01/12/08

Día Mundial da SIDA

Hoxe conmemérase o Día Mundial da Loita contra a SIDA, porque dende fai vinte anos o día 1 de decembro destínase á concienciación pública sobre a infección polo VIH. Este ano o seu tema é o liderazgo. No ano 2001 todos os países do mundo prometeron deter a SIDA para o ano 2015. Ao fin de acadalo, todas as persoas temos que comprometernos tamén. Por iso o lema proposto para este ano é: “Actúa, detén a SIDA. Unidos podemos”.

Por este motivo pola mañá compañeiros e compañeiras de IESGA na Facultade de Ciencias Políticas da USC puxemos unha mesa informativa na nosa facultade, coa finalidade de informar ao estudantado da importancia da prevención da SIDA. Temos que ter en conta que no mundo morre unha persoa de SIDA cada dez segundos. Por iso debemos de actuar todos e todas para deter a SIDA. E porque unidos podemos conseguilo!

1 comentario:

  1. soamente dicirche unha cousiña, nos cartaces que pegastedes pola facultade poñíades día mundial contra O sida, así en masculino. O que vos pediría é que se realmente ides empregar a lingua galega en serio, o fagades co seu uso correcto. E non con traducións literais do castelán que soamente amosan a triste escaseza de competencias sobre a lingua da nosa nación que por desgraza ata moitos e moitas estudantes universitarios teñen.
    É unha cuestión de respeto. Nada máis. Saúde!

    ResponderEliminar

Agradézoche que me deixes os teus comentarios, porque neste blog podes opinar libremente sobre o que ti queiras, mantendo sempre o respecto pola dignidade das persoas.