12/05/10

A ventá de Lugo

Baixo o lema “Desde a cidade e o campo mira pola mesma ventá. Xa todos somos iguais” o Concello de Lugo presenta: A ventá de Lugo, unha iniciativa promovida pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela, co obxectivo de difundir entre os cidadáns da zona rural e da cidade as ventaxas de realizar os trámites co Concello a través de Internet. A partir do 24 de maio un monitor informará, guiará e a axudará a todos os veciños de Lugo a descubrir as potencialidades da e-Administración (Administración electrónica) e os beneficios que as novas tecnoloxías poden achegar ás súas vidas. Realizaranse actividades orientadas a todos os públicos de luns a sábado ata o día 29 de xuño nos oitos telecentros rurais da Rede de Telecentros Rurais e os sete quioscos da e-Administración situados nas diferentes dependencias municipais.

A Concelleira de Servizos Xerais explicou que é o momento de que todos os veciños descubran os beneficios que as novas tecnoloxías poden achegar ás súas vidas e os beneficios de realizar diferentes trámites desde as súas casas, traballos ou desde a rúa. Mostraranse as funcionalidades de Tramita na túa casa, que proporcionará á cidadanía unha zona onde poder consultar datos de información persoal que o Concello dispón sobre o mesmo e realizar unha serie de trámites administrativos. Para participar hai que concertar unha sesión gratuíta chamando ao teléfono 010 do Concello de Lugo ou a través da web aventadelugo.es e unha monitora acompañará aos participantes durante toda a sesión para que descubran as ventaxas de realizar os trámites sen moverse de casa.

Tamén dende a Concellería de Servizos Xerais do Concello de Lugo estamos a preparar unha serie de actividades para celebrar o Día Mundial de Internet, que terá lugar o próximo día 18 de maio. Ese mesmo día terá lugar a inauguración da Rede de Telecentros Rurais do Concello de Lugo. Tamén animamos á cidadanía a participar no certame de pintura en rede Pinta con nos. A temática do concurso será a Muralla de Lugo, que este ano cumpre 10 anos como Patrimonio Mundial. O período para participar no concurso será desde o día 10 ao 14 de maio ás 20:00 horas, ambos inclusive. As obras estarán expostas no Telecentro de Coeses, durante a celebración do Día de Internet, e ese mesmo día fallarase o premio á mellor pintura en rede sendo o gañador obsequiado cun Notebook (ordenador portátil).

Para máis información na páxina aventadelugo.es.

1 comentario:

  1. non creo que teñamos que promocionar actos do concello sobre o 10 Aniversario de Muralla. ¿Que fixeron? ¿Poñer Anuncios no progreso? Os lucenses non fai falta que nos promocionen a muralla que creo que xa a conocemos. Creo que todo o que non sexa promocionar a muralla fora de Lugo é tirara os cartos ó lixo e creo que non estamos para esas cosas...

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.