21/05/08

Novo portal web do Concello de Lugo

O Concello de Lugo presentou onte a súa nova Imaxe Corporativa municipal e o seu novo portal web que mantén o dominio lugo.es, pero que cambia totalmente de aspecto. Baixo o lema "Nova imaxe…a mesma paixón por Lugo", o Concello lucense moderniza a súa marca e tamén o seu portal de acceso a Internet para adaptalo aos novos tempos dunha cidade que avanza.

E quero felicitar ao Equipo de Goberno do Concello de Lugo, porque este portal web convértese nun portal moderno, dinámico e sobre todo máis accesible. Unha nova ferramenta para facilitar cada vez máis a comunicación entre o Concello e os cidadáns, xa que o novo portal incorpora novos trámites que facilitan as xestións coa Administración Local.

Neste senso de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía o Concello de Lugo está a facer unha importante labor, xa que leva feito importantes iniciativas neste campo, como son o proxecto Lugo Dixital, o Blog do Alcalde, o envío de correos electrónicos ou de SMS coa información municipal, o Servizo de Información Municipal 010, os Encontros dixitais do Alcalde, os Cadernos de Lugo ou o programa Conéctate en Lugo.

Así que temos que seguir por este camiño e hai que seguir achegando a toda a cidadanía ás novas tecnoloxías. E hai que facer que toda a cidadanía teña a posibilidade de acceder a Internet, independentemente do lugar no que viva, para rematar coa "fenda dixital" que hai na nosa sociedade.

3 comentarios:

  1. Hola Diego, en primeiro lugar darche a noraboa polo teu blog, aínda que xa cho dixen en persoa.
    Non tiven tempo de mirar con detalle a nova páxina do Concello de Lugo, pero a primeira vista noto en falta unha foto da muralla, aínda que che farian competencia a ti:) Con dereitos de imaxe ou sin eles, a foto que tes é unha das máis fermosas que vin.
    Un saúdo, Pablo.

    ResponderEliminar
  2. para cando una serie de fotos de tirimol?

    ResponderEliminar
  3. Boas Diego, a miña noraboa polo teu blog, a partir dahora xa teño outro recuncho donde escribir. De todo o lido quedome cun recorte do Dia da Muller Rural:
    "Eu que nacín nun ámbito “rural”, , só coñecín un tipo de muller: a que se levantaba as 7 da mañá para muxir as vacas, que as 8 chegaba da cuadra para darlle o almorzo aos nenos para ir á escola, que volvía para as leiras a labrar a terra, e que nunha escapadiña viña facer o xantar, limpar a casa e lavar a roupa. Que pola tarde encendía a cociña de leña para que cando chegases da escola quentases os peíños, e pola noite facía a cea e aínda che contaba algún conto."
    Canta verdade en tan poucas liñas, que entre todos e todas non esquezamos que as mulleres rurais son as que levantaron o noso país. Para todas elas moita forza e que sempre terán un oco no noso corazón.

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.