22/12/10

Boas Festas e Feliz 2011


Para ampliar a postal hai que premer na imaxe.

Con esta postal quero desexarvos a todos e todas unhas Boas Festas e un Feliz 2011, agardando que o novo ano veña cargado de ilusión, felicidade e prosperidade. A imaxe da postal é dun atardecer dende o adarve da Muralla de Lugo.

Un ano máis dende o meu blog escribo para compartir con vos as miñas opinións sobre distintos temas e escoitar a vosa opinión como lectores. E agardo que no 2011 sigades visitando e participando neste blog.

Eu volverei a estar con vos no meu blog con todas as forzas e a ilusión no ano novo despois destas festas. Ata entón pasádeo moi ben e que sexades moi felices!

3 comentarios:

  1. Unha pregunta, ¿a quen felicitas o nadal? ¿ós que lles quitades as becas, ós parados, ós funcionarios que baixades o soldo?
    Xa sei que non tes ningunha culpa ti particularmente, pero son da opinión de que si os membros de base fixerades algo dentro do propio partido, este goberno non estaría tomando estas decisións.

    ResponderEliminar
  2. Iago, como supoño que comprenderás, eu felicítovos o Nadal a todas as persoas que ledes o meu blog. Pero especialmente o meu mensaxe vai dirixido aos que peor o están pasando nestes duros momentos e aos que lles desexo o mellor no próximo ano.
    Agradézoche que matizaras a segunda pregunta que me formulaches. Porque por certo, eu son funcionario interino e a min tamén me baixaron o soldo. Pero creo que temos que facer un esforzo entre tod@s, para saír adiante e para axudarlles aos que peor o están pasando.
    Moitas grazas polas túas opinións, que terei en conta, como as demais que me deixaches no meu blog. E dentro das miñas posibilidades, intentarei facer chegar o teu mensaxe aos compañeiros do Partido que teñen responsabilidades.

    ResponderEliminar
  3. Bo nadal Diego, que teñas unha boa salida e entrada de ano!!! :) e a seguir loitando por cambiar as cousas para mellor que nós podemos!

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.