12/12/08

IESGA condena o boicot a Feijóo



Como Coordinador de IESGA (Iniciativa Estudantil Galega) na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela quero manifestar en nome de IESGA a nosa rotunda condena ao boicot e aos ataques contra o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no transcurso da conferencia que o pasado mércores impartiu na nosa facultade (como se pode ver neste vídeo).

Como se pode ver nas imaxes, uns candidatos que se presentan por unha asociación de estudantes nas próximas eleccións na USC participaron neste boicot apoiando aos que realizaron os ataques. Polo que queremos aclarar que neste contexto IESGA non vai a participar no debate electoral, que estaba previsto realizar o vindeiro luns na nosa facultade entre as tres agrupacións electorais que se presentan nestas eleccións (Asemblea, Comités e IESGA). Porque IESGA nunca debatirá con quen non respecta aos demais.

Aínda que en IESGA somos partidarios de debatir e informar, pero ante estes acontecementos decidimos non participar neste debate, porque dende IESGA defendemos a liberdade de expresión de todos e todas. E aínda que non compartamos as opinións de alguén, debemos respectar as súas ideas, porque estamos convencidos de que todos e todas temos dereito a expresarnos en liberdade. Así que queremos deixar claro o noso compromiso de manter informando ao estudantado, así que continuaremos traballando para informar e achegarlles as nosas propostas.

3 comentarios:

  1. ola diego!
    eu estiven nesa conferencia como oínte, aínda que mellor chamarlle mitín, porque é o que foi; e dicir que como estudante de políticas sentín vergoña allea pola maneira de expresarse estes individuos.
    no me sinto para nada representada por este grupo, e menos tendo en conta que hai representantes dunha das asociacións de estudantes que van a participar nas eleccións a xunta de falcultade.
    penso que todo o mundo ten dereito a manifestarse e a expresar os seus ideais pero sen faltarlle o respeto a naide, e menos os seus compañeiros.
    non sei que facer, se o 17 ir a votar para que xente coma esta non obteña representación, ou simplemente absterme por ter medo a equivocarme.

    ResponderEliminar
  2. Non me pareceu ben o feito de que Núñez Feijoo convertera unha suposta conferencia sobre a universidade nun verdadeiro mitin electoral no que só faltou pedir o voto ao Partido Popular, tampouco me pareceu ben o que fixeron estes rapaces, pero o que sí xa non me parece de recibo é que se suspenda un debate entre os sindicatos estudantis, xa que mentras se debata e non se falte ó respecto dos candidatos a suspensión deste so pode significar unha merma da democracia e unha falla de respecto contra os demócratas, algo contra o que loitaban tanto Feijoo como Agir, iso si, cada un a súa maneira.

    VOTA LUACES!

    ResponderEliminar
  3. estou dacordo contigo

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.