15/05/08

Pradolongo

Dende o 9 de maio xa podemos ver en Lugo Pradolongo, unha largometraxe galega na que participa Tamara Canosa, unha compañeira que protagoniza este filme de Ignacio Vilar con Rubén Riós e Roberto Porto. Así que desde aquí quero aproveitar para desexarlle moita sorte con esta película e darlle ánimos nestes días nos que está de promoción. E se aínda non a vistes, recoméndovos que a vexades.

1 comentario:

  1. Sen dúbida, parte do gran éxito que ten Pradolongo llo debe á súa protagonista feminina. De feito, tanta é a repercusión que vexo fotos de Tamara mesmo nos voceiros do BNG que promoven a película e que destacan, como non, o obvio, o enorme talento da "nosa actriz". Súmome á túa recomendación Diego, sen dúbida, unha gran película!

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.