28/05/10

Hipocresía e demagoxia


Este vídeo recolle un exemplo claro da política que está a levar a cabo o PP, porque podemos ver claramente como utilizan a hipocresía e a demagoxia, para intentar enganar e á cidadanía e atacar ao Goberno de España. Deste xeito podemos ver claramente o que quere o PP e cales son os seus intereses. Porque desgraciadamente os feitos demóstrannos que o PP desexa que lle vaia peor a España, pensando en que lles irá mellor a eles.

Mentres o PSOE asume as críticas e, na medida en que unha circunstancia difícil como a actual esixe o concurso e o esforzo colectivo de todos, é receptivo ás propostas doutros e sempre é favorable ao pacto. Porque como di o Alcalde de Lugo, no seu blog "é tempo de construción, non de destrución". Porque agora é tempo de propostas e de feitos e non da loita política sen fundamento.

Nestes momentos a cidadanía reclama especialmente que os políticos e os responsables sociais traballen xuntos nunha mesma dirección, esperando que estean á altura das circunstancias. Pero lamentablemente vemos como o PP está máis preocupado e ocupado nos seus intereses como partido que nos intereses da cidadanía, utilizando para elo a hipocresía e a demagoxia.

2 comentarios:

  1. E ademais non teñen sentido de estado ninguno

    ResponderEliminar
  2. E dime tu que sentido de estado ten alguén que chamándose socialista baixalle o soldo un 5% por ser personal laboral a un traballador da administración cobrando 1200 € e deixa ós grandes banqueiros sin pagar a crise, dime que sentido de estado ten un socialista que non propón ningunha medida para que a crise a paguen os ricos mentras outros gobernantes como na Alemaña impoñen impostos contra as operacións entre o bancos. Creo que nestes tempos que corren o único responsable que pode facer un socialista é darse de baixa do chamado partido socialista español. Porque que agora teñamos que pagar a crise quen a vamos a pagar mentras os chamados socialistas se dedicaban a rebaixar 400€ na declaración da renta ó señor Botín non me parece moi socialista. Dame risa que os que vos chamades socialistas faledes de sentido de estado, creo que moito mellor nos iría a algúns si en vez de sentido de estado tiverades sentido de esquerdas. Pero non vos preocupedes, a ciudadanía cando teña que ir a votar xa se acordará do voso sentido de estado, porque por moito medo que lle teñamos que ter a dereita deixademe dudar de que o PP lle baixara moito máis do 5% o soldo a alguén que cobra 1200€.

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.