04/08/10

Unha estación intermodal para Lugo

Esta mañá o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Ministro de Fomento, José Blanco; e o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, asinaron o protocolo para a implantación dunha estación intermodal na cidade de Lugo. Na nova estación intermodal, que se situará na ubicación da actual estación de RENFE, integrarase a estación ferroviaria de alta velocidade cos demáis sistemas de transporte urbán e interurbán para facilitarlles aos usuarios o intercambio entre o ferrocarril e outros medios de transporte.

Na negociación para conseguir este importante acordo o Alcalde, defendendo os intereses de Lugo, conseguiu que se incorpore claramente que o pobo de Lugo non vai a ter que poñer nin un só euro, nin ceder e recalificar ningunha das parcelas do patrimonio municipal de solo que nada teñen que ver con estas actuacións. Polo que non lle custara nada ao Concello á reurbanización da zona na que se situará a nova estación intermodal, xa que o Ministerio de Fomento aportará o 50% e o outro 50% vaino aportar a Xunta. O Concello de Lugo só se terá que encargar da reurbanización dos actuais terreos da estación de autobuses, que son propiedade municipal.

Ademáis, o protocolo asinado hoxe, que respecta a ubicación estratéxica da actual estación ferroviaria de Lugo, establece a necesidade de optimizar recursos, integrando os servizos de hostalería, aparcamento, equipamentos de oficinas e comercias nas instalacións actuais cos previstos na remodelación futura. Para elo, aportaranse os recursos económicos necesarios.

Máis concretamente, o protocolo establece a remodelación do feixe de vías existente para a súa adaptación á chegada da alta velocidade e a construcción dun novo edificio de viaxeiros, que se integre no actual, así como a remodelación do conxunto de instalacións ferroviarias para favorecer a intermodalidade cos demáis sistemas de transporte. Deste xeito, como dixo o Alcalde, poderase facer realidade esta infraestrutura, que é moi importante para a modernización de Lugo.

1 comentario:

  1. Anónimo6/9/10 18:43

    Ben as veces enchesenos a boca de falar de transporte e movilidade, eu que levo 17 anos traballando no sector pasando por todas as categorias, preguntome: si xa tiñamos unha estación o lado do centro, con todas as comodidades para o usuario(vexáse o perfil do usuario: persoas maiores con dificultades de movilidad,estudantes, amas de casa que veñen solucionar trámites,etc..) e agora os levamos a zona da estación do tren, o gasto do billete terán que engadir o do taxi para acercarse o centro, e non faledes de intermodalidade cos urbanos pois o cliente esta farto de transbordos e mareos.Pero claro como van a ir tantas veces a Madridi no ave...

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.