del César"

Teño a sorte de coñecer a Pablo Núñez González, autor de "Las hijas del César", unha novela histórica cunha intensa viaxe pola Galicia dos césares cos ingredientes da mellor novela de aventuras. Baseada en lendas romanas e celtas, raíces da nosa cultura. E esta novela, que Pablo me asinou cunha dedicatoria, recoméndovos a súa lectura pola súa sorprendente capacidade de recreación histórica que conxuga con intriga, paixón e aventuras.

Quero felicitar a Pablo por escribir esta interesante novela. E como lucense estou seguro que vos gustará, porque nos leva a un mundo máxico, ao mundo que os lucenses vivimos dende hai máis de dous mil anos. Porque o escenario e protagonista deste relato é LVCVS AVGVSTI (Lugo), que foi fundada polo legado romano Paulo Fabio Máximo; e a súa Muralla, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 30 de novembro do ano 2000.

Non quero contarvos máis do desenvolvemento desta novela, para non adiantarvos o que nos relata aos que aínda non a lerades. E deséxovos unha boa lectura e que disfrutedes coa mesma. Pero para que vexades o interesante que é, póñovos a continuación o seu resumo:

Las hijas del César llegan a Lucus Augusti, la actual Lugo, para llevar a cabo una peligrosa misión. Allí encontrarán dos pueblos galaicos enfrentados, a sus aliados de las Siete Aldeas y a los maléficos sureños de Gualmar. La muerte del aspirante al trono celta complicará la situación, pero el Consejo de Sabios recibirá una noticia que provocará un giro inesperado en los acontecimientos. En el extremo del mundo, donde dos civilizaciones se dan la mano, el peligro y la pasión acechan a las hijas del hombre más poderoso del Imperio.

2 comentarios:

  1. Ola Diego,

    Eu lina xa hai uns meses e encantoume. Creo que todo lucense debería disfrutala, porque fai que te traslades por momentos a Lucus...e que vivas coas fillas do César.

    Magnífica. Moi recomendable.

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Diego. A sorte por coñecerte é miña.
    E a Loli Rodríguez. Alédome de que che gustase. Bicos

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.